Concello de Vila de Cruces

Concello de Vila de Cruces Páxina oficial do Concello de Vila de Cruces.

🏃‍♂️🌿 Esta semana foi a presentación da nova edición do Trail da Carixa, unha cita xa consolidada no noso calendario dep...
20/08/2026

🏃‍♂️🌿 Esta semana foi a presentación da nova edición do Trail da Carixa, unha cita xa consolidada no noso calendario deportivo e que continúa medrando ano tras ano.

A falta de 15 días para a proba, a resposta está sendo fantástica: xa hai máis de 200 persoas inscritas! 🙌

💚 Unha cifra que fala de todo o traballo que hai detrás. Grazas á organización por facelo posible.

Comeza a conta atrás... Preparados e preparadas? ⏳🔥

🌿 UN ESPAZO PARA TI | Curso de benestar e crecemento persoalEste setembro poñemos en marcha unha nova proposta pensada p...
20/08/2026

🌿 UN ESPAZO PARA TI | Curso de benestar e crecemento persoal

Este setembro poñemos en marcha unha nova proposta pensada para persoas maiores de 55 anos, un espazo no que compartir, aprender e, sobre todo, dedicarnos un pouco de tempo a nós mesmos. 💜

Porque o benestar tamén se constrúe con coidados e en comunidade. 🌸

📝 Inscrición obrigatoria ata o 31 de agosto ou ata esgotar prazas
📞 986 58 20 17
📧 [email protected]

🥾 AS DÚAS BEIRAS DO ULLA | Ruta de sendeirismo fluvialO vindeiro 12 de setembro, Vila de Cruces e Touro unímonos para ca...
17/08/2026

🥾 AS DÚAS BEIRAS DO ULLA | Ruta de sendeirismo fluvial

O vindeiro 12 de setembro, Vila de Cruces e Touro unímonos para camiñar xuntos polas dúas beiras do río Ulla. 🌿

Un percorrido circular de 10 km, con saída e chegada na Ponte Basebe, que nos levará pola contorna da Presa de Ollares, descubrindo paisaxes, sendeiros e recunchos naturais a ambos lados do río. 💚

🤝 Unha actividade compartida para desfrutar do Ulla e do patrimonio natural que nos une.

📝 Inscrición obrigatoria ata o 9 de setembro:
📧 [email protected]
📞 986 58 20 17

Agardámosvos! 🌿🥾

🌑 XUNTOS BAIXO O CEO DA MADANELAO pasado 12 de agosto tivemos a sorte de vivir no noso concello un acontecemento único: ...
14/08/2026

🌑 XUNTOS BAIXO O CEO DA MADANELA

O pasado 12 de agosto tivemos a sorte de vivir no noso concello un acontecemento único: un eclipse total de Sol.

No Alto da Madanela, a afluencia foi impresionante. Máis de 1.500 persoas achegáronse ata alí para contemplar o eclipse en comunidade. Foron só uns segundos de escuridade total, pero a emoción de vivilo xuntos fíxoo aínda máis especial.

Queremos darlle as grazas a Eduardo Ojero, astrónomo e veciño, por guiarnos durante a observación e por estar sempre disposto a compartir os seus coñecementos con nós.

🤝 Grazas tamén polo enorme traballo do Policía Local, de Nani, Andrés, Luis, Mexuto e Manu, de Protección Civil, e de Chus, Ángel, Bernardo e Rocío, que se sumaron como voluntarios e nos botaron unha man para que todo saíse o mellor posible.

🤍 E, por suposto, grazas a todas as persoas que vos achegastes á Madanela, pola paciencia, polo respecto ás indicacións e por contribuír a que unha xornada cunha afluencia tan grande transcorrese sen ningunha incidencia.

✨ Tivemos a sorte de estar no lugar e no momento axeitados e de poder vivilo xuntos.

🎂 100 ANOS DE VIDAOnte Dosinda, veciña de Carbia, cumpriu 100 anos e hoxe compartimos un ratiño con ela e coa súa famili...
13/08/2026

🎂 100 ANOS DE VIDA

Onte Dosinda, veciña de Carbia, cumpriu 100 anos e hoxe compartimos un ratiño con ela e coa súa familia.

