A 48 Edición da Feira do Libro A Coruña celébrase entre os días 1 e 11 de agosto nos Xardíns de
Dirección
Xardíns De Méndez Núñez
A Coruña
15003
Horario de Apertura
| Lunes | 11:00 - 14:00 |
| 18:00 - 22:00 | |
| Martes | 11:00 - 14:00 |
| 18:00 - 22:00 | |
| Miércoles | 11:00 - 14:00 |
| 18:00 - 22:00 | |
| Jueves | 11:00 - 14:00 |
| 18:00 - 22:00 | |
| Viernes | 11:00 - 14:00 |
| 18:00 - 22:00 | |
| Sábado | 11:00 - 14:30 |
| 18:00 - 22:00 | |
| Domingo | 11:00 - 14:30 |
| 18:00 - 22:00 |
Página web
Notificaciones
Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Feira do Libro A Coruña publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.
Categoría
48 Edición da Feira do Libro A Coruña 2019
A primeira Feira do Libro de Coruña comezou a xestarse en Xuño de 1966 coa celebración dunha reunión na Delegación Provincial do Ministerio de Información e Turismo á que se convocou a editores, distribuidores e libreiros, con presenza do Xefe do Departamento de Difusión do Instituto Nacional do Libro Español (Fernando Cendán Pazos) e onde se convidaba a participar a todos os profesionais interesados no asunto.
O 30 xullo de 1966 ten lugar a inauguración da I Feira do Libro da Coruña co lema “Un libro para cada coruñés e cada coruñesa” a cargo de Guillermo Díaz- Plaja, Director do Instituto Nacional do Libro Español: “Cando chego por primeira vez a unha cidade española, sexa grande ou pequena, teña ou non teña universidade, sempre pregunto polas librerías máis importantes, e alí paso horas e horas en busca de algo novo e descoñecido”.
Nesas primeiras edicións a Feira celebrábase cada dous anos, polo que houbo que esperar ata 1968 para a celebración da II Feira, que coincide coa Exposición cervantina que leva como nome “A amizade dos pobos a través dun libro.” Nesta II Edición participan corenta editoriais e sete librerías coruñesas e a “Guía de La Coruña”, editada por Everest e escrita por Miguel González Garcés convértese no best- seller da Feira deste ano.
Naqueles anos era frecuente a compra de libros a prazos así como a elección da Dulcinea da Feira, elixida pola súa beleza de entre as señoritas que forman a corte da Raíña das festas coruñesas. Pola compra de cada libro, as mulleres recibían como obsequio un caravel, os homes cinceiros e os nenos un cómic.