Concello de Cedeira

Llamar Página web Contactar con la organización
 #𝕊𝔸𝕄𝔸Íℕℂ𝔼𝔻𝔼𝕀ℝ𝔸 📚🎃 Presentación do libro infantil «Migueliño no Samaín: un conto de tradición e memoria» 🍂👻📖✨ Daniel Bus...
27/10/2026

#𝕊𝔸𝕄𝔸Íℕℂ𝔼𝔻𝔼𝕀ℝ𝔸 📚🎃 Presentación do libro infantil «Migueliño no Samaín: un conto de tradición e memoria» 🍂👻

📖✨ Daniel Bustabad presentará o seu segundo libro. Trátase dunha fermosa historia arredor da celebración do Samaín en Cedeira. 🕯️🎃

👵👴💛 A través deste conto, o autor quere dar a coñecer as nosas tradicións e poñer en valor o importante papel dos avós nas nosas vidas, transmitindo lembranzas, historias e saberes de xeración en xeración. 🧡📚🌰

📅 Venres, 30 de outubro
🕖 19.00 h
📍 Biblioteca Pública Municipal de Cedeira «López Cortón» 📚

🍁🎃 Agardámosvos para compartir unha tarde de literatura infantil, tradición e memoria! 👻📖💫

📲 📲 .busta1

🎭
📚 💚

📖 🎃 🧸 👻🍂

 #𝕀𝔾𝕌𝔸𝕃𝔻𝔸𝔻𝔼 🙋‍♀️ O Concello de Cedeira vén de editar un folleto de man para divulgar os recursos de información e atenci...
27/10/2026

#𝕀𝔾𝕌𝔸𝕃𝔻𝔸𝔻𝔼

🙋‍♀️ O Concello de Cedeira vén de editar un folleto de man para divulgar os recursos de información e atención especializada en casos de violencia contra a muller. 🧾 É unha publicación en tamaño reducido, pensado para que se poida levar incluso coa📱 funda do smartphone, na que se detallan números de teléfono, páxinas web e apps de interese ✋ coa mensaxe “non estás soa”.

Imprimíronse 1.000 exemplares do folleto, no que se anima tanto ás vítimas de violencia contra a muller como a calquera persoa que coñeza ou sospeite dunha situación de violencia a acudir a pedir axuda. Entre outros recursos, na publicación están teléfonos de urxencias, dos Centros de Información á Muller de Ortigueira e Ferrol, datos de contacto de servizos 24 horas, como o Centro de Crise de Ferrol e o servizo 016 do Goberno central, así como accesos mediante QR á web da Delegación do Goberno adicada ao tema e tamén á aplicación Alertcorps, das forzas de seguridade, con diversas funcionalidades que son útiles para reforzar a seguridade de calquera muller.

Os folletos, que dobrados miden 7,4x10,4cm, están a disposición do público no Concello de Cedeira, no Centro de Saúde, nos Servizos Sociais, oficinas da Policía Local, no posto da Garda Civil e noutras dependencias e instalacións públicas

 #𝔹𝕆𝕃𝔼𝕋Íℕ𝕄𝔼𝔻𝕀𝕆𝔸𝕄𝔹𝕀𝔼ℕ𝕋𝔸𝕃-𝔸ℝℂ𝔼A Asociación Amigos dos Ríos de Cedeira achega un novo boletín medioambiental no que fala so...
27/10/2026

#𝔹𝕆𝕃𝔼𝕋Íℕ𝕄𝔼𝔻𝕀𝕆𝔸𝕄𝔹𝕀𝔼ℕ𝕋𝔸𝕃-𝔸ℝℂ𝔼

A Asociación Amigos dos Ríos de Cedeira achega un novo boletín medioambiental no que fala sobre o desperdicio alimentario. En España o volume é de case medio quilo por persoa e día!

Cedeira participa no VIII Encontro Ibérico de Orzamentos Participativos!Os días 9 e 10 de novembro, Santiago de Composte...
26/10/2026

Cedeira participa no VIII Encontro Ibérico de Orzamentos Participativos!

Os días 9 e 10 de novembro, Santiago de Compostela será un punto de encontro para compartir experiencias e boas prácticas sobre participación cidadá.
Alí estará Cedeira, compartindo a súa experiencia cos Orzamentos Participativos, que comezaron no curso 2020/2021 e que este ano celebran a súa sétima edición. 💬
Unha oportunidade para compartir, aprender e seguir avanzando nunha forma de facer política na que a mocidade tamén decide.

