Arquivo de Galicia

Arquivo de Galicia O Arquivo de Galicia é un centro público creado no ano 2010 para conservar, difundir e acrecentar o patrimonio documental de Galicia.

Custodia os documentos producidos pola Xunta de Galicia e os órganos e entidades dela dependentes desde a súa creación (1982), así como outros de calquera procedencia que, polo seu ámbito e interese, se lle poidan asignar. Ademáis é cabeceira do Sistema de Arquivos de Galicia, por iso simboliza a unidade do patrimonio documental da Comunidade. Depende organicamente da Secretaría Xeral de Cultura

da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e foi inaugurado en xaneiro de 2011. Ten a súa sede na Cidade da Cultura de Galicia, situada no monte Gaiás de Santiago de Compostela. O Arquivo de Galicia exerce as funcións de centro de referencia do Sistema de Arquivos de Galicia e arquivo intermedio e histórico do Subsistema de Arquivos da Xunta de Galicia, e como tal o deber de conservar, difundir e acrecentar o patrimonio documental de Galicia.

Este verán aproveitaremos para facer os Camiños de Santiago. Percorreremos os 10 camiños recoñecidos oficialmente (e alg...
21/08/2026

Este verán aproveitaremos para facer os Camiños de Santiago. Percorreremos os 10 camiños recoñecidos oficialmente (e algún que non), amosando algúns dos seus monumentos máis senlleiros.
VENRES EN XOGO
O Camiño que percorreremos hoxe ten unha lonxitude de 263 quilómetros seguindo o curso natural do río Sil. Esta ruta atravesa as catro provincias galegas e xurdiu como variante alternativa ao Camiño Francés, especialmente en inverno, pois, aínda que o camiño é máis longo, atravesaba a serra oriental galega por cotas máis baixas evitando deste xeito as nevadas.
Este camiño, un dos menos transitados, únese coa Vía da Prata no concello de Lalín e dende alí discorren xuntos ata Compostela. Moi preto dese tramo común aparece o pazo da fotografía, o chamado “Versalles galego”, cuxos xardíns, de tradición francesa, son un referente botánico e peza fundamental da Ruta das Camelias. De que pazo, famoso polas súas barcas de pedra, estamos a falar?
Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela. Xunta de Galicia. Cultura. G85364.

19 de agostoEste verán aproveitaremos para facer os Camiños de Santiago. Percorreremos os 10 camiños recoñecidos oficial...
19/08/2026

19 de agosto
Este verán aproveitaremos para facer os Camiños de Santiago. Percorreremos os 10 camiños recoñecidos oficialmente (e algún que non), amosando algúns dos seus monumentos máis senlleiros.
VÍA DA PRATA – CATEDRAL DE OURENSE
O termo “Vía da Prata” ten a súa orixe nunha palabra árabe que fai referencia ao feito de estar empedrada (al-Balat). Esta denominación está documentada desde o século XVI para designar a calzada romana que comunicaba Mérida con Astorga, e a súa utilización para designar tamén o tramo que enlaza Castela con Galicia como ruta xacobea foi bastante polémica, pero, en calquera caso, está documentada a existencia dun camiño real desde Benavente ata Ourense, así como a de moitos ramais que comunicaban os diferentes núcleos de poboación e polos que circulaban viaxeiros que ían en peregrinación a Santiago.
Pola súa riqueza artística podemos considerala como a obra máis senlleira deste camiño. Cunha impoñente aspecto a fortaleza medieval, este templo de estilo románico de transición ao gótico, presenta planta cruciforme, tres naves con tres ábsidas e unha nave transversal. Destacar brevemente o Pórtico do Paraíso de forte influencia do mestre Mateo e o ciborio, impresionante estrutura gótico-renancentista, obra de Rodrigo de Badajoz, que dota ao cruceiro dunha gran luminosidade.
Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela. Xunta de Galicia. Cultura. PV0922.

