Concello de San Sadurniño

A atención deportiva de San Sadurniño estará fixada este domingo en dúas citas:🚵‍♂️🏃‍♀️🚶‍➡️ Ao longo da mañá desenvolver...
12/06/2026

A atención deportiva de San Sadurniño estará fixada este domingo en dúas citas:

🚵‍♂️🏃‍♀️🚶‍➡️ Ao longo da mañá desenvolverase a xornada "Entre corredoiras, toxos e xestas", que simultanea a 5ª BTT, o 3º Trail de montaña e unha Andaina ambiental e xeolóxica guiada por Fran Canosa.

Entre as tres, que irán saíndo desde A Cortiña a partir das 8:30h, haberá cerca de 300 persoas percorrendo os sendeiros de San Sadurniño, Naraío, Igrexafeita, Ferreira, Lamas e incluso parte das Somozas e Moeche. Na web de Biela E Chaveta tedes os mapas cos trazados por se queredes saber por onde van pasar.

⚽️ E pola tarde, o C.F San Sadurniño viaxa a Negreira para xogar ás 18:00h o partido de ida contra o Agrón-Barcala, dentro da segunda e definitiva fase dos playoff de ascenso a Primeira Futgal. Desexámoslle toda a sorte tanto neste partido histórico coma no que desputará a semana que vén.

💪Forza Sansa!!!🟠

E aquí as fotos prometidas da viaxe que fixemos hoxe a Quiroga e ao Xeoparque Montañas do Courel cos grupos de ximnasia ...
12/06/2026

E aquí as fotos prometidas da viaxe que fixemos hoxe a Quiroga e ao Xeoparque Montañas do Courel cos grupos de ximnasia de mantemento. En nada volvemos para a casa.

Xeoparque Cabo Ortegal Deputación da Coruña

51 persoas dos grupos de ximnasia de mantemento están hoxe no Courel coñecendo o que foi no seu día o primeiro xeoparque...
12/06/2026

51 persoas dos grupos de ximnasia de mantemento están hoxe no Courel coñecendo o que foi no seu día o primeiro xeoparque de Galicia.

Un total de 51 integrantes dos grupos de ximnasia de mantemento para persoas maiores andan hoxe de excursión pola montaña luguesa. Participan na viaxe de fin do curso organizada polo Concello de San Sadurniño para percorrer os puntos máis destacados do Xeoparque Montañas do Courel. A expedició...

Onte rematamos en San Sadurniño a rolda de camiñadas parroquiais deste ano. Empezamos unha volta nos xardíns municipais,...
12/06/2026

Onte rematamos en San Sadurniño a rolda de camiñadas parroquiais deste ano. Empezamos unha volta nos xardíns municipais, logo subimos ao claustro do Rosario -onde aínda está a alfombra floral do Corpus-, subimos até a capela de Belén e despois achegámonos á da Portela, desde onde xa encaramos a recta final cara ao paseo fluvial. Rematamos cunha merenda no mesonagranxa que, ademais, estivo animada polo grupo de cantos de taberna.

Vanvos aí algunhas fotiños da xornada, e tamén do percorrido que fixemos hai uns días por Naraío.
Hoxe andamos pola montaña luguesa visitando o Xeoparque Montañas do Courel. Despois tamén habemos subir algunhas imaxes.

Deputación da Coruña Xeoparque Cabo Ortegal

🌞A piscina abrirá oficialmente ao público o luns 22 de xuño, aínda que na fin de semana anterior, do 19 ao 21, xa vai po...
11/06/2026

🌞A piscina abrirá oficialmente ao público o luns 22 de xuño, aínda que na fin de semana anterior, do 19 ao 21, xa vai poder g***r dela a rapazada que participe no XX Torneo de Fútbol8 organizado polo C.F San Sadurniño.

🏊Os cursos de natación arrancarán na primeira semana de xullo. Tanto a participación nestes cursos como os abonos de temporada para baños hai que solicitalos na Casa da Cultura ou a través da Sede Electrónica.

Este ano tamén se verá se hai demanda abonda para poñer en marcha unha actividade de ximnasia na auga, como continuación das aulas de ximnasia de mantemento para persoas maiores que se ofrecen nas parroquias.

Deputación da Coruña Xeoparque Cabo Ortegal

A piscina municipal de San Sadurniño vai abrir ao público o luns 22 de xuño e, como ocorre todos os anos, o departamento de Deportes ten xa aberto o prazo para solicitar os abonos individuais e familiares de temporada, xunto co período para preinscribirse nos cursos de natación. As instancias -...

🚶‍♀️🚶O programa de andainas parroquiais remata hoxe en San Sadurniño cun percorrido de dificultade baixa que se completa...
11/06/2026

🚶‍♀️🚶O programa de andainas parroquiais remata hoxe en San Sadurniño cun percorrido de dificultade baixa que se completará en arredor de hora e media.

Non fai falla anotarse, abonda con estar diante da Casa do Concello a iso das 16:00h.

As inscricións na BTT e no Trail permanecerán abertas até as 22:00h de hoxe. Para a Andaina guiada por Fran Canosa xa no...
10/06/2026

As inscricións na BTT e no Trail permanecerán abertas até as 22:00h de hoxe. Para a Andaina guiada por Fran Canosa xa non quedan prazas.

Agárdanos un domingo ben cumprido de actividades, natureza e, en definitiva, de festa do deporte ao aire libre... ah, e disque tamén de calor.

Xeoparque Cabo Ortegal Deputación da Coruña Biela E Chaveta

A quinta edición da BTT Concello de San Sadurniño, o terceiro Trail de Montaña e a andaina ambiental e xeolóxica guiada por Francisco Canosa darán forma este domingo 14 de xuño á xornada "Entre corredoiras, toxos e xestas", unha cita non competitiva que leva trazas de consolidarse como refere...

09/06/2026

Por se aínda hai alguén que non se atreve coa curta!!! Mañá día 10, ás 22:00 horas remata o prazo! (Ligazón máis abaixo)

Facemos saber que no avituallamento do Castelo, na metade do recorrido, habilitase unha “variante suave” para quen non teña o ánimo de subir a costiña ata As Nabeiras (conste que a baixada de despois paga moito a pena...).

Queremos que a mañá do domingo sexa unha mañá de disfrute, para ir ao teu ritmo, sen obrigación de presas, disfrutando dos lugares fermosos polos que vas pasar.

E queremos que vaias coa seguridade de que a organización vai mirar para que tod@s s participantes cheguen de volta a Sansa cun sorriso na boca!!!

Inscricións aquí: https://fgalegaciclismo.es/index.php/smartweb/inscripciones/prueba/33697-5-BTT-CONCELLO-DE-SANSADURNINO-

Organiza e

Dirección

Lugar Do Casal 16
A Coruña
15560

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 14:30
Martes 08:30 - 14:30
Miércoles 08:30 - 14:30
Jueves 08:30 - 14:30
Viernes 08:30 - 14:30

Teléfono

+34981490027

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de San Sadurniño publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría