BNG de Miño

BNG de Miño Asemblea Local do BNG en Miño

❕ Os encontros nas diferentes parroquias van chegando ao seu final, mais seguimos a compartir coa veciñanza o traballo d...
05/06/2026

❕ Os encontros nas diferentes parroquias van chegando ao seu final, mais seguimos a compartir coa veciñanza o traballo desenvolvido desde o BNG e, sobre todo, a escoitar de primeira man as preocupacións, necesidades e propostas de todas vós

🗣️ Queremos que estes encontros sexan un espazo aberto para falar do presente e do futuro de Miño, abordar a actualidade municipal e intercambiar ideas sobre todo aquilo que considerades importante para mellorar o noso concello!

👉 O vindeiro xoves, día 11 de xuño, estaremos no local social da Rúa

A túa opinión conta. Agardámoste!

Sempre, sempre, sempre na defensa dos servizos públicosSempre, sempre, sempre na demanda dun ensino público de calidade ...
02/06/2026

Sempre, sempre, sempre na defensa dos servizos públicos

Sempre, sempre, sempre na demanda dun ensino público de calidade e con recursos

Moita forza e todo o noso apoio ás demandas da ANPA do CPI Castro Baxoi!

Onte, no noso local comarcal, celebramos un encontro moi necesario onde puidemos abordar as escalada belicista e o rearm...
30/05/2026

Onte, no noso local comarcal, celebramos un encontro moi necesario onde puidemos abordar as escalada belicista e o rearme do imperialismo nunha ofensiva orientada ao preservar a hexemonía dos Estados Unidos.

O encontro foi conducido polo noso responsábel comarcal, Alberte G. Nicolás, e contou coa participación de Bieito Lobeira, membro do Consello Nacional do BNG

O pacifismo, o anti-militarismo e a defensa da soberanía dos pobos foron os eixes centrais do debate, deixando claro que o futuro de Galiza ten que estar lonxe da OTAN e os seus intereses

🗣️ Na Galiza: paz, soberanía e dereitos!

❕ Despois de moitos meses, o goberno local do PSOE  por fin escoita as demandas da veciñanza e do BNG e poderemos contar...
30/05/2026

❕ Despois de moitos meses, o goberno local do PSOE por fin escoita as demandas da veciñanza e do BNG e poderemos contar co necesario amaño dunha das principais vías do noso concello

🚧 A necesidade destas obras cada vez son máis urxentes, non só polo estado do firme, tamén polo alto tránsito de vehículos que soporta e por ser estas as rúas onde están presentes unha parte importante dos servizos da localidade

👉 Desde o BNG de Miño seguiremos reclamando este e outros investimentos que melloren o día a día da veciñanza

📄 O BNG de Miño votou en contra dos orzamentos municipais de 2026 por considerar que son “continuistas e feitos de costa...
28/05/2026

📄 O BNG de Miño votou en contra dos orzamentos municipais de 2026 por considerar que son “continuistas e feitos de costas á oposición e á veciñanza”

🗣️ O portavoz nacionalista, Alberte G. Nicolás, denunciou que o goberno local do PSOE “incumpriu a súa palabra de avaliar as achegas dos diferentes grupos municipais aos orzamentos”

⚠️ As nacionalistas consideran lamentan o ton empregado polo alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, durante o pleno, acusándoo de optar “pola confrontación e por facer oposición á oposición” en vez de explicar por que nunca respondeu ás propostas rexistradas hai meses polo BNG

❌ Desde o BNG critican a falta total de diálogo do executivo, que non convocou reunións para abordar posíbeis acordos nin respondeu ás propostas presentadas en decembro de 2025 argumentando que eran "pouco razoábeis"

📌 Entre as medidas propostas polo BNG figuraban:
• Reforzar as partidas de emerxencia social
• Melloras de seguridade viaria e calmado do tráfico
• Pictogramas en espazos públicos para persoas con TEA
• Un plan integral de mantemento en todas as parroquias

🗣️ “O que o PSOE considera pouco razoábel son medidas básicas para mellorar a vida da veciñanza e atender problemas reais do día a día”, criticou Alberte G. Nicolás

➡️ O BNG reafirma o seu compromiso de seguir facendo “propostas útiles e construtivas para Miño” e lamenta que o goberno municipal continúe pechado ao diálogo e á participación veciñal

O concelleiro nacionalista, Alberte G. Nicolás, criticou que o executivo municipal “incumpriu a súa palabra de avaliar as achegas dos diferentes grupos munic...

🗣️ Na Galiza: paz, soberanía e dereitosEste venres 29 de maio, ás 20.00h celebramos un acto público no local comarcal do...
27/05/2026

🗣️ Na Galiza: paz, soberanía e dereitos

Este venres 29 de maio, ás 20.00h celebramos un acto público no local comarcal do BNG en Betanzos para falar de paz, anti-militarismo e futuro para Galiza

➕ Con Bieito Lobeira, membro do Consello Nacional do BNG e insubmiso

📆 Venres, 29 de maio
🕗 20:00h
📍 Local comarcal do BNG, A Cañota, 33, Betanzos

Vémonos!

❕ Unha semana máis, seguimos a percorrer as parroquias de Miño para compartir coa veciñanza o traballo desenvolvido desd...
26/05/2026

❕ Unha semana máis, seguimos a percorrer as parroquias de Miño para compartir coa veciñanza o traballo desenvolvido desde o BNG e, sobre todo, para escoitar de primeira man as preocupacións, necesidades e propostas de todas vós

🗣️ Queremos que estes encontros sexan un espazo aberto para falar do presente e do futuro de Miño, abordar a actualidade municipal e intercambiar ideas sobre todo aquilo que considerades importante para mellorar o noso concello!

👉 Este xoves, día 28 de maio, estaremos no local da Asociación Veciñal A Irmandade

A túa opinión conta. Agardámoste!

25/05/2026

🚨 CO BNG, GALIZA GAÑA!

🚨 MANIFESTACIÓN NACIONAL CONTRA O GASTO MILITAR E A EXHIBICIÓN MILITAR ESPAÑOLA:Sábado 30. 12h. Saída Vía Norte (Vigo).🕊...
25/05/2026

🚨 MANIFESTACIÓN NACIONAL CONTRA O GASTO MILITAR E A EXHIBICIÓN MILITAR ESPAÑOLA:

Sábado 30. 12h. Saída Vía Norte (Vigo).

🕊️ NA GALIZA: PAZ, SOBERANÍA, DEREITOS.


❕ Mañá, a partir das 11h da mañá no feirón, achégate até a nosa mesa informativa para coñecer as diferentes campañas que...
23/05/2026

❕ Mañá, a partir das 11h da mañá no feirón, achégate até a nosa mesa informativa para coñecer as diferentes campañas que estamos a desenvolver a nivel comarcal e nacional!

Dirección

Betanzos
15300

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando BNG de Miño publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir