Concello de Pontedeume

Llamar Página web Contactar con la organización

Concello de Pontedeume Páxina oficial do Concello de Pontedeume para informar e facilitar a participación das veciñas e veciños do municipio.

O Concello de Pontedeume desexa unha veciñanza informada e participativa, e que mellor forma de facelo que a través desta páxina de facebook. Nela podes seguir e opinar sobre a actualidade da Corporación Municipal e das accións do Goberno Local, e toda a información sobre axudas, subvencións e toda a información de interese sobre o Concello.

Porque as nosas lendas seguen vivas, este Samaín preparámonos para ler, escoitar, descubrir e vivilas xuntos e xuntas. 🧡...
09/10/2026

Porque as nosas lendas seguen vivas, este Samaín preparámonos para ler, escoitar, descubrir e vivilas xuntos e xuntas. 🧡

📌 Vila das Lendas comezará a súa andaina o venres 30 de outubro ás 18h cun percorrido de inauguración polos lugares de Pontedeume ambientados, ademais da apertura da Casa da Cultura como espazo principal das actividades.

Na última fin de semana de outubro, as lendas saen dos libros e toman as rúas de Pontedeume.

Rematan os traballos de recuperación da fonte e do antigo lavadoiro de Ombre ✅👉 Foron financiados por Patrimonio Natural...
09/10/2026

Rematan os traballos de recuperación da fonte e do antigo lavadoiro de Ombre ✅

👉 Foron financiados por Patrimonio Natural a través de fondos europeos, permitindo mellorar tanto a fonte e o lavadoiro como a rampla de acceso.

O obxectivo é poñer en valor un elemento fortemente arraigado no patrimonio e a historia desta parroquia, ligado ás tradicións e á vida cotiá dos veciños e veciñas da mesma durante moitas xeracións.

🔜 Ao longo dos vindeiros días continuarán as labores de limpieza e mellora doutras fontes e lavadoiros do municipio, comezando co de Esteiro.

📸✍️ Foto da sinatura ante notario da compra da casa da familia Prado, que tivo lugar o pasado día 29 de setembro✅ Agora,...
08/10/2026

📸✍️ Foto da sinatura ante notario da compra da casa da familia Prado, que tivo lugar o pasado día 29 de setembro

✅ Agora, o edificio é xa propiedade dos eumeses e eumesas, polo que estamos cada vez máis preto de poder ampliar a Casa do Concello e reorganizar os servizos municipais. Seguiremos informando!

Os Concellos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal unimos forzas ante a situación límite do transporte público 📣Partici...
08/10/2026

Os Concellos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal unimos forzas ante a situación límite do transporte público 📣

Participaron na xuntanza de traballo en Pontedeume, ademais do noso goberno, os de Fene, A Capela, Narón, Monfero, Neda e Valdoviño, e chamamos aos que non puideron asistir a sumarse tamén 💪

👉 Solicitamos a convocatoria da Mesa da Comisión de Seguimento da licitación do transporte co obxectivo de abordar a situación actual, coñecer as explicacións da Administración e reclamar solucións ás deficiencias que se están a producir.

Tamén unha reunión comarcal coa Dirección Xeral de Mobilidade na que estean representados os municipios das comarcas afectadas 🚅🚌

Os acordos adoptados serán trasladados tamén á Plataforma por un Transporte Digno de Ferrolterra e ao Foro Cidadán polo Ferrocarril de Ferrol, Eume e Ortegal, para avanzar nunha resposta coordinada. Tamén queremos implicar aos sindicatos, ao estudantado, a todos os colectivos afectados.

Non descargamos ningunha vía de mobilización, entre elas unha posible folga comarcal polo transporte. Seguimos!

🤾‍♂️🏆 O equipo veterano masculino do Club Balonmán Pontedeume proclamouse campión nas últimas datas do torneo desta cate...
08/10/2026

🤾‍♂️🏆 O equipo veterano masculino do Club Balonmán Pontedeume proclamouse campión nas últimas datas do torneo desta categoría celebrado en Culleredo

👏🏻 Trátase do primeiro título deste novo equipo creado na actual tempada 2026-27. Moitos parabéns!

