Psdeg-psoe Salceda de Caselas

Psdeg-psoe Salceda de Caselas /❤️

Este sábado acompañaremos na súa despedida a Antonio Barros.Un loitador e un referente do socialismo en Salceda.DEP
26/06/2025

Este sábado acompañaremos na súa despedida a Antonio Barros.
Un loitador e un referente do socialismo en Salceda.
DEP

https://www.facebook.com/share/19BePavXwY/
22/06/2025

https://www.facebook.com/share/19BePavXwY/

Lamentan que la dirección pretenda «monitorizarlo todo» y no permitir a los afiliados votar alegando que el municipio es 'crucial» para conseguir la Diputación

Intento de meter con calzador o REC nun Pleno Extraordinario Urxente convocado horas antes da súa celebración por mor du...
08/05/2025

Intento de meter con calzador o REC nun Pleno Extraordinario Urxente convocado horas antes da súa celebración por mor dun erro no convenio de saneamento do Cerquido.

Asi non.. a falta de respecto e humildade é constante. O punto non ten debate ao non ser aprobada a urxencia ata ahí correcto, pero a alcaldesa expón o seu razoamento igualmente e sen deixar expor aos grupos da oposición presentes os motivos de votar non a urxencia..
Resumo: mala xestión dos recursos do concello, mala xestión cos proveedores e falta de respecto ao resto dos grupos da corporación.

❤️

Sesión Extraordinaria Urxente PLN/2025/5 de 8 de maio de 2025.

Seguimos coa mesma actitude de APARENTAR transparencia, lealdade á corporación municipal, só aparentar porque non se res...
07/05/2025

Seguimos coa mesma actitude de APARENTAR transparencia, lealdade á corporación municipal, só aparentar porque non se respecta o traballo da oposición nunca.

"A alcaldesa a través de WhatsApp avisa ao grupo socialista dunha reunión cos clubes deportivos para as 14:00 horas, ata aqui ben, xa que se aprobou en pleno camiñar da man na procura de conseguir un novo pavillón para Salceda, o problema: que o aviso faino na mesma mañá...quería de verdade que asistísemos? ou simplemente poder dicir que avisou pero que non nos interesa se non podemos ir? como saben os concelleiros e concelleiras da oposición teñen obrigas laborais, familiares, persoais... E si mudando unha vez máis a nosa axenda estivemos na xuntanza, na que por certo, presentaron o proxecto que fixera a exalcaldesa Verónica Tourón e o exconcelleiro Rubén González, no 2023 (foto adxunta) pero con reduccións.

Por certo, de paso avisa ao mesmo tempo, é dicir hoxe e tamén por WhatsApp, dun pleno extraordinario urxente mañá, que a estas horas está sen convocar..

En resumo...todo aparentar, pero falan os feitos.

2 de maio de 2025: 146 aniversario da Fundación do PSOE O Partido Socialista Obreiro Español fundarono, na clandestinida...
02/05/2025

2 de maio de 2025: 146 aniversario da Fundación do PSOE

O Partido Socialista Obreiro Español fundarono, na clandestinidade, un grupo de tipógrafos e intelectuais o 2 de maio de 1879 no local do bar-restaurante Casa Labra sito na rúa Tetuán 12, a carón da Porta do Sol, que aínda ten abertas súas portas a día de hoxe.

Somos o partido político en activo máis antigo de España, o segundo de Europa e un dos que ten maior historia no mundo.

Sen o PSOE a realidade contemporánea sería outra, probablemente menos social, humana e xusta, sendo proba da súa valía a permanencia vigorosa das siglas a través do tempo.

É unha honra e un privilexio ser parte de tan gran partido.

Viva o PSOE!!!


Sempre é Primeiro de Maio!
01/05/2025

Sempre é Primeiro de Maio!

Os socialistas de Salceda á espera de que  nos presenten, despois de dous anos, un borrador de orzamentos completo, seri...
25/04/2025

Os socialistas de Salceda á espera de que nos presenten, despois de dous anos, un borrador de orzamentos completo, serio e pensado na veciñanza, por parte do actual goberno de Movemento Salceda, esta é a realidade económica actúal do noso Concello.

Esiximos ao actual goberno municipal, aínda máis se cabe, unha maior responsabilidade para que se tome en serio uns novos orzamentos e para que xestione de maneira axeitada os sempre escasos recursos municipais cos que contamos.

A nosa compañeira Verónica Tourón como alcaldesa e os seus compañeiros de goberno tomaron conciencia da gravidade da situación, aprobando o Plan de Axuste. Polo que amosan os datos económicos públicos, esa conciencia perdeuse nesta nova lexislatura de goberno, tal cómo amosa a gráfica, cunha subida drástica da deuda dende a nosa saída en xuño do 2023.

https://datosmacro.expansion.com/deuda/espana/municipios/galicia/pontevedra/salceda-de-caselas

17/04/2025
A Secretaria Xeral do PSdeG-PSOE de Salceda de Caselas, Verónica Tourón, xunto co Responsable Local do BNG, Tano Guerra,...
10/04/2025

A Secretaria Xeral do PSdeG-PSOE de Salceda de Caselas, Verónica Tourón, xunto co Responsable Local do BNG, Tano Guerra, instan a unha xuntanza á Agrupación de electores MS. Os dous partidos consideran necesario analizar a situación política dous anos despois da investidura.



09/04/2025

Dirección

Salceda
36470

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Psdeg-psoe Salceda de Caselas publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría