26/11/2026
🎄 𝗜 𝗖𝗢𝗡𝗖𝗨𝗥𝗦𝗢 𝗗𝗘 𝗗𝗘𝗖𝗢𝗥𝗔𝗖𝗜𝗢𝗡 𝗗𝗘 𝗡𝗔𝗗𝗔𝗟 𝗗𝗘 𝗩𝗜𝗩𝗘𝗡𝗗𝗔𝗦
Este Nadal temos unha novidade! ✨
Por primeira vez, desde o Concello de Vila de Cruces organizamos un concurso de decoración de vivendas co que queremos fomentar a participación da veciñanza e contribuír, entre todos e todas, a embelecer as nosas rúas e aldeas e a crear un ambiente festivo durante estas datas.
🏡 𝗗𝗨𝗔𝗦 𝗖𝗔𝗧𝗘𝗚𝗢𝗥𝗜𝗔𝗦
▪️ Balcóns, fiestras e pequenos espazos exteriores.
▪️ Fachadas e espazos exteriores de vivendas, como eiras e xardíns.
🏆 𝟳𝟰𝟬 € 𝗘𝗡 𝗣𝗥𝗘𝗠𝗜𝗢𝗦
En cada categoría:
🥇 1º premio: 175 €
🥈 2º premio: 125 €
🥉 3º premio: 70 €
🗓️ 𝗜𝗡𝗦𝗖𝗥𝗜𝗖𝗜𝗢𝗡𝗦
Ata o 9 de decembro, no Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica.
📄 Bases e solicitude de participación dispoñibles en www.viladecruces.gal.
Sabemos que moitos de vós dedicades tempo e cariño á decoración de Nadal. Agardamos que vos animedes a participar nesta primeira edición! ❤️