Concello de LALÍN

Concello de LALÍN Benvidos/as ao perfil oficial do Concello de Lalín na rede social Facebook

O Concello de Lalín, cunha superficie de 326 quilómetros cadrados, é un dos municipios de maior extensión de toda Galicia e goza dunha situación privilexiada no corazón da Comarca de Deza, que aglutina a seis concellos (Lalín, Silleda, Rodeiro, Vila de Cruces, Dozón e Agolada) nun área de 987,7 quilómetros cadrados. A súa situación xeográfica, no denominado "Quilómetro cero de Galicia" e equidista

nte das principais cidades, converte a Lalín nun importante enclave loxístico dentro da comunidade autónoma. Esta posición vantaxosa estase a reforzar aínda máis cos importantes investimentos en infraestructuras viarias, que permitirán reduci-lo tempo de conexión coas grandes capitais: Santiago de Compostela (25 minutos), A Coruña (50), Lugo (40), Ourense (25), Pontevedra (40) e Vigo (50). A poboación do Concello de Lalín é de 20.453 habitantes e está dividida entre o núcleo urbano, onde hai máis de 10.000 veciños, e as 52 parroquias do rural: Albarellos, Alemparte, Alperiz, Anseán, Anzo, Barcia, Bendoiro, Bermés, Botos, Busto, Cadrón, Camposancos, Cangas, Castro, Catasós, Cello, Cercio, Cristimil, Doade, Donramiro, Donsión, Erbo, Filgueira, Fontecabalos, Galegos, Goiás, Gresande, Lalín, Lalín de Arriba, Lebozán, Lodeiro, Losón, Maceira, Madriñán, Méixome, Moneixas, Muimenta, Noceda, Palio, Palmou, Parada, Prado, Rodís, Santiso, Sello, Soutolongo, Val do Carrio, Vilanova, Vilatuxe, Xaxán, Xesta e Zobra. Considerando o conxunto da Comarca de Deza, que abrangue ás xurisdiccións de Deza,Camba, Dozón, Carbia, Trasdeza e Valquireza, as cifras de poboación achéganse ós 50.000 habitantes. Esta comarca, situada no extremo setentrional da provincia de Pontevedra, linda ó oeste coa Comarca de Tabeirós-Terra de Montes, ó norte coas de Arzúa e Terra de Melide (A Coruña), ó leste coas de Chantada e A Ulloa (Lugo) e ó sur coa do Carballiño (Ourense). No ámbito da natureza, o Concello de Lalín goza de envexables paisaxes, que son froito dun clima atlántico húmido, caracterizado pola súa alta pluviosidade e por unha temperatura media anual que xira en torno ós 12 graos centígrados. Esta demarcación, regada polas correntes dos ríos Deza, Arnego e Asneiro, ten os seus puntos máis elevados na Serra do Candán e nos montes do Coco e do Testeiro.
Ó longo dos seus 326 quilómetros cadrados, o Concello de Lalín garda incomparables tesouros naturais, como as carballeiras da Crespa, do Rodo e de Barcia, sendo esta última a máis singular por contar con centos de carballos perfectamente aliñados en ringleiras. Asemade, tamén destaca pola súa beleza o souto de Quiroga, en Catasós, que está formado por uns castiñeiros cunhas características especiais de crecemento que os converten nos exemplares co índice de medranza e o porte máis alto de Europa. Na actualidade, este municipio conta cunha economía moi diversificada, posto que a tradicional actividade agrícola e gandeira foi abrindo portas progresivamente nas últimas décadas a un sector industrial en expansión, principalmente puxante nas ramas do téxtil, do