Movemento Veciñal de TOURO

Movemento Veciñal de TOURO Un movemento veciñal que acadou tres concelleiros na primeira vez que se presentou ás eleccións. Cun equipo formado, con seriedade e ilusión.

O presente e futuro dun Touro que loita por salir da apatía e do caciquismo do SR Codesido.

26/03/2026

ORZAMENTO 2026

A palabrería dos Plenos non vale pa nada cando a Documentación Burocrática ten que ser fiel á realidade, as memorias de Alcaldía e os informes de intervención recollen a realidade do orzamento e da xestión que fixo o Movemento Veciñal e que fai o PP.

Lé máis detalles no enlace:

https://pmvdetouro.wordpress.com/2026/03/24/orzamentos-de-2o26/

RESUMO:

O proxecto de orzamentos de 2026, aliméntase das xestións do Movemento Veciñal mentres gobernou.

Polo lado dos ingresos:

¹O único incremento no ingreso corrente é o aportado polos intereses dos depósitos no banco Sabadell que fixo o Movemento Veciñal, e a negociación posterior con Abanca .

²A maiores, 753.850,11 € corresponden ó POS 2025 ó que o "novo goberno" votou en contra, e que o entón Alcalde, Roberto, negociou coa Deputación para que os veciños nonos perderan definitivamente.

³Entre outras, 50.000€ de subvención tramitados polo Movemento Veciñal de Touro para a habilitación de Vivenda Social en Enquerentes.

Polo lado dos gastos:

¹O "novo goberno" prorrogou todolos contratos de xestión dos servizos municipais asinados polo Movemento Veciñal, salvo o de redacción de proxectos e dirección de obras....
Moitos deses contratos non existían ou non se cumprían ó inicio da lexislatura. A xestión do Movemento Veciñal de Touro corrixiu desviacións legais (situacións irregulares ó non existir contratos), mellorou a xestión dos bens e servizos existentes e ademais asumiu novos servizos públicos.

²O orzamento non contempla novas inversións, incorpora as do POS, e outras subvencións como a tramitada polo Movemento Veciñal para vivenda social en Enquerentes, e outras anunciadas polo "novo goberno", algunhas aínda sen outorgar.

³En canto ás subvencións, á marxe do aumento a 700€ para as comisións de festas, mantéñense os aportes feitos polo goberno do Movemento Veciñal de Touro mediante colaboracións e convenios coas asociacións do concello.
Non se recoñecen subvencións ós colectivos ambientais, unha oportunidade perdida.

O orzamento mantén polo tanto unha liña continuista en canto á xestión dos servizos municipais. Aínda así bótanse en falta iniciativas que den continuidade tamén ós traballos que realizamos dende o goberno como a posta en valor do Tramo Histórico do Camiño de Santiago, ou a apertura ó público dos Baños de Brandelos que deixamos restaurados.

En canto a inversión, hai que ter en conta que o "novo goberno" aprobou a finais do ano pasado un suplemento de crédito de 1.100.000€ a maiores, e dos que poderán facer uso para outras inversións este ano como a obra do abastecemento de auga a medida de Cobre San Rafael.

A novidade que aporta o "novo goberno" é a de ter unha maioría absoluta que antes votaba en contra de proxectos beneficiosos para a veciñanza, e agora vota a favor de proxectos beneficiosos para empresas amigas. A historia de sempre dos gobernos do PP.

ONTE CELEBROUSE O PLENO ORDINARIO DE MARZOComo asuntos destacados estes dous:¹Prórroga do contrato do SAF; disque non pu...
17/03/2026

ONTE CELEBROUSE O PLENO ORDINARIO DE MARZO

Como asuntos destacados estes dous:

¹Prórroga do contrato do SAF; disque non puideron facer o estudo de municipalización, que tiveron que 'priorizar' a organización e a "rotación das traballadoras nas casas"; é curioso, porque cando o Movemento Veciñal de Touro levamos a Pleno as condicións do Contrato, as emendas da oposición foron precisamente eliminar, entre outras, a contratación dunha auxiliar de coordinación. Esta cuestión era, xunto coa disposición de medios técnicos para as traballadoras, a principal demanda das propias traballadoras e da representación sindical.

