20/06/2026
🏃♀️🏃♂️ Chegou o día!
Hoxe Carballedo énchese de deporte, convivencia e natureza coa VIII Carreira Popular do Concello de Carballedo, unha cita única para correr e camiñar entre carballos centenarios.
Queremos facer un agradecemento moi especial a todas as empresas colaboradoras, que un ano máis amosan o seu compromiso con esta proba e fan posible a súa celebración. Grazas tamén polos agasallos aportados para os corredores e corredoras, un detalle que axuda a facer desta carreira unha experiencia aínda máis especial.
Grazas polo voso apoio e por axudar a facer realidade esta carreira ano tras ano. Boa sorte a todas e todos os participantes! 💚🍀