Este verán aproveitaremos para facer os Camiños de Santiago. Percorreremos os 10 camiños recoñecidos oficialmente (e alg...
17/08/2026

Este verán aproveitaremos para facer os Camiños de Santiago. Percorreremos os 10 camiños recoñecidos oficialmente (e algún que non), amosando algúns dos seus monumentos máis senlleiros.
CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA – SANTA MARÍA DE OIA
Tamén coñecido como Camiño Monacal no seu tramo galego, e o itinerario xacobeo que discorre polo litoral atlántico desde Porto ata xuntarse co camiño portugués clásico na vila de Redondela. Recoñecida oficialmente no 2016 é o que ten un maior crecemento de peregrinos grazas a ter un percorrido fisicamente pouco exixente, posuír un clima temperado durante a maior parte do ano e polo aliciente de camiñar na proximidade do mar.
Santa María de Oia é un das iconas de este camiño. Único mosteiro da península situado a carón do mar, comezou a súa construción no século XII. O seu interior destaca pola severidade do románico da orde do Císter fronte a fachada principal de estilo barroco. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1931.
Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela. Xunta de Galicia. Cultura. G47624-33.

14 de agostoEste verán aproveitaremos para facer os Camiños de Santiago. Percorreremos os 10 camiños recoñecidos oficial...
14/08/2026

14 de agosto
Este verán aproveitaremos para facer os Camiños de Santiago. Percorreremos os 10 camiños recoñecidos oficialmente (e algún que non), amosando algúns dos seus monumentos máis senlleiros.
VENRES EN XOGO
Hoxe percorremos o segundo camiño máis popular tras o camiño francés. O seu trazado herda vías e camiños antigos como a Vía XIX, construída no primeiro século despois de Cristo, unha das calzadas romanas máis importantes, pois vertebraba a Gallaecia. Reis, nobres e grandes clérigos percorreron esta ruta, sendo a máis famosa Isabel, a Raíña Santa, que fixo o camiño no século XIV, ofrecendo ante o altar do Apóstolo a súa corona.
Neste camiño, entre outros fermosos monumentos, destaca unha das xoias góticas da arquitectura galega. Erixida no século XVI polo gremio de mareantes, ten planta basilical con tres naves con bóveda de cruzaría divididas por oito columnas. A súa portada occidental semella un retablo plateresco atribuída a Cornelius de Holanda e Xoan Noble. De que igrexa, que ten título de basílica menor outorgado polo papa Xoán XIII en 1962, estamos a falar?
Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela. Familia Vilariño Pintos. 2-416.

12 de agostoEste verán aproveitaremos para facer os Camiños de Santiago. Percorreremos os 10 camiños recoñecidos oficial...
12/08/2026

12 de agosto
Este verán aproveitaremos para facer os Camiños de Santiago. Percorreremos os 10 camiños recoñecidos oficialmente (e algún que non), amosando algúns dos seus monumentos máis senlleiros.
CAMIÑO INGLÉS – CASTELO DE ANDRADE
As rías da Coruña, de Betanzos e de Ferrol constitúen outro acceso natural á Península utilizado desde época antiga. A importancia destes portos de entrada desde países do norte e oeste de Europa queda de manifesto en testemuños como a Torre de Hércules, reconstruída polos romanos no século I; ademais a utilización destas rutas por peregrinacións marítimas colectivas desde portos ingleses e irlandeses está amplamente documentada especialmente nos séculos XIV e XV. Nunha época conflitiva nas relacións políticas entre a Coroa de Castela e Inglaterra, as licenzas para transportar peregrinos a Santiago proporcionaron aos armadores ingleses unha interesante ocasión para desenvolver actividades comerciais con importantes beneficios. O Cisma relixioso porá fin a estes intercambios masivos durante toda a Época Moderna.
Unha das vilas máis emblemática neste percorrido é Pontedeume e un dos seus distintivos é o castelo de Andrade ou Nogueirosa. Construído en 1369 por Fernán Pérez de Andrade o Boo, non era un lugar de residencia senón unha fortaleza defensiva. Símbolo do poder feudal sufriu a ira irmandiña para logo ser reconstruído por Diego de Andrade. Está formado pola torre da homenaxe de 20 metros de altura, o patio de armas e un recinto fortificado rodeado por un foxo.
Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela. Familia Vilariño-Pintos, 1-586.