aluminio e da construcción. Esta diversificación tamén ten unha traducción xeográfica, posto que no núcleo urbano e nas parroquias colindantes atópanse tódolos servicios e a maior parte das industrias -situadas maioritariamente nos dous polígonos existentes-, mentres que na zona eminentemente rural a economía segue a estar baseada nas explotacións agropecuarias, que aproveitaron a riqueza da comarca para modernizarse e facerse máis competitivas. As condicións socioeconómicas, a súa localización xeográfica e o apoio institucional proxectan a Lalín como un municipio con grandes expectativas de crecemento. Neste proceso, un dos factores determinantes será a mellora das infraestructuras, como a autoestrada Santiago-Ourense, ou a posta en marcha de novos servicios, como a Cidade do Transporte -recentemente inaugurada-, dous novos aparcadoiros soterrados na vila -en proceso de licitación-, o proxectado aeródromo deportivo ou a remodelación do pavillón polideportivo e do estadio de fútbol. Esta puxante situación do municipio lalinense tamén se ve reflectida no interese comercial amosado por grupos empresariais como Eroski, que proximamente asentará na zona unha grande área con establecementos comerciais e de ocio. Ó mesmo tempo, varios empresarios de Lalín tamén iniciaron os trámites urbanísticos para construír outra alternativa lúdica e comercial exclusivamente con financiamento dos empresariado local. No apartado festivo, a Feira do Cocido, que se celebra cada ano no domingo anterior ó Entroido, é o máximo expoñente do Concello de Lalín. Nas 34 edicións da súa historia, este evento gastronómico foi gañando pulo ata converterse nunha das festas máis importantes -senón a que máis- do calendario lúdico galego. A súa sona mesmo alcanza xa repercusión en foros internacionais, un feito ó que contribuíu o esforzo promocional realizado dende o concello. Outra das feiras senlleiras é a do cabalo, que se celebra na primeira semana do mes de abril e sirve para que cabaleiros e gandeiros de toda Galicia acudan a participar nas diferentes actividades e competicións. Por outra banda, os días 3 e 18 de cada mes o Campo da Feira Vello acolle os tradicionais mercadiños. No capítulo festivo tamén destacan as celebracións de carácter relixioso, como as festas patronais na honra da Virxe das Dores, que se celebran o terceiro domingo de setembro, ou a romaría do Corpiño, que se celebra os días 23 e 24 de xuño na parroquia de Santa Baia de Losón. A esta romaría, unha das máis famosas de toda Galicia, acoden devotos de infinidade de lugares coa confianza de que a Virxe espantará dos seus corpos e mentes aqueles problemas e enfermidades que se lle escapan á medicina. Conta a lenda que no século X, nunha cova do monte Carrio vivía un ermitaño moi apreciado que ó morrer foi soterrado polos veciños, que ocultaron o corpo incorrupto antes de escapa-la invasión dos árabes. A pista do escondite do corpo perdeuse ata que unha tarde foi descuberta por uns nenos pastores, que se viron atraídos polo estraño resplandor que saía dunha cova. O denominado lugar "do corpiño" sinalábao a propia Virxe co Neno Xesús nos seus brazos.

