21/05/2020
ADOPCION DE MEDIDAS SOCIAIS E ECONÓMICAS EN RELACIÓN Á CRISE DO COVID-19 NO CONCELLO DE MASIDE
En primeiro lugar, queremos amosar dende o PP de Maside as nosas condolencias aos miles de familias españolas que perderon a un ser querido e que non puideron acompañalo nos seus últimos momentos. Para todos eles o noso cariño e comprensión.
Queremos tamén recoñecer o noso apoio e recoñecemento a todos os voluntarios e persoal sanitario, de seguridade pública, de servizos sociais, de abastecemento e subministro de alimentos e produtos sanitarios, en definitiva todos os que están a traballar nos diferentes servizos esenciais, que ca súa labor están facendo fronte aos danos causados polo coronavirus.
As medidas incluídas neste:
ACORDO DOS GRUPOS MUNICIPAIS PSOE – PP DE MASIDE
(AVANZANDO XUNTOS )
Foron aprobadas no Pleno Ordinario do 15 de Maio de 2020 por UNANIMIDADE.
Coa finalidade de:
1. A de procurar garantir a seguridade e a saúde dos nosos veciños e,
2. Contribuír a minimizar o impacto económico e social que esta crise sanitaria esta producindo na economía de moitas familias, autónomos e pemes.
MEDIDAS ADOPTADAS:
• ACTUACIÓNS en SAUDE PÚBLICA
1) Dotar a todo o persoal do Concello dos EPIs necesarios para o desenvolvemento das súas funcións.
2) Reparto entre os veciños de 3.000 mascarillas sanitarias. No caso de ter que priorizar, facelo pola idade (+ de 65, + de 70).
3) Continuar coas tarefas de DESINFECCIÓN DIARIAS nas áreas de moita concorrencia (Centro de saúde, residencias de maiores, locais de alimentación, bancos e farmacia).
4) Contratación inmediata de persoal de reforzo, 2 Operarios para realizar tarefas de DESINFECCIÓN SEMANAL nos núcleos rurais, Limpeza de espazos públicos e axuda a persoas vulnerables.
• EMERXENCIA SOCIAL
1) Reparto de alimentos entre veciños que a consecuencia do COVID quedaran en estado de vulnerabilidade económica.
2) Tramitacións de RISGA e AIS o mais rápido e coa maior eficiencia e rapidez posible.
3) Incremento con novas altas no Servizo de axuda no fogar e no programa de Teleasistencia.
4) Axudas sociais fronte ao COVID da Deputación de Ourense a través dun programa para axudar a persoas en vulnerabilidade económica en concellos de menos de 20.000 habit. A maneira, cubrir unha axuda, validala por un traballador social ou una ONG (Cruz vermella, Cáritas) e che envían ao teu domicilio dunha tarxeta para compra no comercio local no que se van ingresando 100 € mensuais ata un máximo de 300 €.
• REACTIVACIÓN ECONÓMICA (Autónomos, Comercio e Pemes).
(Paliar os gastos acumulados polo peche ou cese de actividade de autónomos e pemes)
1) Supresión (mediante solicitude) do imposto de recollida de lixo a Hostelería, aos autónomos e pemes de Maside (incluídos padrón IAE 2019), Poderanse acoller a esta medida tamén os veciños que polo motivo do Covid-19 se viran afectados no seu emprego o nos seus ingresos familiares.
As solicitudes poderanse presentar telemáticamente na paxina do Concello de Maside (www.concellodemaside.gal), enviando un escrito ao seguinte correo [email protected] ou presentando a instancia no propio Concello.
2) Ampliación do prazo para pago de impostos e taxas municipais o abastecemento de auga e saneamento ata 1 ano despois da alerta sanitaria (2021). Posibilidade de realizar o fraccionamento do IBI e o Imposto de Vehículos.
As solicitudes poderanse presentar telemáticamente na paxina do Concello de Maside (www.concellodemaside.gal), enviando un escrito ao seguinte correo [email protected] ou presentando a instancia no propio Concello.
3) Fomentar o consumo no comercio local.
4) No sector da Hostalería, suprimir a taxa de ocupación da vía pública das terrazas e facilitar a súa ampliación ata un 100% a maiores da superficie actual.
O Concello realizará as tarefas diarias de desinfección das áreas de terraza e fachada de acceso aos locais.
5) Asesoramento fiscal, laboral e financeiro destinado aos particulares, autónomos, comerciantes, pemes ou profesionais que viran a súa economía danada pola crise. Un profesional do Colexio de economistas contactará co solicitante no prazo de 24 horas.
Contacto: - [email protected]
- Wasap número 609130072
- Liña gratuíta 900701326
6) Tramitar na Deputación de Ourense Dúas liñas de axudas directas e específicas:
- unha para autónomos de 600 € de subvención nun pago único,
- e outra para pemes de ata 1.000 € por solicitante.
Autónomos: Concellos de menos de 20.000 habitantes, ser autónomo ou estar no sistema de traballadores por conta propia agraria, dado de alta no IAE, exercer unha actividade económica de carácter empresarial e ter recoñecida a prestación por cese da actividade polo motivo do COVID (RD 8/2020 de 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias).
Pemes: exercer a actividade económica nun concello de menos de 20.000 habitantes, alta no IAE, empresas con menos de 10 traballadores na data do 14 de marzo de 2020, e no 2019 facturación anual inferior a 1 millón de Euros.
7) Tramitación urxente dende o Concello de todo tipo de axudas económicas, ante o Estado, Xunta e Deputación.
GASTOS MEDIDAS COVID-19 PREVISTOS NO
ACORDO PSOE-PP DE MASIDE
MAIS DE 200.000,00 €