PSOE Baiona

Contactar con la organización

PSOE Baiona Benvido ao perfil do Partido Socialista de Baiona 🌹

Mantente ao día sobre as nosas concelleiras/os.

Abres a billa da túa casa e sae auga sucia. Esta é a realidade que están vivindo numerosos veciños e veciñas de Baiona.P...
13/09/2026

Abres a billa da túa casa e sae auga sucia. Esta é a realidade que están vivindo numerosos veciños e veciñas de Baiona.

Primeiro quedamos sen recursos propios suficientes e tivemos que depender de Vigo. Agora temos problemas coa auga que chega ás casas. E mentres tanto, Almuiña segue sen dar explicacións claras nin esixir á Xunta unha solución definitiva.

Que a auga saia limpa da billa non é ningún luxo. É o mínimo.

Menos seguidismo á Xunta e máis defender Baiona.

Vigo pon a auga. A Xunta pon os reproches. E Almuiña pon o silencio.Baiona volve necesitar auga de Vigo para garantir o ...
08/09/2026

Vigo pon a auga. A Xunta pon os reproches. E Almuiña pon o silencio.

Baiona volve necesitar auga de Vigo para garantir o abastecemento mentres seguimos sen unha solución definitiva. E o noso alcalde, en lugar de plantarse diante da Xunta e defender os intereses da veciñanza, cala para non molestar ao seu partido.

Agradecemos a Vigo a súa axuda, pero Baiona non pode vivir dependendo de que outro concello nos rescate cada vez que falta auga.

Queremos unha solución definitiva. E un alcalde que defenda Baiona por riba das siglas do PP.

Cinco peches de praias por contaminación nun só verán. E Almuiña segue sen dar a cara.Na Concheira, o Concello anunciou ...
03/09/2026

Cinco peches de praias por contaminación nun só verán. E Almuiña segue sen dar a cara.

Na Concheira, o Concello anunciou ás 14:30 h a prohibición do baño por contaminación microbiolóxica, pero a bandeira vermella non se colocou ata arredor das 16:30 h. Dúas horas nas que unha publicación nas redes foi toda a protección que ofreceu o goberno municipal. E aínda falta saber o máis importante: desde cando coñecía Almuiña os resultados?

Agora volven culpar á chuvia. Pero en Galicia chove; o que non é normal é pechar cinco veces as praias nun verán e seguir sen explicar que está fallando.

Almuiña sabe convocar á veciñanza cando llo marca a axenda do PP. Onde está agora a manifestación para defender as praias de Baiona?

Menos campañas de “O Mar Empeza Aquí” e máis responsabilidade. Estamos falando da saúde das persoas.

01/09/2026
Almuiña quere que miremos a centos de quilómetros porque non lle interesa que miremos o que está pasando en Baiona.Probl...
28/08/2026

Almuiña quere que miremos a centos de quilómetros porque non lle interesa que miremos o que está pasando en Baiona.

Problemas coa auga, praias pechadas por contaminación, apagamentos, lixo e maleza, dificultades para aparcar, piscina pechada, pavillón deteriorado, semanas para conseguir unha cita médica, falta de vivenda e problemas de seguridade. Para todo isto, nin concentracións, nin explicacións, nin solucións.

Cando arredor de mil persoas encheron as rúas berrando “Recheo non”, Almuiña non as escoitou. Cando pedimos investigar o sucedido dentro do seu propio goberno no caso Bahamonde, utilizou os once votos do PP para impedilo.

Pero para Ceuta, aparece e convoca.

O problema non é preocuparse polo que ocorre fóra. O problema é ter un alcalde que parece preocuparse por todo menos polo municipio que goberna.

Almuiña pode intentar cambiar o foco, pero non pode esconder a Baiona real.

24/08/2026

Almuiña pensa que é intocable. Pero hai preguntas que terá que responder ante a cidadanía.

Sabía das actividades do seu exconcelleiro? Se o sabía, tapouno?

Sabían os concelleiros do PP de Baiona o que votaban ao conceder esa licencia?

Coñecían a vinculación entre o concelleiro de urbanismo e a empresa? Se o sabían, malo. E se non sabían nada, como non preguntaron por qué Bahamonde se abstivo?

Insultos, faltas de respecto e bloqueo de calquera investigación. Ese é o modelo Almuiña.

O alcalde da mentira e da manipulación ‼️O PP utilizou a súa maioría absoluta para impedir que se investigase o caso Bah...
19/08/2026

O alcalde da mentira e da manipulación ‼️

O PP utilizou a súa maioría absoluta para impedir que se investigase o caso Bahamonde. Pero o máis grave non é que tombasen unha comisión de investigación: é o motivo. Almuiña xa non está protexendo só ao seu exconcelleiro de Urbanismo. Está evitando que se investigue a súa propia actuación, que sabía, cando o sabía e que fixo cando tivo coñecemento da posible incompatibilidade.

No Pleno non houbo explicacións. Houbo ataques, desvío de atención e unha negativa rotunda a responder ás preguntas que preocupan á veciñanza. Mentres fala de transparencia, impide investigar. Mentres apela á presunción de inocencia para os seus, utiliza ataques contra outras persoas para non dar contas da súa xestión.

Un alcalde non pode utilizar once votos para esconder a verdade. Baiona merece respostas, transparencia e un goberno que non teña medo a que se investiguen os feitos.

BULO ‼️Hoxe non se votaba a xestión de Bahamonde, o que pasou foi que o PP tumbou coa súa maioría absoluta a investigaci...
19/08/2026

BULO ‼️

Hoxe non se votaba a xestión de Bahamonde, o que pasou foi que o PP tumbou coa súa maioría absoluta a investigación da presunta irregularidade cometida polo exconcelleiro de Urbanismo e polo alcalde.

Usan as redes de Concello para manipular, puro estilo Almuiña 🤐

Dirección

Rúa Lorenzo De La Carrera, 17, 36300 Baiona, Pontevedra
Bayona
36308

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando PSOE Baiona publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a PSOE Baiona:

Atajos

Compartir