Facemos un chamamento á veciñanza ante as graves verteduras de residuos detectadas en varios puntos do municipio ⚠️A rec...
07/10/2026

Facemos un chamamento á veciñanza ante as graves verteduras de residuos detectadas en varios puntos do municipio ⚠️

A recollida de enseres domésticos efectúase exclusivamente os primeiros martes de cada mes. Queda totalmente prohibido depositar mobles ou trastos fóra deste calendario ‼️

👉 Ademais, está terminantemente prohibido depositar na vía pública, xunto aos colectores ou no monte residuos tales como cascallos, tubaxes, neumáticos ou restos de obra. A recollida de enseres nunca inclúe estes materiais.

Nos últimos días detectáronse infraccións tales como o depósito de sacos de cascallos na contorna natural, residuos metálicos e tubaxes na rúa e outros restos indevidamente depositados.

Estes feitos constitúen unha infracción grave da lexislación ambiental e das ordenanzas municipais. O Concello tramitará os correspondentes expedientes sancionadores aplicando a multa máxima permitida pola lei autonómica.

Ademais, anúnciase que a Policía Local, en directa colaboración co SEPRONA, intensificará as inspeccións e controis con maior frecuencia e rigor para identificar e sancionar aos infractores.

Os cascallos de obras menores e os neumáticos deben ser trasladados polas persoas que xeran estes refugallos ou os seus xestores autorizados ao Punto Limpo ou xestor homologado. A colaboración veciñal é indispensable para manter un Pontedeume limpo, seguro e respectuoso co contorno natural.

Hai historias que comezan lonxe. E outras que, dalgún xeito, sempre volven a casa. 🪶 Por iso nos fai especial ilusión an...
07/10/2026

Hai historias que comezan lonxe. E outras que, dalgún xeito, sempre volven a casa. 🪶

Por iso nos fai especial ilusión anunciar unha das voces que formarán parte do festival literario Vila das Lendas: Antonio Manuel Fraga, escritor natural de Pontedeume e un dos nomes destacados da literatura infantil, xuvenil e fantástica galega. 📖

Autor de obras como "Querido H.P. Lovecraft" ou "Criaturiña", a súa traxectoria foi recoñecida con premios como o Jules Verne de literatura xuvenil ou o Follas Novas do Libro Galego.

📍 Aquí en Pontedeume, onde comezou a súa propia historia, estará o próximo sábado 31 de outubro ás 20h para falar da novela xuvenil de fantasía.

As lendas sempre estiveron aquí. Agora volvemos contalas.

Últimas prazas nos novos cursos da aula CeMIT ‼️Estás a tempo de apuntarte para mellorar o teu uso do móbil, obter a cer...
07/10/2026

Últimas prazas nos novos cursos da aula CeMIT ‼️

Estás a tempo de apuntarte para mellorar o teu uso do móbil, obter a certificación COMDIX ou aprender a usar novas ferramentas de vídeo, música e intelixencia artificial 📱

👉 Lembra, os cursos son gratuítos, so tes que inscribirte no número 881 939 142, en [email protected] ou en https://buscoformaciononline.com/formacion-aulas-cemit-pontedeume/

Agardámoste!

Lembra que mañá, mércores 7 de outubro, remata o prazo de inscrición nas probas CELGA nos niveis 2, 3 e 4 📣📍 Os exames s...
06/10/2026

Lembra que mañá, mércores 7 de outubro, remata o prazo de inscrición nas probas CELGA nos niveis 2, 3 e 4 📣

📍 Os exames serán en Santiago, Ponferrada e Madrid

As do Celga 4 serán os días 14 e 15 de novembro, as do Celga 3 serán o día 21, e as do Celga 2, o 22 de novembro 🗓️

ℹ️ Máis info en lingua.gal

🗓️ Actividades dos vindeiros días en PontedeumeO venres 9 será a proxección do documental 'Saber Galiza, o Seminario de ...
06/10/2026

🗓️ Actividades dos vindeiros días en Pontedeume

O venres 9 será a proxección do documental 'Saber Galiza, o Seminario de Estudos Galegos' ás 20:00 na Casa da Cultura como parte da programación do Outono das Artes da Deputación da Coruña 🎥

O sábado 10 será a quenda da III Xuntanza de Multilabores no pavillón A Casqueira, a partir das 10:00 con entrada de balde 🪡

Tamén o sábado chegará a última representación do Circuíto Galego de Teatro Amador con 'Nós, a historia de Galicia' de Teatro Antas de Ulla, ás 20:00 e de balde no IES de Breamo 🎭

Dirección

Rúal Real 13
Real
15600

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Teléfono

+34981433054

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Pontedeume publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Pontedeume:

Atajos

Compartir