25/02/2026
📲 𝐘𝐎 𝐂𝐎𝐍𝐄𝐂𝐓𝐎 𝐜𝐡𝐞𝐠𝐚 𝐚 𝐂𝐚𝐫𝐭𝐞𝐥𝐥𝐞!
O Concello de Cartelle colabora nesta actividade formativa de iniciación ao mundo dixital, dirixida a todas aquelas persoas que queiran mellorar as súas habilidades co móbil e coa tecnoloxía.
💻 Curso presencial e de balde
📅 Datas: 2, 4, 9 e 11 de marzo de 2026
🕙 Horario: de 10:00 a 13:00 h
📍 Lugar: Gardería A Galiña Azul (Carretera da Seara s/n, Cartelle)
Durante as sesións traballaranse contidos como:
✔ Iniciación a internet
✔ Administración electrónica e banca dixital
✔ Identidade dixital e redes sociais
✔ Internet seguro e protección de datos
✔ Aplicacións de saúde e lecer
📌 Imprescindible levar:
- Teléfono móbil
- DNI
Unha oportunidade para conectar co teu mundo dixital con acompañamento e certificación.
📣 Se ti queres conectar, anímate e participa!