A Biblio da Toña

A Biblio da Toña Páxina oficial da Biblioteca do CEIP Rodolfo Núñez Rodríguez (Vilardevós, Ourense).

💛🧡💜Club lectura adultos💜🧡💛Xa temos nova lectura para o club de lectura de adultos… e será a última deste curso 💜Nesta oc...
25/05/2026

💛🧡💜Club lectura adultos💜🧡💛

Xa temos nova lectura para o club de lectura de adultos… e será a última deste curso 💜

Nesta ocasión mergullarémonos en *“Mulleres que viven xuntas”* de Abril Camino, Premio Xerais de Novela 2025 📖✨

A reunión será o mércores 17 de xuño ás 17:00h na biblio da Toña e, ademais, teremos a sorte de contar coa propia autora 💬

Un encontro moi especial para compartir lecturas, impresións e conversacións arredor desta obra.

Agardámosvos na biblio! 🌸📚

Ceip Rodolfo Núñez Vilardevós

🧡💛💜 Obradoiro de poesía 💜💛🧡Este xoves celebraremos unha actividade moi especial da man da  .Con motivo da reapertura da ...
12/05/2026

🧡💛💜 Obradoiro de poesía 💜💛🧡

Este xoves celebraremos unha actividade moi especial da man da .

Con motivo da reapertura da nosa biblioteca, gozaremos dunha xornada chea de poesía, plabaras e emocións para seguir facendo da biblio un espazo vivo, creativo e aberto a toda a comunidade🌸📖

Estamos desexando compartir este momento tan especial convosco!

Vémonos o xoves, nA Biblio da Toña✨

Ceip Rodolfo Núñez Vilardevós

💜💛🧡 Club de lectura adultos 🧡💛💜O próximo luns 18 de maio ás 18:00h temos unha nova cita do club de lectura de adultos na...
11/05/2026

💜💛🧡 Club de lectura adultos 🧡💛💜

O próximo luns 18 de maio ás 18:00h temos unha nova cita do club de lectura de adultos na Biblio da Toña 💜

Nesta ocasión compartiremos impresións sobre “A dama de Anboto” e, ademais, contaremos cun momento moi especial… 💻✨

Teremos conexión por videochamada co autor, Roberto Lopez Cagiao, unha oportunidade única para conversar con el e coñecer máis sobre a obra!

Agardámosvos na biblio 📖

Ceip Rodolfo Núñez Vilardevós

🧡💛💜 Novidades maio 💜💛🧡Xa están aquí as novidades deste mes de maio… e veñen con moita forza! 💥Este mes apostamos polo có...
05/05/2026

🧡💛💜 Novidades maio 💜💛🧡

Xa están aquí as novidades deste mes de maio… e veñen con moita forza! 💥

Este mes apostamos polo cómic a tope 🦸‍♀️📖, ampliando a nosa colección con novas historias cheas de aventura, humor e imaxinación.

Ademais, seguimos moi presentes coa obra de Begoña Caamaño, homenaxeada nas Letras Galegas deste ano 💙, para continuar descubrindo e gozando da súa escrita.

Animádevos a pasar pola biblio, botarlles unha ollada e levar unha nova lectura para casa! ✨📚

Ceip Rodolfo Núñez Vilardevós

🧡💛💜BookFace💜💛🧡O alumnado de 4º, 5º e 6º participou no concurso de Bookface da Furgoteca… e estes son os resultados! 👏📸Cr...
29/04/2026

🧡💛💜BookFace💜💛🧡

O alumnado de 4º, 5º e 6º participou no concurso de Bookface da Furgoteca… e estes son os resultados! 👏📸

Creatividade, imaxinación e moitas ganas de pasalo ben foron os ingredientes protagonistas destas propostas tan orixinais 💡💜

Agora toca cruzar os dedos 🤞 e agardar… a ver se temos sorte e chega algún premio!

