08/06/2026
Hai palabras que emocionan porque saben captar a esencia do vivido. Hoxe queremos agradecer a Juan Blanco Valdés a súa fermosa columna sobre o Café Literario organizado por Teenses pola Igualdade con motivo das Letras Galegas e dedicado á figura de Begoña Caamaño.
Naquela tarde compartimos moito máis ca unha conversa sobre literatura. Compartimos reflexións, experiencias, preocupacións e esperanzas arredor da cultura, da igualdade e do papel que o pensamento crítico debe seguir tendo na nosa sociedade. E fixémolo desde o respecto, a escoita e a vontade de atopar puntos de encontro.
Que alguén destaque precisamente eses valores nun momento no que tantas veces predominan a confrontación e o ruído é unha satisfacción enorme para a nosa asociación. Porque ese é o espírito co que traballamos cada día: crear espazos onde o diálogo sexa posible, onde as diferenzas non separen e onde a cultura sirva para unir.
Grazas a todas as persoas que participastes e fixestes deste Café Literario unha experiencia tan especial. E grazas a Juan Blanco Valdés por deixarnos este fermoso recordo escrito dunha tarde que permanecerá na nosa memoria.
Un principio moi proveitoso para evitar desagradables trasacordos ou mesmo inimizades perennes é aquel que os nosos maiores nos aprenderon: na mesa non se fala de política, unha brillante imaxe para evidenciar o pouco intelixente que resulta teimar nas diferenzas en espazos reservados para o encon...