Partido Popular de Taboadela

Partido Popular de Taboadela Partido político

❌Últimamente o noso Concello estase vendo envolto en liortas do partido que goberna, e no que os únicos perxudicados son...
21/03/2026

❌Últimamente o noso Concello estase vendo envolto en liortas do partido que goberna, e no que os únicos perxudicados son os nosos veciños e veciñas.
Por iso, pediremos explicacións no próximo pleno ordinario do mes de marzo, porque a veciñanza precisa explicacións xustas e claras!

❌ Reintegro de 48.333,33€ da adquisición do tractor realizada no ano 2023.A pasada semana detectamos na Comisión de Cont...
16/03/2026

❌ Reintegro de 48.333,33€ da adquisición do tractor realizada no ano 2023.

A pasada semana detectamos na Comisión de Contas este erro, ao que haberá que sumarlle as costas do proceso xudicial por non ser victorioso para o noso Concello.

Podes leer a noticia completa en:
👉Ourense XA: https://goo.su/q7oHA
👉Ourense.com: https://www.ourense.com/local/taboadela-pierde-48-333-euros-de-ayuda-para-un-tractor-tras-un-fallo-en-la-tramitacion/?fbclid=IwdGRjcAQlYcpleHRuA2FlbQIxMQBzcnRjBmFwcF9pZAo2NjI4NTY4Mzc5AAEeIRAaE86pBrKen_UxHni7EZbmtA3TiYt0KJRYIpo6awzzQ2dgRAHgOfkPjFE_aem_FIxlaB1oERwp-gfY6G_c-g

Hoxe na Comisión Especial de Contas o goberno municipal aportou a Conta Xeral do ano 2025.Unha conta xeral que reflicte ...
04/03/2026

Hoxe na Comisión Especial de Contas o goberno municipal aportou a Conta Xeral do ano 2025.
Unha conta xeral que reflicte unha grave situación na que o Concello está a gastar máis do que ingresa, o que pode repercutir a largo prazo nun concello endebedado e sen liquidez, polo que é necesario paralizar este modo de traballo.

No ano 2025 gastàronse máis de 200.000€ do remanente de tesouraría, nestes momentos temos 424.668,22€…. Polo que esta forma de gobernar dará para dous anos máis, ¿e despois como van a traballar? ¿Subirán os impostos?

🔷Resumo do pleno ordinario do mes de xaneiro🔷
29/01/2026

🔷Resumo do pleno ordinario do mes de xaneiro🔷

Os compañeiros do Partido Popular de Taboadela desexámosvos unha 🎄FELICES FESTAS🎄Que o amor inunde os noso fogares, a al...
24/12/2025

Os compañeiros do Partido Popular de Taboadela desexámosvos unha 🎄FELICES FESTAS🎄
Que o amor inunde os noso fogares, a alegría as nosas vidas e a saúde os nosos días.
Un agarimoso abrazo a todos e a todas🫂
Bo Nadal❄️🎄🥰

29/11/2025
🗳️PLENO ORDINARIO NOVEMBRO•Aprobación das actas anteriores: coa inclusión de correccións e omisións de información detec...
26/11/2025

🗳️PLENO ORDINARIO NOVEMBRO

•Aprobación das actas anteriores: coa inclusión de correccións e omisións de información detectadas.

•Aprobación das Ordenanza municipal sobre corta de madeira: establece medidas principalmente para empresas madereiras ainda que os particulares deberán informar ao Concello antes de retirar madeira do monte.

•Aprobación da Ordenanza municipal para a taxa de expedición de documentos: coa enmenda proposta de igualar o importe dos certificados catastrais aos demais certificados e eliminar a taxa para a comunicacións previas de obras.

•Aprobación da Conta Xeral: na que se informa, entre outros, dun remanente de tesouraría a 31/12/2024 de 704.515,08€.

•Aprobación do Plan Económico Financieiro: logo de incumplir as regras fiscais.