²Proxecto de Orzamento 2026; aínda que o realmente importante dun orzamento é a súa execución, xa é indicativo que presentan un proxecto de orzamentos continuista, e cuxa maior diferencia co orzamento de 2022 é a inclusión entre as previsións iniciais dos rendementos bancarios establecidos polo depósito de fondos municipais no banco Sabadell, a famosa polémica conta xestionada polo noso goberno e que o PP dende a oposición criticou furibundamente e que dende que se estableceu no goberno xa aceptou como beneficiosa para a veciñanza, o que sempre foi.

Falarase máis en detalle tanto do SAF como do orzamento en seguintes publicacións.

Por certo, se ves que a Fonte Diaz, ou os espazos públicos do Concello en xeral están coma o pau do galiñeiro, (como están), non te extrañes para nada; esta é a cuantía adicada a limpeza viaria no orzamento aprobado onte: 290,40 €. En fin, esperamos que neste caso, non cumplan co seu gran proxecto de orzamentos.

Lé con máis detalle no enlace: ⬇️⬇️⬇️
https://pmvdetouro.wordpress.com/2026/03/17/prorrogas-de-contratos-e-orzamento-2026/

A loita pola igualdade e os dereitos é todos os días, e tamén dende as políticas públicas.Dende o goberno, o Movemento V...
09/03/2026

A loita pola igualdade e os dereitos é todos os días, e tamén dende as políticas públicas.

Dende o goberno, o Movemento Veciñal de Touro desenvolvimos políticas públicas que con carácter permanente, buscaron afondar na concienciación, recoñecemento e respecto, así como na promoción da ampliación dos dereitos da muller e da igualdade, e reivindicar o papel histórico das mulleres de Touro e a súa traxectoria, unha inercia que non aproveitou o novo goberno do PP, marcado pola deixadez e a volta ó modelo anterior, que se nota todo o ano, pero que destaca aínda máis en datas coma a de onte, cunha escasa programación.

O feminismo, e a axenda polos dereitos da muller e a erradicación do machismo son un eixo fundamental das políticas públicas en calquera ámbito administrativo, e tamén no ámbito local. Neste sentid…

Que tódolos días sexan 8MPorque cada día é necesario reivindicar a igualdade, condenar as discriminacións e violencias, ...
08/03/2026

Que tódolos días sexan 8M

Porque cada día é necesario reivindicar a igualdade, condenar as discriminacións e violencias, e loitar polos dereitos, tamén dende as políticas públicas.

Por iso, Feliz Día da Muller Traballadora, e Feliz Vida

A LAMENTABLE ESTRATEXIA DO PP COA UTILIZACIÓN DO SAFO PP ten a estratexia en todo Galicia, de que "os concellos agradece...
23/02/2026

A LAMENTABLE ESTRATEXIA DO PP COA UTILIZACIÓN DO SAF

O PP ten a estratexia en todo Galicia, de que "os concellos agradecen a inversión da Xunta no SAF"

Concellos gobernados polo PP coma O Pino, Boqueixón, Rois, Teo, guiadiños polo seu partido na Xunta, préstanse a esta propaganda institucional-partidista, á que agora se suma o Concello de Touro.

Supostamente agradecen "o aumento da inversión da Xunta para afrontar o coste do servicio"

É un insulto para calquera, dado que o aumento da inversión non chega a cubrir o custo do servicio, sendo ese competencia da Xunta, e cuxa financiación mantivo conxelada durante máis dunha decada, supoñendo unha presión económica sobre os Concellos, xa de por sí infrafinanciados para afrontar os custos dos servizos de prestación municipal.

No caso de Touro, venden como un éxito que a Xunta aporte ao Concello 16 euros por cada hora de SAF, cando o concello lle paga 25 euros por esa hora á empresa que presta o servizo

Na práctica o PP tiñalle que agradecer ós concellos afrontar costes e organización, e non sólo a concellos do PP se non a todos.

https://pmvdetouro.wordpress.com/2026/02/23/a-lamentable-estratexia-do-pp-coa-utilizacion-do-saf/

UN ANO PERDIDO, e miles de €uros.No Pleno extraordinario de onte aprobouse a participación do Concello no POS2026.O Plan...
06/02/2026

UN ANO PERDIDO, e miles de €uros.

No Pleno extraordinario de onte aprobouse a participación do Concello no POS2026.

O Plan, seguindo a liña dos complementarios do 2025, aproba parte das obras que o "novo goberno" tumbou cando votou en contra do presentado por nós nestas datas do ano pasado, feito que supuxo na realidade atrasalas obras un ano, non só as que foron propostas, se non todas as que Touro e a veciñanza necesitamos e que se irán aprobando no sucesivo.

É difícil imaxinarse a alguén máis irresponsable tanto á fronte dunha oposición por aqueles tempos de 2025, coma á fronte dun goberno agora.

Lé toda a información no enlace 👇🏻

E centos de miles de €uros. Aprobada a participación de Touro no POS 2026 no Pleno do 5/02/2026 O «novo goberno» de Touro, formado polos mesmos que tumbaron o POS do 2025 porque daquela según decía…

Os recortes que fai o PP de Galicia en sanidade, matan.A "xestión" do PP nos servizos para o rural condenan ós pequenos ...
01/02/2026

Os recortes que fai o PP de Galicia en sanidade, matan.

A "xestión" do PP nos servizos para o rural condenan ós pequenos pobos ó abandono, e ás cidades á sobrepoboación e a un modelo insostible.

En Touro temos razóns abondo para asistir ás convocatorias coma a que hoxe tivo lugar en Santiago, e a reivindicar e defender os servizos no rural.



A situación a día de hoxe no Centro Médico de Touro é esta:

22/01/2026

O CONCELLO DE TOURO PERDE A SUBVENCIÓN PARA REHABILITAR O LOCAL DE PROTECCIÓN CIVIL

O Movemento Veciñal de Touro, dende o goberno, solicitaramos unha subvención de 40.000 € para reformar ese local.

O goberno do Movemento Veciñal de Touro encargamos no seu día a redacción dun proxecto de reforma do "Local de Protección Civil" ubicado xunto á piscina municipal, con ese proxecto solicitamos unha subvención de 40.000 € para a reforma do edificio, que leva anos inutilizable polo seu deterioro.

O 30 de Maio deste 2025, a Dirección Xeral de Administración Local concedeunos a subvención para a reforma do local, fixando o final do prazo para a xustificación da obra o 31 de Outubro.

O 7 de Agosto, logo de todo o procedemento de Contratación, a empresa encargada para executar a obra, aceptou o encargo do Concello.

Logo da Moción de Censura do 12 de Agosto, o novo goberno, en ningún momento se preocupou de que se iniciaran as obras nin de ningún asunto relacionado con ese contrato e coas mesmas obras. Agora coñecemos que o Concello renunciou ós 40.000€ e á reforma do local.

Pese a que no decreto de resolución do Contrato recoñecen o incumprimento por parte da empresa que NON INICIOU as obras, o goberno acorda resolver o contrato «por mutuo acordo», sen imposición de penalidades á empresa.

As penalidades págaas a veciñanza, 40.000€ perdidos e un edificio que seguirá en ruinas outro pouco máis de tempo.

https://pmvdetouro.wordpress.com/2026/01/21/o-concello-de-touro-perde-a-subvencion-para-reformar-o-local-de-proteccion-civil/

O Retrovisor de miras cortasPleno Ordinario do 15/01/2026. Lamentable nivel, pero o que se espera ó fin e ó caboO primei...
16/01/2026

O Retrovisor de miras cortas

Pleno Ordinario do 15/01/2026.
Lamentable nivel, pero o que se espera ó fin e ó cabo

O primeiro punto da Orde do Día foi a resolución do Recurso de Reposición presentado polo noso Grupo Veciñal, ó pago das facturas de auga do ano 2023 con un Reparo de Intervención. Loxicamente o goberno propón a desestimación do noso recurso, non argumentando nada contra o contido do noso Recurso, se non facendo un remexido entre o pago de cisternas, a infraestrura de bombeo, a reparación da piscina e os POS 2025, 2023, e anteriores, e intentando mesturar todo por algunha razón que descoñecemos en realidade pero que sospeitamos… O RECURSO DE REPOSICIÓN PARA O PAGO DAS FACTURAS NON ATRASA EN NADA A TRAMITACIÓN DESES OUTROS ASUNTOS COMO O BOMBEO E A PISCINA, aquí algo cheira.

O Movemento Veciñal de Touro non atrasou a tramitación de ningunhas obras, as reclamacións á modificación de crédito foron resoltas xa no anterior Pleno, desestimadas polo grupo de goberno, e o trámite pode continuar, e continúa, sen máis problema.

O que trataba o noso recurso era a responsabilidade no pago das facturas das cisternas de auga do ano 2023, que dacordo co informe da Asesoría Xurídica da Deputación, emitido no verán de 2025, e atendendo o caso acontecido nese ano, recaería na empresa concesionaria do abastecemento de auga, deso non se debateu. Todo o dito polo goberno aportou 0 ó caso, novamente.

Na parte de Control votáronse favorablemente dúas mocións do BNG:

1. A primeira acerca da disposición ós veciños por parte do Concello de Modelos de Personación cos que responder ó requerimento de emenda da solicitude de recoñecemento da condición de persoa interesada no procedemento da Mina, algo que o noso goberno xa fixera no mes de Xullo ó facilitar nas dependencias municipais e na web os modelos facilitados pola veciñanza e os colectivos ambientais. [https://www.concellodetouro.com/index.php/gl/novas/64-noticias/3129-modelos-para-responder-ao-requerimento-de-personacion-do-expediente-de-tramitacion-do-proxecto-da-mina-de-touro] O novo goberno elaborou un novo modelo que tamén puxo a disposición, un gran aporte de 0 novidades.

2. A segunda, fixaba unha posición de rexeitamento do acordo de libre comercio «Mercosur» que supón unha ameaza ó noso tecido agro-gandeiro e a nosa soberanía alimentaria, así como á seguridade dos alimentos que consumimos, ó permitir a entrada no mercado de produtos con menor seguridade e control relativo ó uso de produtos químicos, entre outros, tanto en hortalizas e legumes como na produción de carnes.

O goberno do PP votou a favor de ambas mocións, pese a que na Xunta de Galicia (competente na materia de minas) é quen, de feito, está amolando á veciñanza con requerimentos continuamente, e na UE (competente na materia de comercio exterior) votaron a favor do Tratado do Mercosur, algún dos dous PPs nos está enganando, cual será?

No turno de rogos e preguntas, solicitámoslle ó concello que non se persone na denuncia e procedemento xudicial coa instrución máis avanzada contra os feitos acontecidos na mina de Touro, para a que a fiscalía xa solicitou a apertura de xuízo oral e inhabilitación de altos cargos da empresa, e na que o Concello, se é parte de algo, é dos acusados.

Tamén alertamos da situación delicada dunha contratación de persoal que non está atendendo as funcións para as que foi contratado, e que pode derivar na perda doutra subvención. (O goberno do PP xa perdeu 30.000€ por non ter desbrozado o programado para o 15 de Outubro, outros 40.000€ por non executar a obra no Local de Protección Civil, que está en ruinas, e tamén arredor de 10.000€ por non executar en prazo a obra do saneamento na aldea da Quintá). Pouca cousa, excelente xestión.

Relativo a esa última obra do Saneamento na aldea da Quintá preguntamos se o Concello vai aplicar as penalidades á empresa contratista por non executar a obra e derivar na perda desa subvención, pero polo dito, non.

O PP dí que non lle gusta gobernar co retrovisor, pero pasou todo o Pleno culpando ó noso goberno de dous anos, de tódolos males do Concello.

Nós cremos que o retrovisor que non lle gusta mirar é o retrovisor amplo de dentro do coche, que permite ver por detrás ó lonxe. Prefiren mirar o pequeno da esquerda e culpar de todolos males do Concello ó goberno de 2 anos do Movemento Veciñal de Touro (que se algo fixo foi poñer en camiño a solución a algúns dos máis graves problemas do Concello), que ver os 30 anos anteriores de goberno do seu propio partido, o PP, e que derivaron nas carencias estruturais e vicios empresariais que hai hoxe.

https://pmvdetouro.wordpress.com/2026/01/16/o-retrovisor-de-miras-cortas/

Web Concello de Touro

08/01/2026

Estudastes xa o proxecto de mellora do bombeo do Lañas?

O Concello de Touro finalmente colgou o texto íntegro da 5ª «revisión» do "proxecto de mellora da captación […]".

Hai que destacar que o feito de «publicar» o texto non abre un trámite administrativo de exposición pública que dé ós veciños dereito a presentar reclamacións.
O Concello negouse a expoñer o proxecto no trámite de exposición pública mediante o que se aprobou a súa financiación, co que negou o dereito de presentar reclamacións formais ó proxecto, reclamacións que formaran parte do expediente administrativo do mesmo e establecera dereitos formais á veciñanza.

Publicar un pdf non abre prazo de reclamacións formais, aínda que si que está ben para que a veciñanza teña a información.

Logo de que as versións previas demostraran ás claras o que é este proxecto, o Concello veuse obrigado a enmendalo, para o que elaboraron esta úlima versión, xunto á empresa concesionaria do abastecemento.

O proxecto non cambia en nada, o que modificaron foi a xustificación da obra (Anexo 10, pax. 257) para presentala como necesaria. Esta última versión só obedece a ese fin.

Coa realización deste proxecto o novo goberno do PP, aliñado cos intereses empresariais da concesionaria do abastecemento e da mineira, só pretende facilitar a tramitación do Proxecto Mineiro, ó facilitarlle con diñeiro público dos veciños unha solución a un dos máis graves problemas que afronta na súa tramitación ambiental.

Para o noso grupo, esta xustificación presentada agora, cos datos que contén, non xustifica a necesidade de invertir máis de 630.000 € nesta infraestrutura, e a inversión só responde a eses intereses privados.

Máis ben, os datos contidos no Proxecto deixan ás claras que os problemas de suministro deste verán foron fabricados pola concesionaria para xustificar unha inversión que lle beneficia economicamente a eles e os seus socios de Cobre San Rafael.

Animamos a descargalo proxecto da web do Concello, gardade os datos.

Descarga o proxecto aquí:

2025 foi o ano que puxo fin ó primeiro goberno de Touro cun modelo alternativo ó do PP en décadas. Un modelo que demostr...
02/01/2026

2025 foi o ano que puxo fin ó primeiro goberno de Touro cun modelo alternativo ó do PP en décadas. Un modelo que demostrou en escasos dous anos as vantaxes dunha mellor xestión e da ruptura con vellas prácticas.

2025 rematou coa Xunta de Goberno do PP levantando outro reparo de intervención para pagar outros 32.695,24 € de facturas de auga sen os trámites de fiscalización e control previos, é decir o que Reboredo denomina «a práctica habitual» do PP.

2026 será un ano de traballo para o desenvolvemento do Partido Veciñal co que volver disputar o Concello para a xente.

De parte de todolos membros do Movemento Veciñal de Touro, bo 2026.

Rematou o 2025, e no referido á política municipal pode resumirse como o ano da moción de censura contra o mellor goberno que tivo o Concello de Touro. A moción de censura fabricouse, a grandes tra…

A obra do bombeo da auga VA PPALANTEO Pleno desbota as reclamacións presentadas por varios veciños e colectivos, e as do...
24/12/2025

A obra do bombeo da auga VA PPALANTE

O Pleno desbota as reclamacións presentadas por varios veciños e colectivos, e as do noso grupo.
Argumentan o seu voto en dous aspectos das nosas reclamacións e ignoran os cinco aspectos restantes ós que non nos contestan.

Non pasa nada, o Movemento Veciñal sabemos cantos somos no Pleno, e tamén sabemos cantos son eles.

Igual ca sabemos os motivos reais polos que o PP quere levar a cabo esa obra.

De momento os nosos "bulos" fixéronos cambiar de versión da xustificación de necesidades CINCO veces. Esperamos aínda algunha outra máis, ata que lle dean os números.

O Pleno aprobou por unanimidade a adecuación da antiga escola das goritas para vivenda social.

Esta proposta, xunto á aprobada polo noso goberno para rehabilitar a vivenda social de Enquerentes con unha subvención xa concedida no noso mandato para o 2026, supón a recuperación de patrimonio municipal e o seu emprego para usos sociais, co que celebramos a liña continuista do novo goberno a este respecto.

Dirección

Touro
15822

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Movemento Veciñal de TOURO publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Movemento Veciñal de TOURO:

Compartir