25/01/2026
Hoxe explicámosche que pasou co acordo entre a UE e Mercosur. 🚜🚜🔥🔥
Para comezar: en que consiste este acordo?
O Mercosur, o mercado común do sur, é un bloque económico que integra diversos países de sudamérica como Arxentina, Brasil, Paraguai ou Uruguai entre outros.
O acordo coa UE permitiralles importar produtos agrícolas con aranceis reducidos ou nulos, o cal é problemático.
En primeiro lugar, porque debido, entre outras cousas, a quea lexislación ambiental, laboral e de produción de alimentos é en xeral máis laxa neses países que na UE, producir alí é bastante máis barato. Isto, sumado a que alí predomina a gandeiría intensiva a gran escala, fai de facto imposíbel que o agro galego compita no mercado cos seus produtos.
En segundo lugar, pero non menos importante, está a cuestión do impacto ambiental e a soberanía alimentaria. Esta competencia desleal acabará provocando que unha parte importante dos produtos que se consuman en Galiza sexan producidos a miles de kilómetros de aquí e cuns estándares mediomabientais e de seguridade e calidade alimentaria inferiores aos que teñen os produtores galegos.
Para rematar, que pasou no parlamento europeo?
Despois de 25 anos de negociacións, o 17 de xaneiro asínase o acordo. Mais, vendo o negativo que pode ser este para os produtores e consumidores europeos, o pasado 21 de xaneiro prospera unha iniciativa no parlamento europeo para que a xustiza revise se é compatible cos tratados da UE, o cal paraliza o acordo durante polo menos 1 ano. 😎
Esta iniciativa, obviamente, foi apoiada pola nosa eurodeputada, Ana Miranda. Non foi así por parte dos eurodeputados galegos de PP e PSOE, aínda vendo as terribles consecuencias que terá para o noso país. 😡😡😱😱