31/01/2026
🎭 HOXE 31/01/26, DÍA 1 DO II ENCONTRO DE TEATRO AFECCIONADO NO Concello de Vilamarín
🎭 O GRUPO DE TEATRO DE VILAMARÍN representa a comedia "DOROTEA", coa adaptación e a dirección de Eva Tato e Galicia Gutierrez "Gali" a partir da adaptación da peza teatral de Miguel Mihura "La bella Dorotea".
💃🕺 As nosas veciñas e veciños do Concello de Vilamarín volven a escena ca súa obra: Tania Pérez, Maricarmen Gómez, Marilisa Freijedo, Pepita López, Alicia Cortés, Modesto Veiras, Amalia Conde, Pepita Guzmán, Consuelo Pérez, Herminia López, Camila Rodríguez, Cristina Ucha, Floreano Rodríguez, Iván Novoa. Moita m***a!
SINOPSE:
Dorotea é unha muller que vive nun pobo de costa que cada ano énchese de veraneantes. Filla do home máis rico do lugar o seu día a día pasa entre rumores, envexas, mentes conservadoras e veraneantes. O verdadeiro problema chega con Fermín... por culpa deste home fará unha promesa que non pensa romper.
⭐️ Animádevos!!! Ás 19:00 horas no Auditorio do Concello de Vilamarín. Entrada libre ata completar aforo.
Concello de Vilamarín Deputación de Ourense