BNG da Baña

BNG da Baña Páxina da Asemblea local do Bloque Nacionalista Galego da Baña.

Hoxe celebrouse o III Xantar Veciñal, que coma os dous anteriores busca ser unha festa interxeracional, aberta a todas i...
07/06/2026

Hoxe celebrouse o III Xantar Veciñal, que coma os dous anteriores busca ser unha festa interxeracional, aberta a todas idades.

Cunha asistencia de máis 500 persoas, estamos a conseguir que cada ano sexa máis a xente que participa nesta xornada de convivencia.

Grazas!!!

Paz e Soberanía ✊️
30/05/2026

Paz e Soberanía ✊️

Seguindo a tradición, neste Día da Letras galegas tivo lugar a entrega do V premio Daniel García Ramos, que nesta ocasió...
17/05/2026

Seguindo a tradición, neste Día da Letras galegas tivo lugar a entrega do V premio Daniel García Ramos, que nesta ocasión foi concedido ao Club de lectura Ars Lelegendi.
A concelleira Mónica González conduciu o acto e fixo entrega do premio a este colectivo que leva anos cunha incesante labor a prol da lectura de obras en galego.
Así mesmo fixo fincapé na figura de Begoña Caamaño, homenaxeada neste 2026 polas Letras Galegas, e destacou que foi “unha autora comprometida coa lingua, coa igualdade e coa defensa dunha cultura crítica e transformadora”, e que “a súa obra e a súa traxectoria deixáronnos un exemplo de literatura feita desde a conciencia social, desde a reivindicación do papel das mulleres e desde un profundo amor por Galicia e pola nosa lingua”
O acto contou coas actuacións das Pandereteiras da Baña e a Maga Fani.

Moitos parabéns polo merecido galardón e polo estupendo labor deste club a favor da nosa cultura e da nosa lingua. 👏👏👏

Adiante pola defensa da nosa lingua!
16/05/2026

Adiante pola defensa da nosa lingua!

📢 Este domingo 17 de maio, todas e todos mobilicémonos en Compostela polo noso idioma!
· Alameda, Santiago
· 12:00 h

Seguimos no camiño de recuperar as tradicións máis típicas da nosa Terra.Por segundo ano consecutivo, impulsamos a festa...
10/05/2026

Seguimos no camiño de recuperar as tradicións máis típicas da nosa Terra.
Por segundo ano consecutivo, impulsamos a festa popular máis tradicional desta época do ano.
Coa axuda e colaboración de todas aquelas persoas que se quixeron achegar a esta actividade, confeccionouse o Maio.
A xornada remata co mestre de cerimonias, o grande Oli Xiráldez, improvisando algunhas rimas satíricas que foron cantadas tamén por todas as persoas que participaron nesta xornada.

O povo é quem mais ordena!25 de abril, SEMPRE! ✊
25/04/2026

O povo é quem mais ordena!
25 de abril, SEMPRE! ✊

Esta mañá, a nosa concelleira Mónica González mantivo unha moi proveitosa reunión co Vicepresidente da Deputación Xose R...
24/04/2026

Esta mañá, a nosa concelleira Mónica González mantivo unha moi proveitosa reunión co Vicepresidente da Deputación Xose Regueira , na cal se abordaron posíbeis liñas de colaboración en varios asuntos xestionados dende a Concellería de Acción Social, Cultural e Servizos á cidadanía.

Destacamos a comprensión por parte do Vicepresidente dos retos que debemos asumir, así como o seu amplo coñecemento das problemáticas dun concello como A Baña, todo o cal facilita o entendemento e acordo de cara a impulsar diversas actividades que queremos desenvolver dende a nosa acción de goberno.

50 anos dun fito histórico que segue a ser descoñecido por boa parte do povo galego, pero que foi básico para a evolució...
18/04/2026

50 anos dun fito histórico que segue a ser descoñecido por boa parte do povo galego, pero que foi básico para a evolución e consolidación do nacionalismo galego.
Máis tamén foi fundamental para que Galiza non quedase excluída de ter un mínimo de autogoberno.
Este autogoberno, marco actual que seguimos a non aceptar dende o BNG, e respecto do cal seguimos a loitar por sobrepasar día a día.
Sirvan esas bases para propoñer un novo estatus político para a Galiza presente e futura.

Décima edición da Xornada do Rural Avelino Pousa Antelo, organizada pola Afonso Eanes Un ano máis seguen a ofrecer pales...
14/03/2026

Décima edición da Xornada do Rural Avelino Pousa Antelo, organizada pola Afonso Eanes

Un ano máis seguen a ofrecer palestras e mesas redondas sobre temas de máxima relevancia para o rural e para a nosa comarca.

Parabéns á directiva por continuar as actividades e seguir o traballo das xeracións anteriores, e facer posíbel os 50 anos de vida desta asociación.

Unha petición que debe ser atendida pola sanidade pública canto antes para salvar a moitas mulleres.Todo o nos apoio á n...
11/03/2026

Unha petición que debe ser atendida pola sanidade pública canto antes para salvar a moitas mulleres.

Todo o nos apoio á nosa veciña.

María Varela, xunto con outras tres mulleres, reclama que se adiante a idade de inicio das mamografías aos 40 anos, co obxectivo de facilitar a prevención e a cura desta enfermidade.

María Varela, xunto con outras tres mulleres, reclama que se adiante a idade de inicio das mamografías aos 40 anos en todo o Estado español, co obxectivo ...

Dirección

A Baña
A Baña
15863

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando BNG da Baña publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir