03/06/2026
‼️📣 CANSANCIO DO VECIÑO 📣‼️
🗣 Estes días, veciños de varias parroquias como Couzadoiro, Loiba ou Céltigos, puxéronse en contacto connosco para manifestar a súa incomprensión e enfado polo estado das pistas polas que transitan diariamente.
📍 A súa preocupación é polo estado de pistas como as de:
Loureiro- Cadaval, Rubido ou A Chousa, na parroquia de Loiba.
A pista que vai á igrexa de San Salvador de Couzadoiro.
A pista que transita de Céltigos a Loiba.
🤷♀️ O máis incomprensible desta situación, é que son pistas que teñen asignado un orzamento do POS da Deputación. Estes veciños ven que pasan os meses e estes proxectos non se executan, sendo moi necesarios para a súa calidade de vida.
📢 Fai unhas semanas publicabamos o enfado de veciños do Ermo co mesmo problema do estado das súas pistas e neste caso tamén, pistas que tiñan orzamento do POS da Deputación. Unha situación que se repite na maioría das parroquias do noso Concello.
🤬 Non se entende a actitude do goberno ante este problema, porque cando formaban parte da oposición, protestaban e criticaban vehementemente ao anterior goberno por non saber xestionar este problemática. Tres anos despois, podemos asegurar que estamos ante o mesmo tipo de política e non só no referente ás pistas.
🗳 Estarán a esperar ao ano electoral para executar estas obras e gañarse uns votos?? E se é así, é unha actitude responsable, que permitan durante meses aos veciños transistor por pistas en mal estado para asegurarse unhas fotos e unhas votos nas urnas??