Este verán aproveitaremos para facer os Camiños de Santiago. Percorreremos os 10 camiños recoñecidos oficialmente (e alg...
10/08/2026

Este verán aproveitaremos para facer os Camiños de Santiago. Percorreremos os 10 camiños recoñecidos oficialmente (e algún que non), amosando algúns dos seus monumentos máis senlleiros.
CAMIÑO PRIMITIVO – SANTA MARÍA DE MEIRA
Desde Oviedo, este camiño entra en Galicia polo espectacular porto de montaña do alto do Acevo, coa súa neve no inverno e a súa exuberante vexetación en época estival. Deixando atrás A Fonsagrada e camiñando cara a Lugo, ao noso paso atopamos antigos hospitais para peregrinos e fortalezas que protexían aos romeiros, como a de Burón ou a Torre de Castroverde.
Foi este camiño o que percorreu Afonso II, o “primeiro peregrino”, para confirmar o “achado”, e o máis frecuentado ata que o traslado da corte a León, no século X, determinou a maior popularidade do Camiño Francés.
O mosteiro de Santa María de Meira foi un enclave cisterciense vital no medievo nesta vía como punto de acollida e descanso. A uns 32 quilómetros da cidade de Lugo, hoxe en día consérvase a igrexa abacial que destaca por ser un dos mellores exemplos do románico cisterciense en Galicia. O templo presenta planta de cruz latina con tres naves con bóveda de canón apuntado e una cabeceira con cinco capelas absidais. Na fachada destaca o gran rosetón central que enche de luz todo o interior.
Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela. Xunta de Galicia. Cultura. G47625-29.

Este verán aproveitaremos para facer os Camiños de Santiago. Percorreremos os 10 camiños recoñecidos oficialmente (e alg...
07/08/2026

Este verán aproveitaremos para facer os Camiños de Santiago. Percorreremos os 10 camiños recoñecidos oficialmente (e algún que non), amosando algúns dos seus monumentos máis senlleiros.
VENRES EN XOGO
Percorremos hoxe un camiño de Santiago que ten 189 quilómetros por Galicia antes de chegar á catedral de Santiago e foi recoñecido no 2015 como Patrimonio da Humanidade. A intensa relación comercial con portos ingleses, hanseáticos ou escandinavos propiciou a chegada de peregrinos por esta ruta, desembarcando no porto de Porcillán e por el,a segundo a tradición, chegaría a Compostela Francisco de Asís.
Un dos monumentos máis senlleiros deste camiño é este edificio declarado Monumento Nacional en 1902 e que se comezou a construír en 1219 en estilo románico. O cruceiro e a sacristía son de estilo gótico, e o deambulatorio e as naves laterais ampliáronse xa no século XVI. De que camiño e monumento, coñecido popularmente como a “catedral axeonllada”, estamos a falar?
Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela. Xunta de Galicia. Cultura. PV00312.

5 de agostoEste verán aproveitaremos para facer os Camiños de Santiago. Percorreremos os 10 camiños recoñecidos oficialm...
05/08/2026

5 de agosto
Este verán aproveitaremos para facer os Camiños de Santiago. Percorreremos os 10 camiños recoñecidos oficialmente (e algún que non), amosando algúns dos seus monumentos máis senlleiros.
CAMIÑO FRANCÉS – AS PALLOZAS DO CEBREIRO
Empezamos este peregrinar pola ruta principal a Santiago de Compostela case desde os seus inicios, e xa aparece con ese nome mencionada no Libro V, titulado Guía do Peregrino, dos cinco que compoñen o Liber Sancti Iacobi. O exemplar máis antigo deste manuscrito é coñecido como Códice Calixtino e custódiase no Arquivo da Catedral de Santiago. Trátase dunha compilación de diversos escritos realizada a instancia de Diego Xelmírez na segunda metade do século XII precisamente para impulsar a peregrinación.
Desde 1962 o Camiño francés está declarado ben de interese cultural coa categoría de conxunto histórico. En 1993 foi incluído na lista dos bens recoñecidos como Patrimonio da Humanidade e no ano 1997 recibe por parte do Consello de Europa o recoñecemento de Primeiro Itinerario Cultural Europeo. É un dos bens singulares máis sobranceiros, prezados e visitados dentro do conxunto do patrimonio cultural galego protexido.
Na porta de entrada a Galicia por este camiño, a uns 1.300 metros de altitude, atopamos as pallozas, construción de orixe prerromana de forma circular ou oval, con paredes baixas de pedra e o tellado cónico a base de palla. Utilizadas como vivenda ata ben entrado o século XX, convivindo nelas ás veces as familias e o gando, hoxe en día algunhas delas se poden visitar ao se converter nun Museo Etnográfico.
Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela. Xunta de Galicia. Cultura. PV00438.

