12/12/2025
Esta tarde en Cospeito celebrarase a III Gala Benéfica dos Asubiíños, unha cita solidaria cuxos fondos irán destinados a ASANOG, a Asociación de Cancro Infantil e Xuvenil de Galicia. O evento terá lugar na pista descuberta do CPI Plurilingüe Virxe do Monte. A apertura de portas será ás 20.00 horas e a gala comezará ás 20.30.
O programa musical contará con actuacións destacadas, entre elas a da artista galega Pili Pampín e o dúo Escuchando Elefantes, ademais de Montedapena, Bras, Rodrigo e Beteluma. Os presentadores da noite serán David Valverde, David Vilares e Beatriz Serén.
Unha vez máis celébrase unha das citas solidarias máis destacadas da comarca que reúne cada ano a centos de persoas comprometidas co apoio ao labor social de ASANOG.
Disfrutade moito os que poidades asistir e parabéns a todos pola organización deste acto tan fermoso.