Parabéns a todo o alumnado participante polo gran traballo! 📚✨

Ceip Rodolfo Núñez Vilardevós

27/04/2026

💜💛🧡Semana do libro 2026🧡💛💜

Compartimos con vós o vídeo recopilatorio de todas as actividades que vivimos ao longo desta semana tan especial 💫

Nel poderedes ver algúns dos momentos máis bonitos:
👨‍👩‍👧 Lecturas compartidas polas familias
🔖 Intercambio de marcapáxinas
🔄 O noso querido trocalibros
🎭 E unha gran obra de teatro

Grazas a todas as persoas que participaron e fixeron posible unha semana chea de historias, emocións e aprendizaxes 📖💜

Dádelle ao play e revivide connosco estes días tan especiais! ✨

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprodolfonunhez/node/493

Ceip Rodolfo Núñez Vilardevós

💜💛🧡 23 de abril. Día do libro 💜💛🧡A elección desta data non é casual: conmemora a coincidencia do falecemento de grandes ...
23/04/2026

💜💛🧡 23 de abril. Día do libro 💜💛🧡

A elección desta data non é casual: conmemora a coincidencia do falecemento de grandes figuras da literatura universal como Cervantes e Shakespeare no ano 1616. Un día para lembrar o valor das palabras, das historias e da lectura como portas abertas á imaxinación, ao coñecemento e á empatía.

Desde a nosa biblioteca escolar queremos sumarnos a esta celebración compartindo convosco un texto elaborado pola Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia, da man da escritora e xestora cultural Eva Mejuto, ben coñecida polo lectorado infantil e xuvenil galego e recoñecida co Premio dos Clubs de Lectura 2021.

Agardamos que o desfrutedes tanto como nós e que este día sirva para seguir enchendo as vosas vidas de libros e aventuras 📖💫

Feliz Día do Libro!

Ceip Rodolfo Núñez Vilardevós

💛🧡💜Semana do libro - Día 3💜🧡💛Continuamos coa nosa Semana do Libro sumando momentos fermosos arredor da lectura 💫Nesta oc...
22/04/2026

💛🧡💜Semana do libro - Día 3💜🧡💛

Continuamos coa nosa Semana do Libro sumando momentos fermosos arredor da lectura 💫

Nesta ocasión, tivemos o pracer de recibir na biblio da Toña á mamá de Mara, que veu compartir con nós o libro “Adiós problemas, hola tranquilidad” 📖🧘‍♀️

Foi unha lectura moi especial que nos axudou a parar, escoitar e conectar coa calma, algo tan importante no noso día a día 💙

Moitas grazas por vir e por regalarnos este anaco de tranquilidade! 📚✨

Ceip Rodolfo Núñez Vilardevós

💛🧡💜 Semana do libro - Día 2 💜🧡💛Seguimos celebrando a nosa Semana do Libro con momentos moi especiais ✨Hoxe tivemos a sor...
21/04/2026

💛🧡💜 Semana do libro - Día 2 💜🧡💛

Seguimos celebrando a nosa Semana do Libro con momentos moi especiais ✨

Hoxe tivemos a sorte de contar coa visita de Andrea, a mamá de Aldara, que veu á biblio a compartir con nós un conto precioso: “Maruchi e o gancho” 📖💫

Gozamos moitísimo da historia e do tempo compartido, facendo da lectura unha experiencia aínda máis especial grazas á participación das familias 💜

Moitas grazas, Andrea, por acompañarnos e por achegarnos á maxia dos libros! 📚✨

Ceip Rodolfo Núñez Vilardevós

💛🧡💜Semana do libro 2026💜🧡💛Hoxe, luns, comezamos con moita ilusión as actividades da Semana do Libro na biblioteca do col...
20/04/2026

💛🧡💜Semana do libro 2026💜🧡💛

Hoxe, luns, comezamos con moita ilusión as actividades da Semana do Libro na biblioteca do cole. Durante estes días gozaremos de contos, recomendacións lectoras, representacións e moitas sorpresas arredor dos libros 📖💫

Bo comezo de semana lectora! 💙

Ceip Rodolfo Núñez Vilardevós

Dirección

Vilardevós (Ourense)
Vilardevós

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando A Biblio da Toña publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría