21/08/2026
‼️O Goberno de España declara Lugar de Memoria Democrática as Illas de San Simón e Santo Antón, na provincia de Pontevedra
👉🏻Consolídanse así como patrimonio público e como espazos para o coñecemento, a reflexión e a transmisión da memoria democrática ás xeracións presentes e futuras.
🗣️O delegado do Goberno, Pedro Blanco, valora esta declaración como “un acto de xustiza por parte do Goberno de España coas persoas que sufriron prisión, torturas e morte, coas familias que durante décadas padeceron o silencio e con toda Galicia, que avanza, así, no camiño da verdade, a reparación e a dignidade democrática”.
➡️ A declaración establece que calquera uso deberá ser compatible coa preservación da memoria, coa defensa dos dereitos humanos, o recoñecemento e a reparación moral das vítimas e a defensa dos principios de xustiza, verdade e reparación.
➡️ Tamén establece que a Administración Xeral do Estado impulsará recursos audiovisuais e dixitais explicativos e promoverá a instalación de placas, paneis ou distintivos memoriales interpretativos.
➡️ Contempla a sinalización de puntos de recoñecemento das vítimas e a incorporación dunha ficha do lugar, con fotografías e audiovisuais, ao Portal web da Secretaría de Estado de Memoria Democrática.
➡️ Esta declaración súmase á resolución que declarou defitivamente o Pazo de Meirás como Lugar de Memoria o pasado venres.