AGOSTOO oitavo mes do ano caracterízase en Galicia por ser o de temperaturas máis elevadas ata o punto de presentar epis...
03/08/2026

AGOSTO
O oitavo mes do ano caracterízase en Galicia por ser o de temperaturas máis elevadas ata o punto de presentar episodios de calor intenso. Por este motivo é o mes de vacacións tradicional tanto en España como en Galicia, especialmente arredor do día 15.
Se no século XIX e principios do XX o fenómeno do turismo en España era moi limitado, en Galicia o era aínda máis. Tal como sinalan as propostas de creación de circuítos nacionais de turismo, a nosa comunidade ocupaba un lugar secundario, pois so pasaban ramais adxacentes nas capitais do interior, deixando tanto as rías baixas como os monumentos da catedral de Santiago e a Torre de Hércules, os principais reclamos turísticos de hoxe, esquecidos.
Postergada Galicia, as clases dirixentes e a alta burguesía, únicas que podían permitirse veranear naqueles tempos, podían optar por trasladarse á costa cantábrica ou ir ao estranxeiro. As visitas ao mar cantábrico de Isabel II buscando os beneficios terapéuticos dos “baños de ondas” consolidou a Santander e San Sebastián como principais destinos turísticos da aristocracia e da política nacional. É a época da construción de importantes infraestruturas como o Hotel María Cristina ou o Teatro María Vitoria na cidade donostiarra ou o Palacio da Magdalena na santanderina.
Fora da península, o concepto romántico do “grand tour” aínda seguía vixente con Italia ou París como principais atractivos, mais o desenvolvemento do ferrocarril e o da navegación a v***r permitiu incorporar novos destinos como Suíza ou Alemaña.
Estas estadías constituían lembranzas evocadas con cariño nos anos futuros. A materialización deses recordos e experiencias eran os agasallos ou “souvenirs” que pasaban de xeración en xeración. Os mais tradicionais eran as postais, recibidas ou compradas, os folletos turísticos dos hoteis e, por suposto, as fotografías.
O “desarrollismo” franquista dos anos sesenta buscou transformar a España nunha potencia turística mediante o turismo de masas. Xurdiu entón o modelo de “sol e praia”, tanto para as clases medias estranxeiras como da nova clase media española con capacidade de aforro. En Galicia este modelo tivo a súa máxima expresión na modernización das infraestruturas da illa da Toxa coa creación do Hotel Louxo e o campo de golf e demais instalacións deportivas.
Coa chegada da democracia buscouse un cambio de paradigma centrando o interese no patrimonio, na gastronomía ou na historial local, mais Galicia cos seus máis de 1.500 quilómetros de costa, sigue a ter nas praias un dos seus principais atractivos para uns turistas que, co recoñecemento constitucional das vacacións pagadas e a democratización do ocio, non deixaron de crecer.
Aproveitamos para recordar un dos primeiros “booms turísticos” que tivo lugar o 30 de agosto de 1905 cando numerosos científicos e afeccionados de todo o mundo chegaron a España para contemplar un eclipse de sol. A súa franxa de totalidade atravesou cidades como Coruña, Lugo ou Ribadeo nunha traxectoria moi similar ao esperado o 12 de agosto deste ano.
Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela.

VENRES EN XOGOPresentamos hoxe unha fotografía de 1991 correspondente a restauración dunha ponte situada nun concello ra...
31/07/2026

VENRES EN XOGO
Presentamos hoxe unha fotografía de 1991 correspondente a restauración dunha ponte situada nun concello raiano. Ten 14 metros de longo e 3,30 de anchura, cun arco de medio punto e a característica forma de lombo de mula propia das pontes baixo medievais, aínda que a que vemos hoxe é unha reconstrución do século XVIII. Realizada con pequenos perpiaños de distinta perfección, cruza o río Termes e servía de paso tanto aos peregrinos que ían de Portugal a Santiago (santo que dará nome á parroquia), coma aos arrieiros que portaban viño do Ribeiro ás vilas costeiras do sur de Galicia. De que ponte, elemento central dun conxunto etnográfico onde destaca tamén un peto de ánimas policromado, estamos a falar?
Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela. Xunta de Galicia. Expedientes de subvencións para a restauración de pontes e pasais. CC117/05.6.

Dirección

Cidade Da Cultura De Galicia, Monte Gaiás S/n
A Coruña
15707

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Arquivo de Galicia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir