30/03/2026
🟩🔷🟣 Comezamos cos preparativos do décimo aniversario do Festigual!
Esta mañá presentouse no Concello da Coruña o ciclo TRC Danza 2026, que levará ao Teatro Rosalía de Castro catorce espectáculos de danza contemporánea entre abril e decembro, con compañías galegas, nacionais e internacionais.
Na súa programación de outono, o ciclo volverá contar coa participación do Festigual. Será o 8 de novembro, coa peza Ngoma, de La Guajira.
O ciclo foi presentado polo concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, xunto ao director do teatro, Paulo Rodríguez, Laura Seoane do IMCE e a directora e xerente da Fundación Emalcsa, Bettina Kohlhaas.
Ngoma, de La Guajira no Festigual 2026! Vai reservando a data!
📍 Teatro Rosalía de Castro
🗓️ 8 de novembro
🕰️ 20:30 h
🎟️ Entradas á venda no despacho de billetes da Praza de Ourense, Ataquilla e no teatro o día da función
Festigual, o festival de todas.
👉 Segue as últimas novidades a través do hashtag
🟩 O Festigual – Festival das Artes Inclusivas da Fundación Emalcsa é posible grazas á colaboración do Concello da Coruña, Vegalsa-Eroski, Fundación María José Jove e Deputación da Coruña.