13/06/2026
🤗 convértese hoxe en capital do encaixe de bolillos coa súa Xuntanza de Palilleiras e Multilabores que terá lugar durante toda a xornada no pavillón municipal O Longoiro, en 📍. A cita, organizada pola Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra co apoio do Concello de Valdoviño, celebra unha das súas edicións máis multitudinarias 🔝, coa participación de máis de 450 artesás procedentes de toda Galicia e máis doutras comunidades. Uns rexistros que para o alcalde, Alberto González, confirman que estamos ante un evento consolidado non só no calendario local senón tamén comarcal. 🫱🏻🫲🏼Neste sentido, valorou moi positivamente o traballo da asociación que preside Charo Guerra, e tamén, subliñou o potencial do encontro para a promoción turística da localidade. Así o sinalaba durante a inauguración oficial da cita, que presidía esta mañá ante un concorrido pavillón.
☺️Tras o parón do mediodía, a xuntanza retomarase ás 16:00 h, con actuación de Los Nostálgicos ás 16:30 h 🎙️. As portas están abertas!