07/06/2026
🔻🟣 O pobo organizado contra o protocolo
Non acudimos á recepción de autoridades do Corpus porque nos sintamos representados por ese tipo de actos.
De feito, pensamos exactamente o contrario. É un deses actos que representan á perfección unha forma de entender a política de traxes, protocolos, cargos e representación institucional. Favorecendo elitismo que alonxa a clase traballadora dos espazos onde se tecen os fíos do poder.
Pero unha vez máis a veciñanza organizada achegouse ata o lugar para amosar que non lles vai sair barato seguir con esta democracia burguesa que supedita ás maiorías sociais ao interese duns poucos.
Desde Ponteareas en Común entendemos que o noso papel nas institucións non é integrarnos neste tipo de dinámicas nin asumir os seus códigos. Estamos aí para facer exactamente o contrario: levar ás institucións as loitas que nacen fóra delas.
Por iso, cando chegou o momento da fotografía institucional, decidimos participar nela levando a camiseta de . Non para protagonizar a foto, senón para que nela estivese presente quen realmente debería estar. Para que nun acto reservado ás autoridades tamén aparecese a veciñanza organizada. Para que na imaxe oficial do poder tamén quedase reflectido o desacordo dunha parte do pobo.
Porque nós non entendemos a representación política como un privilexio persoal. Entendémola como unha responsabilidade colectiva. Se ocupamos un escano é para poñelo ao servizo das loitas sociais, non para separarnos delas.
Nós non vimos das institucións, vimos do movemento veciñal, do sindicalismo, do activismo social e das persoas que levan anos organizándose para defender os intereses da maioría social. E temos claro que os cambios importantes nunca naceron nos despachos nin nos actos protocolarios. Naceron da capacidade da xente común para organizarse, mobilizarse e confrontar as inxustizas.
Por iso estabamos alí.