•Aprobación do Convenio para suministro de auga.

•Aprobación da modificación de crédito para incorporar 209.101,82€ do remanente.

•Aprobación dun complemento especial de dedicación de 200€/mes para unha das administrativas por desenvolver funcións non recollidas no seu posto de traballo. (Aquí recordamos que aprobamos unha RPT en xullo na cal se recollen as función de cada posto e que non foron recollidas seica por olvido….)

•Aceptación de fincas doadas pos particulares.

Novo lugar en Taboadela 🏠Un proxecto que nace no último mandato do Partido Popular e que hoxe cobra sentido. Unha gran i...
04/10/2025

Novo lugar en Taboadela 🏠
Un proxecto que nace no último mandato do Partido Popular e que hoxe cobra sentido.
Unha gran inversión posible grazas á aposta e colaboración da Deputacion de Ourense.
Un novo espazo de encontro, que pronto esperamos ver con actividades!

No día de hoxe, acompañamos a Chus Lorenzana, Conselleira de Economía de Industria, no noso municipio.A visita tivo luga...
05/09/2025

No día de hoxe, acompañamos a Chus Lorenzana, Conselleira de Economía de Industria, no noso municipio.

A visita tivo lugar na Rectoral da Rabeda, onde puidemos observar un proxecto espectacular tanto turístico como gandeiro e que ten un punto clave de partida que é a rehabilitación a base de madeira.

Con este material, trataron de restaurar a rectoral (en proceso) e de construir unha nave adicada a gandaría, pero o proxecto continúa co levantamento de cabañas totalmente en madeira destinadas a aloxamentos turísticos.

De contado que o proxecto é impresionante, noraboa de novo por invertir a xente nova no rural, e ansiosos de ver o resultado final!!!

🔵Resumo Pleno Ordinario do mes de Xullo🔵▶️Aprobacion por unanimidade das actas anteriores, que non foron aprobadas antes...
29/07/2025

🔵Resumo Pleno Ordinario do mes de Xullo🔵

▶️Aprobacion por unanimidade das actas anteriores, que non foron aprobadas antes por falta de rigurosidade e erros materiais.

▶️Aprobación inicial da RPT. Este expediente volve a fase de inicio despois de varios vicios detectados, e con alegacións novamente dos funcionarios municipais, as cales non foron tidas en conta, a excepción do posto de Alguacil que agora si se incorporan na RPT as peticións formuladas.

▶️Levantamento do reparo para pagar a terceira certificacion da Rectoral por inporte de 137.000€.

▶️Modificacion de crédito para facer fronte ao pago do Convenio co Consorcio (copago municipal polos usuarios no centro residencial) e mais para axudas de emerxencia social por inporte de 17.375€.

▶️Recoñecemento extraxudicial de crédito para pago de facturas pendentes.

▶️Adhesión á Rede de Entidades Locais da Axenda 2030. Unha subvención de 7.500€ para realizar un estudo sobre a potencialidade do turismo en Taboadela.

▶️Explotación da cafeteria en Lama de Prado.

▶️Dación de contas de varios decretos como as subvencións recibidas, gastos, periodo medio de pago a proveedores, urbanismo, etc

Onte aprobouse na Xunta Directiva Provincial, por unanimidade, a creación da Xestora de Taboadela, onde a nosa portavoz ...
23/07/2025

Onte aprobouse na Xunta Directiva Provincial, por unanimidade, a creación da Xestora de Taboadela, onde a nosa portavoz desta lexislatura, Noelia Quintana, asumirá o cargo de presidenta.
Esta xestora forma parte das 7 primeiras convocadas no primeiro semestre de ano, xunto cos 17 congresos locais.

Menor quiere renovar la mitad de agrupaciones locales antes de final de año

Dirección

Taboadela
32690

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Partido Popular de Taboadela publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Partido Popular de Taboadela:

Compartir

Categoría