📍 Santiago de Compostela | 📅 9 e 10 de novembro

ℹ️ Máis información: https://f.mtr.cool/gx93rhgjp5

 #ℕ𝕆𝕍𝔸𝕊ℂ𝔼𝔻𝔼𝕀ℝ𝔸ℹ️ O Consello Reitor de Portos de Galicia vén de aprobar a declaración de innecesaridade da franxa litoral...
26/10/2026

#ℕ𝕆𝕍𝔸𝕊ℂ𝔼𝔻𝔼𝕀ℝ𝔸

ℹ️ O Consello Reitor de Portos de Galicia vén de aprobar a declaración de innecesaridade da franxa litoral do Paseo da Mariña de Cedeira, unha superficie de 4.839m2 que ata o de agora son de titularidade autonómica. Tras o seu paso polo Consello da Xunta, a franxa pasará a mans do Ministerio de Transición Ecolóxica e daquela poderá ser cedida ao Concello de Cedeira. Avanza así unha tramitación que iniciou o Concello de Cedeira no ano 2021, ao solicitar a declaración de innecesariedade dos terreos.

Ainda que os establecementos hostaleiros pagan taxas a Portos, a realidade é que o Concello de Cedeira se fai cargo desde hai anos do coidado e mantemento dos espazos axardinados do Paseo da Mariña. A franxa que se quere pasar a mans municipais abrangue desde a praza da Marieta ata a Ponte Nova e os xardíns que seguen a liña de costa cara ao Camiño Area Longa.

 #𝔸𝕍𝕀𝕊𝕆 ❤️🚌👉 A unidade móbil da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) estará en Cedeira de novo o vindeiro ...
26/10/2026

#𝔸𝕍𝕀𝕊𝕆 ❤️🚌
👉 A unidade móbil da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) estará en Cedeira de novo o vindeiro 5 de novembro, en horario de mañá e de tarde, para recoller doazóns de sangue.

🏥 Cada día os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter a súa actividade.
🔴 3 de cada 10 doentes que reciben compoñentes sanguíneos en Galicia padecen cáncer, leucemia ou linfoma
🔴 3 de cada 10 doentes que reciben compoñentes sanguíneos en Galicia tiveron unha intervención cirúrxica
🔴 3 de cada 10 doentes que reciben compoñentes sanguíneos en Galicia padecen algún tipo de anemia.

❤️ DOA SANGUE ▶️ UN ALENTO DE VIDA PARA AXUDAR A 30.000 DOENTES CADA ANO

 #ℕ𝕆𝕍𝔸𝕊ℂ𝔼𝔻𝔼𝕀ℝ𝔸ℹ️ O Concello de Cedeira publicou o concurso das obras de ampliación e reforma do 🛝 parque infantil de Flo...
26/10/2026

#ℕ𝕆𝕍𝔸𝕊ℂ𝔼𝔻𝔼𝕀ℝ𝔸

ℹ️ O Concello de Cedeira publicou o concurso das obras de ampliación e reforma do 🛝 parque infantil de Floreal, unha actuación cun orzamento de 77.920,06€ (IVE incluído) que se vai financiar integramente a través do programa provincial POS+2026.

↔️ O recinto, nunha praza con moita afluencia de veciñanza, vai pasar dos 124 metros cadrados actuais aos 201 e vai incorporar novos elementos de xogo e aproveitar os actuais.

Máis información 👉 https://f.mtr.cool/smh4xpgzr5

 #𝔸𝕍𝕀𝕊𝕆 ⏰ Mañá 25 de outubro, o último domingo do mes de outubro, toca cambio de hora!!! Ás 03.00 da madrugada serán as ...
24/10/2026

#𝔸𝕍𝕀𝕊𝕆 ⏰ Mañá 25 de outubro, o último domingo do mes de outubro, toca cambio de hora!!! Ás 03.00 da madrugada serán as 02.00h.

Dirección

Calle Real Nº 15
Redondela
15350

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 15:00
Martes 09:00 - 15:00
Miércoles 09:00 - 15:00
Jueves 09:00 - 15:00
Viernes 09:00 - 15:00

Teléfono

+34981480000

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Cedeira publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Cedeira:

Atajos

Compartir