21/08/2026
Tras un longo proceso de tramitación, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de , Ángel Alvariño, asinaban esta mañá o convenio de colaboración para a reposición da pasarela sobre o Belelle na zona dos Subarreiros 🤝. As dúas administracións investirán preto de 200.000 euros (o ente provincial achegará o 80 %) na construción desta nova ponte peonil e na mellora da rede de pasarelas próxima🚶🚶♀.
👉O deseño orixinal substituirase por unha liña máis resistente de perfís metálicos. E sobre esta base instalarase unha tarima rañurada de madeira de alta durabilidade e unha varanda perimetral. O proxecto inclúe ademais a renovación e revisión integral de cinco tramos da senda peonil que discorre pola zona de xunqueira próxima sobre pilotes de madeira✅.