Concello de Barbadás

Concello de Barbadás Información de interese do Concello de Barbadás

11/06/2026

😄 O sábado comeza a temporada estival en coa apertura da piscina municipal! ☀️

✅ Este ano, tal e como nos conta o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, e o tenente alcalde, Daniel Rey, as instalacións contan cunha importante novidade: unha cadeira adaptada para que as persoas con mobilidade reducida se poidan bañar de xeito autónomo.

👉 Ademais, o Concello vén de recibir unha subvención da Xunta para a renovación integral dos vestiarios do recinto acuático. As obras realizaranse unha vez remate esta temporada estival, polo que será o próximo ano cando se estrearán as novas instalacións.

🔗 Recordade que podedes adquirir as vosas entradas e bonos a través do enlace: https://adminv2.appgalileo.com/reservas_galileo/dc66c88d-6dc3-4576-aa4a-93e58d3a0c49/

✅ Despois do baldeo da pista deportiva de Fidalguiño-Sobrado, realizado onte polo persoal de Protección Civil, hoxe rema...
10/06/2026

✅ Despois do baldeo da pista deportiva de Fidalguiño-Sobrado, realizado onte polo persoal de Protección Civil, hoxe rematouse a posta a punto do campo co pintado das liñas.

👉 Trátase dunha das instalacións deportivas máis importantes do noso municipio, moi utilizada por veciños e veciñas de todas as idades.

Hoxe comeza o prazo de inscrición para o obradoiro de patinaxe agresiva! 🛼✨Se tes entre 9 e 17 anos e queres perfecciona...
10/06/2026

Hoxe comeza o prazo de inscrición para o obradoiro de patinaxe agresiva! 🛼✨

Se tes entre 9 e 17 anos e queres perfeccionar o teu estilo... non quedes sen a túa praza! 😜

📍 Skatepark de A Valenzá
🗓️ Martes 23 ou xoves 25 de xuño
⏰ De 11,00 a 13,00 horas
⛑️ É obrigatorio levar casco e proteccións
📝 Inscricións: Do 10 ao 19 de xuño (prazas limitadas!)

ℹ️ Máis info:
📞 988000234
✉️ [email protected]
📲 Ou escanea o QR do cartel

09/06/2026

🤔 Tes dúbidas sobre como avisar dunha incidencia?

✅ Aquí tes todas as opcións!

📸✅ O persoal de Protección Civil de Barbadás vén de finalizar o baldeo da pista deportiva de Fidalguiño-Sobrado.
09/06/2026

📸✅ O persoal de Protección Civil de Barbadás vén de finalizar o baldeo da pista deportiva de Fidalguiño-Sobrado.

👉 O goberno local alcanza un acordo cos feirantes para que se manteñan ata o mércores, 10 de xuño, con prezos populares ...
08/06/2026

👉 O goberno local alcanza un acordo cos feirantes para que se manteñan ata o mércores, 10 de xuño, con prezos populares para que todas as familias que o desexen poidan desfrutar das atraccións.

🎭 Xa podedes recoller as vosas entradas para desfrutar da obra "Sueño de una noche de verano" do Teatro Muxicas da Funda...
08/06/2026

🎭 Xa podedes recoller as vosas entradas para desfrutar da obra "Sueño de una noche de verano" do Teatro Muxicas da Fundación ONCE, unha versión da coñecida obra de Shakespeare.

Temos dobre pase! ✨

📅 Sábado 13 e domingo 14
⏰ Sábado ás 20,00 horas e domingo ás 19,00 horas
📍 Casa da Cultura
🎟️ Entrada con invitación (xa se pode recoller na Casa da Cultura en horario de mañá)

Este fin de semana, o campo dos Carrís acolleu o X Torneo Alevín Concello de Barbadás, no que participaron un total de 1...
08/06/2026

Este fin de semana, o campo dos Carrís acolleu o X Torneo Alevín Concello de Barbadás, no que participaron un total de 14 equipos.

🏆 Campión da fase consolación: AD Bosco
🥈 2º Clasificado : CD La Purísima “B”
🥉 3º Clasificado: EDC Xinzo “B”
🏅 4º Clasificado: CDC Pereiro

Moitos parabéns para todos os xogadores polo voso talento e esforzo!

Dirección

Cimadevila, Nº 1
Barbadás
32890

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Barbadás publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Barbadás:

Compartir

Categoría