👩‍🎓 👨‍🎓 👏 Moitos parabéns aos estudantes do IES Laxeiro e do IES Ramón Mª Aller que aprobaron o Bacharelato, especialmen...
15/05/2026

👩‍🎓 👨‍🎓 👏 Moitos parabéns aos estudantes do IES Laxeiro e do IES Ramón Mª Aller que aprobaron o Bacharelato, especialmente a Antía, Adrián, Luis, Javier e Martín, os 5 que sacaron Matrícula de Honra, desexándolles éxitos nas vindeiras probas PAU e nos seus plans de futuro.

📚 📖 Para o último esforzo de cara á selectividade, a Biblioteca Varela Jácome abre dende mañá sábado de 9:00 a 21:00 h todos os días ata o19 de xuño.

👉  Esta fin de semana en Lalín🔹 Presentación do libro "Os camiños de Laxeiro"🔹 Celebración do 182º aniversario da Garda ...
15/05/2026

👉 Esta fin de semana en Lalín

🔹 Presentación do libro "Os camiños de Laxeiro"
🔹 Celebración do 182º aniversario da Garda Civil
🔹 Concerto das Letras Galegas da Banda de Música de Vilatuxe
🔹 Serán das Letras

✔️ O pasado martes tivo lugar a segunda sesión do seminario da Universidade de Vigo “Mellor cos anos: habilidades para u...
14/05/2026

✔️ O pasado martes tivo lugar a segunda sesión do seminario da Universidade de Vigo “Mellor cos anos: habilidades para unha vida plena”, impartido pola lalinense Isabel Ferreiro González, profesora da Universidade de Vigo no Campus de Ourense.que é

Este seminario foi o segundo dos desenvoltos no marco do programa de Coñecemento e Experiencias, unha iniciativa orientada á formación e divulgación dirixida a persoas maiores de 50 anos.

14/05/2026

Aproveitando que estamos na semana das Letras Galegas, adicada a nosa lingua, música e cultura... presentamos con moitísima ilusión o cartaz do III Serán de Os Dezas.
Unha tarde e noite para celebrar o que somos, cantar, tocar e bailar e compartir tradición arredor da nosa música. Agárdanos moita festa, con grandes agrupacións, e será un serán feito con cariño para toda a xente do noso pobo que quería asistir e pasar un día inesquecible🪗🥁💪

14/05/2026

🔵 ⚪️ 🎶 Día das Letras Galegas, 17 de maio.

Xisco Feijóo convídanos ao seu obradoiro de baile a ao seu concerto que vai a ter lugar este domingo na Praza da Igrexa

👮👮‍♀️ 𝐀𝐜𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝐜𝐞𝐥𝐞𝐛𝐫𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐝𝐨 182 𝐚𝐧𝐢𝐯𝐞𝐫𝐬𝐚𝐫𝐢𝐨 𝐝𝐚 𝐟𝐮𝐧𝐝𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐝𝐚 𝐆𝐚𝐫𝐝𝐚 𝐂𝐢𝐯𝐢𝐥 𝐞𝐧 𝐋𝐚𝐥í𝐧Este sábado 16 de maio, na Rúa da Haban...
14/05/2026

👮👮‍♀️ 𝐀𝐜𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝐜𝐞𝐥𝐞𝐛𝐫𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐝𝐨 182 𝐚𝐧𝐢𝐯𝐞𝐫𝐬𝐚𝐫𝐢𝐨 𝐝𝐚 𝐟𝐮𝐧𝐝𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐝𝐚 𝐆𝐚𝐫𝐝𝐚 𝐂𝐢𝐯𝐢𝐥 𝐞𝐧 𝐋𝐚𝐥í𝐧

Este sábado 16 de maio, na Rúa da Habana e na Praza de Galicia, a carón do Concello, terá lugar o evento que vai combinar xornada de portas abertas e acto institucional.

🕘 - 🕑 De 9:00 – 14:00. Actividades abertas ao público, coa presenza dun helicóptero da Garda Civil, vehículos e stand informativo con exposición das distintas especialidades: Tráfico, Seprona, Equipo Pegaso de drons, Sección Fiscal, Policía Xudicial ou equipo de atención ao peregrino.

🕛 12h. Acto institucional, coa participación do subdelegado do goberno, Abel Losada, do alcalde José Crespo, do coronel xefe da Comandancia de Pontevedra, e outras autoridades civís e militares.

Será unha xornada de convivenza, achegamento e agradecemento ao labor da institución, á que está convidada a veciñanza de Lalín e visitantes.

ℹ️  📚  𝐀 𝐁𝐢𝐛𝐥𝐢𝐨𝐭𝐞𝐜𝐚 𝐌𝐮𝐧𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐥 "𝐕𝐚𝐫𝐞𝐥𝐚 𝐉á𝐜𝐨𝐦𝐞" 𝐚𝐛𝐫𝐢𝐫á 𝐝𝐨 16 𝐝𝐞 𝐦𝐚𝐢𝐨 𝐚𝐨 19 𝐝𝐞 𝐱𝐮ñ𝐨, 𝐝𝐞 𝐱𝐞𝐢𝐭𝐨 𝐢𝐧𝐢𝐧𝐭𝐞𝐫𝐫𝐨𝐦𝐩𝐢𝐝𝐨 𝐝𝐞 9 𝐝𝐚 𝐦𝐚ñá 𝐚...
13/05/2026

ℹ️ 📚 𝐀 𝐁𝐢𝐛𝐥𝐢𝐨𝐭𝐞𝐜𝐚 𝐌𝐮𝐧𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐥 "𝐕𝐚𝐫𝐞𝐥𝐚 𝐉á𝐜𝐨𝐦𝐞" 𝐚𝐛𝐫𝐢𝐫á 𝐝𝐨 16 𝐝𝐞 𝐦𝐚𝐢𝐨 𝐚𝐨 19 𝐝𝐞 𝐱𝐮ñ𝐨, 𝐝𝐞 𝐱𝐞𝐢𝐭𝐨 𝐢𝐧𝐢𝐧𝐭𝐞𝐫𝐫𝐨𝐦𝐩𝐢𝐝𝐨 𝐝𝐞 9 𝐝𝐚 𝐦𝐚ñá 𝐚 9 𝐝𝐚 𝐧𝐨𝐢𝐭𝐞, 𝐭𝐨𝐝𝐨𝐬 𝐨𝐬 𝐝í𝐚𝐬

A concelleira de Cultura, Begoña Blanco, anuncia que esta medida excepcional busca dar resposta ás peticións da veciñanza que acode regularmente á biblioteca, especialmente, das persoas usuarias que están preparando oposicións ou que están preparando as probas PAU e que precisan de máis horario para o estudo.
Esta ampliación temporal e extraordinaria de horario é posible grazas á incorporación de novos traballadores municipais.

O sábado 20 de xuño a Biblioteca volverá ao seu horario normal, de 9 a 21 horas de luns a venres e de 10 a 14 horas o sábado pola mañá.

13/05/2026

Cada salida es el comienzo de algo grande 🚵‍♂️

Kilómetros, emoción y Galicia esperando detrás de cada curva.

Así se vive la Volta Galicia BTT 💙

Cada saída é o comezo de algo grande 🚵‍♂️

Quilómetros, emoción e Galicia agardando detrás de cada curva.

Así se vive a Volta Galicia BTT 💙

⚒️ A brigada municipal de obras reforza os traballos de mantemento no casco urbano e no polígono Lalín 2000 O concelleir...
13/05/2026

⚒️ A brigada municipal de obras reforza os traballos de mantemento no casco urbano e no polígono Lalín 2000

O concelleiro de Obras, José Cuñarro Torres, supervisou estes días varios dos traballos que se están acometendo, incidindo na importancia de manter en boas condicións as infraestruturas e vías municipais.

Entre as actuacións realizadas destaca a intervención no tramo da estrada de pedra situado fronte á estatua de Loriga, onde se procede á recolocación e fixación das pedras que se atopaban soltas, unha actuación destinada a mellorar a seguridade peonil e evitar o deterioro da zona.

Así mesmo, a brigada municipal tamén está a executar labores de mantemento no polígono Lalín 2000, dentro dos traballos habituais de conservación que se realizan nesta área empresarial do municipio.

Cuñarro sinala que estas actuacións continuarán nas vindeiras semanas noutras rúas e beirarrúas do casco urbano.

📶  Lalín insta ao goberno central a garantir internet de alta velocidade en todo o municipio. O Concello de Lalín somete...
13/05/2026

📶 Lalín insta ao goberno central a garantir internet de alta velocidade en todo o municipio.

O Concello de Lalín someterá a aprobación en Xunta de Goberno unha proposta da concelleira de Novas Tecnoloxías, Raquel Lorenzo, para esixir ao Goberno de España a implantación efectiva de banda larga en todo o termo municipal. O obxectivo é cumprir cos estándares europeos de conectividade (100 Mbps) e garantir un acceso equitativo para os 2.557 veciños que aínda carecen dun servizo óptimo.

Puntos clave da demanda:
▪️Fenda dixital: eliminación das barreiras de conexión que afectan a máis de 2.500 lalinenses.
▪️Sectores afectados: apoio directo ao tecido empresarial, explotacións gandeiras informatizadas, teletraballo e ámbito educativo.
▪️Obxectivo 2025: cumprimento urxente dos obxectivos de conectividade universal da Unión Europea.

O Goberno local considera esta infraestrutura como un servizo esencial e irrenunciable para o desenvolvemento económico e a igualdade de oportunidades en Lalín.

🔵 ⚪️ 🎉 ⚪️ 🔵  𝐎 𝐒𝐞𝐫á𝐧 𝐝𝐚𝐬 𝐋𝐞𝐭𝐫𝐚𝐬, 𝐞𝐢𝐱𝐨 𝐝𝐚 𝐬𝐞𝐦𝐚𝐧𝐚 𝐠𝐫𝐚𝐧𝐝𝐞 𝐝𝐞 "𝐋𝐚𝐥í𝐧 𝐧𝐚𝐬 𝐋𝐞𝐭𝐫𝐚𝐬 2026", 𝐜𝐞𝐥é𝐛𝐫𝐚𝐬𝐞 𝐨 𝐯𝐢𝐧𝐝𝐞𝐢𝐫𝐨 𝐝𝐨𝐦𝐢𝐧𝐠𝐨 17 𝐝𝐞 𝐦𝐚...
13/05/2026

🔵 ⚪️ 🎉 ⚪️ 🔵 𝐎 𝐒𝐞𝐫á𝐧 𝐝𝐚𝐬 𝐋𝐞𝐭𝐫𝐚𝐬, 𝐞𝐢𝐱𝐨 𝐝𝐚 𝐬𝐞𝐦𝐚𝐧𝐚 𝐠𝐫𝐚𝐧𝐝𝐞 𝐝𝐞 "𝐋𝐚𝐥í𝐧 𝐧𝐚𝐬 𝐋𝐞𝐭𝐫𝐚𝐬 2026", 𝐜𝐞𝐥é𝐛𝐫𝐚𝐬𝐞 𝐨 𝐯𝐢𝐧𝐝𝐞𝐢𝐫𝐨 𝐝𝐨𝐦𝐢𝐧𝐠𝐨 17 𝐝𝐞 𝐦𝐚𝐢𝐨 𝐧𝐚 𝐏𝐫𝐚𝐳𝐚 𝐝𝐚 𝐈𝐠𝐫𝐞𝐱𝐚

𝗣𝗿𝗼𝗴𝗿𝗮𝗺𝗮𝗰𝗶ó𝗻
💠 𝒗𝒆𝒏𝒓𝒆𝒔 15 𝒅𝒆 𝒎𝒂𝒊𝒐
👉 presentación do libro "Os camiños de Laxeiro", ás 20h no Museo Ramón María Aller.

💠 𝒔á𝒃𝒂𝒅𝒐 16 𝒅𝒆 𝒎𝒂𝒊𝒐
👉 Concerto das Letras Galegas da Banda de Vilatuxe, ás 13:30 h no Km0.
👉 Función infantil "Xela e o dragón", da compañía Cachirulo, ás 18:30 h na Praza da Igrexa.
👉 Concerto de Tiam GZ, ás 21:30 h na Praza da Igrexa.

💠 𝒅𝒐𝒎𝒊𝒏𝒈𝒐 17 𝒅𝒆 𝒎𝒂𝒊𝒐, 𝑫í𝒂 𝒅𝒂𝒔 𝑳𝒆𝒕𝒓𝒂𝒔 𝑮𝒂𝒍𝒆𝒈𝒂𝒔
👉 11h. Obradoiro de baile galego, da man de Xisco Feijóo.
👉 13h. Concerto de Xisco Feijóo.
👉 14:30h. Comida familiar cos grupos participantes.
👉 17h. Serán das Letras Galegas, presentado por Gúmer Portas coa participación de 11 grupos locais.
👉 20h. Segue a festa con música na carpa.

Dirección

Lalín

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Teléfono

+34986787060

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de LALÍN publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello de LALÍN:

Compartir

Categoría