Biblioteca Municipal de Mondariz

Biblioteca Municipal de Mondariz Biblioteca Municipal "Xoan Xosé Pérez Labaca" de Mondariz. Horario de atención ao público: L-V, 10:00-12:00 e 16:00-20:00 horas.

09/04/2025
𝐓𝐄𝐀𝐓𝐑𝐎 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐓𝐎𝐃𝐀 𝐀 𝐅𝐀𝐌𝐈𝐋𝐈𝐀!A compañía 𝐋𝐢𝐥𝐚 𝐓𝐞𝐚𝐭𝐫𝐨 ven a Mondariz para presentar "Contos da Caverna", un espectáculo de p...
17/10/2024

𝐓𝐄𝐀𝐓𝐑𝐎 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐓𝐎𝐃𝐀 𝐀 𝐅𝐀𝐌𝐈𝐋𝐈𝐀!

A compañía 𝐋𝐢𝐥𝐚 𝐓𝐞𝐚𝐭𝐫𝐨 ven a Mondariz para presentar "Contos da Caverna", un espectáculo de pequeno formato dirixido a todos os públicos, no que dous avós rechonchos e divertidos enredan con contos que aprenderon de novos. Estes dous amigos se complementan tan ben que son capaces de enfeitizar á xente con xogos de palabras enlazadas.

Se queredes g***r deste espectáculo, vinde o próximo domingo 20 de outubro ás 18.00 horas á Biblioteca Municipal de Mondariz.

Non te perdas a ocasión de g***r dun espectáculo divertido e único!

Esta actividade está incluída no programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas "Ler conta Moito" promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coas entidades locais. Ver menos

Últimos días para anotarse no roteiro guiado "Gargamala, debuxos na natureza. A historioa nas liñas".Se queres inscrirte...
01/10/2024

Últimos días para anotarse no roteiro guiado "Gargamala, debuxos na natureza. A historioa nas liñas".
Se queres inscrirte só tes ata ás 14.00 horas de mañá día 2 de outubro.

PROBA DE ORIENTACIÓN NOCTURNA ORIENTA-TEA EN MONDARIZ.Volve a Proba de Orientación Nocturna máis mítica e lexendaria de ...
01/10/2024

PROBA DE ORIENTACIÓN NOCTURNA ORIENTA-TEA EN MONDARIZ.
Volve a Proba de Orientación Nocturna máis mítica e lexendaria de Mondariz cunha nova edición para este ano 2024.
A novena edición de "ORIENTA-TEA" realizarase o sábado 12 de outubro e o punto de partida será o icónico Carballo de Armada, situado na parroquia de Queimadelos.
Esta actividade realízase en equipos de entre 2 e 6 integrantes e está dirixida a maiores de 16 anos.
O proceso de inscrición xa está aberto en Territorio Comanche, a empresa organizadora, e rematará o 10 de outubro ou ata completar o número máximo de equipos.
Para máis información e inscricións: https://www.territorio-comanche.com/producto/orienta-tea/ ou no teléfono 609 41 43 03

Informamos ás persoas interesadas, que  está aberto o prazo para inscribirse no "𝐑𝐎𝐓𝐄𝐈𝐑𝐎 𝐆𝐀𝐑𝐆𝐀𝐌𝐀𝐋𝐀: 𝐃𝐞𝐛𝐮𝐱𝐨𝐬 𝐧𝐚 𝐧𝐚𝐭𝐮𝐫𝐞𝐳𝐚....
30/09/2024

Informamos ás persoas interesadas, que está aberto o prazo para inscribirse no "𝐑𝐎𝐓𝐄𝐈𝐑𝐎 𝐆𝐀𝐑𝐆𝐀𝐌𝐀𝐋𝐀: 𝐃𝐞𝐛𝐮𝐱𝐨𝐬 𝐧𝐚 𝐧𝐚𝐭𝐮𝐫𝐞𝐳𝐚. 𝐀 𝐡𝐢𝐬𝐭𝐨𝐫𝐢𝐚 𝐧𝐚𝐬 𝐥𝐢ñ𝐚𝐬", que se realizará o sábado 5 de outubro ás 10.00 horas.
Esta actividade é o cuarto dos cinco roteiros incluídos no Programa "CAMIÑAR MONDARIZ" que o Concello de Mondariz vai desenvolver ao longo deste ano 2024 co obxectivo de poñer en valor o noso entorno natural.
A distancia a percorrer será de 8 Kms aproximadamente e cunha dificultade media.
Trátase dunha ruta circular recomendada a persoas a partir dos 8 anos ou acostumadas a camiñar.
Esta actividade é gratuíta e require inscrición previa na Biblioteca Municipal de Mondariz.
As inscricións só poderán facerse desde o día 23 de setembro ata as 14.00h do 2 de outubro ou ata que se esgoten as prazas.
As prazas son limitadas!
Se estás interesado/a en asistir, podes facer a inscrición só da seguinte forma:
1.- A través da sede electrónica do Concello https://mondariz.sedelectronica.gal (formulario inscrición Roteiro Río Furafollas) só para as persoas que teñan DNI ou certificado electrónico, clave móvil, clave pin ou clave permanente.
2.- Ou presencialmente no Rexistro Xeral do Concello en horario de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas no fomulario habilitado para esta actividade, que estará disponible nas oficinas do Concello.
Para máis información podes poñerte en contacto coa Biblioteca Municipal de Mondariz a través do teléfono 986 66 43 33 ou enviando un correo electrónico a [email protected].
𝑶 𝒉𝒐𝒓𝒂𝒓𝒊𝒐 𝒅𝒆 𝒂𝒕𝒆𝒏𝒄𝒊𝒐𝒏 é 𝒅𝒆 𝒍𝒖𝒏𝒔 𝒂 𝒗𝒆𝒏𝒓𝒆𝒔 𝒅𝒆 𝟏𝟎.𝟎𝟎 𝒂 𝟏𝟐.𝟎𝟎𝒉 𝒆 𝒅𝒆 𝟏𝟔.𝟎𝟎 𝒂 𝟐𝟎.𝟎𝟎𝒉.

Este martes día 30 de abril desde o Concello de Mondariz convidámos a todas as persoas interesadas, á presentación da no...
29/04/2024

Este martes día 30 de abril desde o Concello de Mondariz convidámos a todas as persoas interesadas, á presentación da novela "A Cesta de Mazás" do xoven escritor Alexandro Bouzó. (Instagram: )
Alexandro Bouzó é un escritor e psicólogo nado no 2001 en Redondela e criado en Santiago de Oliveira (Ponteareas). "A Cesta de Mazás", a súa segunda novela, aflora durante o 2021. Mais o seu feitío experimenta cambios estruturais a medida que transcorren os meses. Converténdose nunha obra que medra da man do autor, enchoupada dos seus abraios e descubrimentos.
Durante o evento, o autor comentará e revelará detalles da obra e do proceso creativo.
Ademáis do autor os encargados de dirixir a presentación serán Nicolás Filgueiras e Gabriel Cajide.
Agardámosvos mañá martes 30 de abril, ás 20:30 horas na Biblioteca Municipal de Mondariz.

Xa están disponibles desde hoxe e ata o 30 de abril, os postos de doazón de libros na Plaza de Abastos e na Biblioteca M...
23/04/2024

Xa están disponibles desde hoxe e ata o 30 de abril, os postos de doazón de libros na Plaza de Abastos e na Biblioteca Municipal de Mondariz.
Anota estas datas na túa axenda porque podes descubrir historias moi interesantes nestes postos con libros de balde para todas as persoas que se acheguen para compartir cultura e experiencias lectoras.

Hoxe comeza a terceira edición da campaña  , promovida pola Biblioteca Municipal de Mondariz e a Omix Mondariz  para cel...
23/04/2024

Hoxe comeza a terceira edición da campaña , promovida pola Biblioteca Municipal de Mondariz e a Omix Mondariz para celebrar o .
Desde o día 23 e ata o 30 de abril instalaranse postos con libros de segunda man na Praza de Abastos e na Biblioteca Municipal de Mondariz.
Cada persoa poderá escoller un libro e levalo. Haberá libros para persoas adultas e para rapazada.

Dirección

Merouces 18
Mondariz
36870

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Biblioteca Municipal de Mondariz publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Biblioteca Municipal de Mondariz:

Compartir