Se algo transmite Dosinda é gratitude. Agradece cada xesto e cada palabra cun sorriso que non perde en ningún momento. E ao final fomos nós os que marchamos agradecidos por recibirnos con tanto agarimo. 🤍

Moitos parabéns, Dosinda! Que sigas recibindo todo o cariño que das. 🥰🍀

🏊‍♀️ A PISCINA MUNICIPAL REABRE HOXEDespois dos actos vandálicos sufridos, realizáronse os traballos necesarios de limpe...
13/08/2026

🏊‍♀️ A PISCINA MUNICIPAL REABRE HOXE

Despois dos actos vandálicos sufridos, realizáronse os traballos necesarios de limpeza e tratamento da auga, e as instalacións están xa de novo a punto.

☀️ Agardámosvos esta tarde!

⚠️ PECHE TEMPORAL DA PISCINA MUNICIPALNas últimas horas producíronse actos vandálicos nas instalacións da Piscina Munici...
09/08/2026

⚠️ PECHE TEMPORAL DA PISCINA MUNICIPAL

Nas últimas horas producíronse actos vandálicos nas instalacións da Piscina Municipal.

Atopáronse vasos e botellas rotas, cristais no céspede e na zona de praia e, ademais, f***s no interior da piscina.

Ante esta situación, e por motivos de seguridade e saúde pública, a piscina permanecerá pechada ata novo aviso.

Lamentamos que este tipo de comportamentos incívicos prexudiquen a toda a veciñanza.

Informaremos da reapertura tan pronto como sexa posible.

👍👍  O alcalde de Vila de Cruces, Luís Taboada, mantivo esta mañá unha xuntanza institucional na Casa do Concello co dele...
07/08/2026

👍👍 O alcalde de Vila de Cruces, Luís Taboada, mantivo esta mañá unha xuntanza institucional na Casa do Concello co delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Pablo Fernández López

👉👉👉 Ademais de pasar revista a obras executadas nas dependencias municipais, o rexedor solicitoulle ao delegado o apoio da Xunta para acometer sendas peonís nas parroquias de Carbia, Piloño e Sabrexo; así como diversas melloras nas estradas que unen Cruces con Bandeira, Arzúa e Brocos

COMUNICADO DA CONCELLEIRA DE SERVIZOS SOCIAISNestes días o Partido Popular de Vila de Cruces realizou insinuacións moi g...
06/08/2026

COMUNICADO DA CONCELLEIRA DE SERVIZOS SOCIAIS

Nestes días o Partido Popular de Vila de Cruces realizou insinuacións moi graves sobre min, trasladando a idea de que puiden ter algunha responsabilidade no falecemento dunha persoa.

Reflexionei moito sobre se debía escribir estas palabras. Non por falta de argumentos, senón porque traballar en Servizos Sociais implica asumir unha obriga legal e ética: protexer a intimidade das persoas atendidas. Esa confidencialidade impídeme facer públicas as actuacións realizadas, mesmo cando servirían para responder estas acusacións, e sitúame nunha posición na que non podo defenderme do mesmo xeito que se me acusa.

En todo caso, cada chamada, cada visita, cada coordinación, cada intervención e cada recurso ofrecido quedan debidamente rexistrados e documentados. Esa documentación existe e é a que acredita as actuacións realizadas.

Limitarse a facer insinuacións públicas só contribúe a xerar sospeitas e a manchar a reputación das persoas, pero non resolve nin esclarece absolutamente nada. Se o Partido Popular considera que existiu unha actuación irregular, o camiño é a xustiza e non a exposición mediática.

Seguirei traballando coa mesma discreción, co mesmo respecto e coa mesma convicción de sempre.

Noemi Lois Blanco
Concelleira de Servizos Sociais

🎶 Xuntounos Ela, en concerto nos Seráns CulturaisDespois de que a choiva nos obrigase a aprazar o concerto, este luns Ca...
06/08/2026

🎶 Xuntounos Ela, en concerto nos Seráns Culturais

Despois de que a choiva nos obrigase a aprazar o concerto, este luns Carmen, Rosa, Carlos e Iago volverán regalarnos un serán de boa música con Xuntounos Ela, unha formación da casa que sempre está disposta a sumar cada vez que a cultura chama á súa porta.

🗓️ Luns, 10 de agosto
🕗 20:00 h
📍 Praza do Concello

🤍 Desta volta, agardamos que o tempo nos acompañe... e a vós tamén!

Dirección

Juan Carlos I , S/n Vila De Cruces
Las Cruces
36590

Horario de Apertura

Lunes 07:30 - 14:30
Martes 07:30 - 14:30
Miércoles 07:30 - 14:30
Jueves 07:30 - 14:30
Viernes 07:30 - 14:30

Teléfono

+34986582017

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Vila de Cruces publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir