Concello Monterrei

Concello Monterrei Información municipal

Xa está aberta a inscrición para o programa de conciliación de verán en Monterrei! ☀️🎨Baixo o título "Pequenos Grandes A...
02/06/2026

Xa está aberta a inscrición para o programa de conciliación de verán en Monterrei! ☀️🎨
Baixo o título "Pequenos Grandes Artistas" e o lema "As mesmas ilusións sen exclusións", este programa ofrece un espazo de lecer educativo con actividades lúdicas, animación á lectura e hábitos saudables para nenos e nenas de 4 a 12 anos.

📝 Como inscribirse? Para realizar a inscrición, só tes que escanear o código QR que aparece no cartel para acceder ao formulario online ou no seguinte link https://docs.google.com/forms/d/1-QJWdQ_Kl6mO6Qs6uuG0s6A6_eO0mKHO8t2ioMZ5kVI/preview . O prazo remata o 9 de xuño (ou ata cubrir as prazas dispoñibles).

Este programa está cofinanciado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e o Ministerio de Igualdade do Goberno de España, no marco do Plan Corresponsables. O obxectivo principal é facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, promovendo a corresponsabilidade entre mulleres e homes.

¡Agardámoste para un verán cheo de creatividade e diversión! ✨

02/06/2026
ACTIVIDADE DE BALDE En Albarellos os venres do mes de xuño. ás 18:30 h.
02/06/2026

ACTIVIDADE DE BALDE
En Albarellos os venres do mes de xuño. ás 18:30 h.

Hoxe 22 e mañá 23 de maio celébrase no Parador de Monterrei 📚🏰 o Ciclo de Conferencias de Monterrei, un encontro que reú...
22/05/2026

Hoxe 22 e mañá 23 de maio celébrase no Parador de Monterrei 📚🏰 o Ciclo de Conferencias de Monterrei, un encontro que reúne cultura, literatura e historia nun espazo único do noso concello. Contará coa participación de autores e voces do ámbito literario e histórico ✍️, entre eles José Calvo Poyato, José Luis Corral, Luz Gabás, Rosario Raro, Pedro Feijoo e Juan Miguel Zunzunegui, nun programa pensado para o diálogo e a divulgación 💬. Vémonos ás 18:00 👋

ANDAINAS NO XEODESTINO VERIN - MONTERREI   Máis Información e inscrciións:- Oficina de Turismo de Verín:  988 41 16 14- ...
22/05/2026

ANDAINAS NO XEODESTINO VERIN - MONTERREI

Máis Información e inscrciións:

- Oficina de Turismo de Verín: 988 41 16 14
- Oficina de Turismo de Monterrei: 988 36 13 60
- https://www.celtiatravel.com/


O Xeodestino Verín-Monterrei impulsa un programa de actividades de dinamización turística e cultural nos 12 concellos que integran o territorio, a través dun circuíto de andainas programadas ao longo de seis meses co obxectivo de achegar á cidadanía e ás persoas visitantes o patrimonio natural, histórico, etnográfico e paisaxístico da comarca.

O proxecto constitúe unha iniciativa de carácter turístico e cultural orientada á conexión do territorio mediante experiencias interpretativas e actividades ao aire libre, favorecendo o coñecemento dos recursos patrimoniais e contribuíndo á valorización da identidade común do xeodestino.

A programación permitirá consolidar unha oferta estable durante os meses de verán e outono, promovendo actividades de balde, de posta en valor do patrimonio e da paisaxe a traves de actividades sostibles para resindentes e visitantes.

Esta actuación desenvólvese ao abeiro do convenio de colaboración entre Turismo de Galicia e a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín, reforzando a cooperación intermunicipal como ferramenta estratéxica para a creación dunha oferta turística coordinada, sostible e desestacionalizada.

⚔️ Onte presentamos oficialmente a Revolta Irmandiña 2026!Nunha rolda de prensa celebrada esta mañá fomos desvelando par...
14/05/2026

⚔️ Onte presentamos oficialmente a Revolta Irmandiña 2026!
Nunha rolda de prensa celebrada esta mañá fomos desvelando parte das novidades desta edición! Prestade atención ás redes da Revolta para descubrir todo o desglose de programación!
Na presentación estiveron presentes Marcos Vázquez Guzmán, director da Área de Cultura e Deportes da Deputación de Ourense; Diego Lourenzo, concelleiro de Deportes do Concello de Verín; Manuel Pérez González, xefe de servizo de Deportes da Xunta de Galicia na provincia; José Luis Suárez Martínez, alcalde do Concello de Monterrei; e José Prado, representante da organización da Revolta Irmandiña.
A un mes da carreira as prazas nas categorías populares están xa esgotadas, pero podedes aínda inscribirvos nas competitivas de STARTER e ELITE! E, por suposto, anotar na axenda as actividades paralelas que temos preparadas!
🏹 Zona de tiro con arco xunto ao Clubde Tiro Eiroás (14 de xuño)
🎪 Retos e actividades para todos os públicos e Espazo infantil (14 de xuño)
🛍️ Mercadiño de artesanía e proxectos locais (14 de xuño)
🍢 O Pincho Irmandiño nos bares (11, 12 e 13 de xuño)
🍷 Catas e visitas coa DO Monterrei (13 de xuño)
👨‍🍳 Unha experiencia gastronómica con Martín Fernández - de Bagoa Gastrobar - na Adega Gargalo (13 de xuño)
🍽️ E xantar popular para pechar a fin de semana (14 de xuño)
Xa somos máis de 360 atletas inscritos e máis da metade chegan de fóra da comarca, convertendo a Revolta nun dos eventos deportivos con maior crecemento do territorio ⚔️🌿
Lembrade que, ademais, podedes competir por premios extra na Liga Aurum Terrae e no Circuito da Agua!
As últimas prazas competitivas continúan dispoñibles: 🌐 ktorce.gal/a-revolta-irmandinha
Vémonos na carreira, pero tamén nas actividades paralelas!
+INFO E DÚBIDAS: [email protected]

A Deputación Provincial de Ourense ven de publicar no BOP do pasado 11 de maio de 2026  a convocatoria de axudas para pe...
14/05/2026

A Deputación Provincial de Ourense ven de publicar no BOP do pasado 11 de maio de 2026 a convocatoria de axudas para persoas maiores de 65 anos, destinadas a reforma de vivendas e adquisición de equipamento técnico.

¡¡¡ AVISO DE INTERESE !!!- Luns, 4 de maio en Vilaza- Martes, 5 de maio en Albarellos
29/04/2026

¡¡¡ AVISO DE INTERESE !!!

- Luns, 4 de maio en Vilaza
- Martes, 5 de maio en Albarellos

Dirección

R/FONTIÑAS, 2
Albarellos
32618

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello Monterrei publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello Monterrei:

Compartir