17/08/2026
🟦 Sol Agra reivindica a memoria histórica e pide «oficializar o 17 de agosto como Día da Galiza Mártir».
🟦 Fíxoo esta tarde na Coruña, nun acto organizado pola Deputación e pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda no que se rendeu homenaxe ás vítimas do franquismo.
🗣️ «O 17 de agosto non é un día calquera, senón unha xornada na que a dor se transforma en rebeldía e en memoria viva para render tributo a todas as persoas represaliadas, paseadas nas cunetas, exiliadas ou torturadas por defender a liberdade e a democracia».
🗣️ A deputada do BNG subliñou «a urxencia de combater o revisionismo histórico» e advertiu: «Non haberá unha democracia plena mentres quede un só corpo sen identificar nas gabias ou se sigan a branquear os crimes da ditadura».
🗣️ Agra destacou a figura de Alexandre Bóveda, fusilado hai hoxe noventa anos, «como motor e alma organizadora do Estatuto de Autonomía de 1936 e cuxo sacrificio foi fío condutor dunha resistencia galega que inclúe os Mártires de Carral, Antolín Faraldo, o nacemento das Irmandades da Fala e a loita clandestina de Moncho Reboiras, asasinado en Ferrol en 1975».
🗣️ Tamén tivo un recordo especial «para as mulleres humilladas e represaliadas polo réxime, os mestres, os mariñeiros, os labregos e os traballadores que sufriron a barbarie franquista».