Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés Biblioteca de carácter xeral que ten como obxectivo cubrir as necesidades informativas, educativas, culturais e de ocio dos cidadáns. Sala de reunións

A Biblioteca Pública da Coruña, construida de nova planta nun barrio de expansión da cidade, ocupa unha superficie de 5.869 m2 útiles distribuidos en tres plantas. As noticias máis antigas que se conservan da Biblioteca datan de 1882. Instalada no Instituto de Segunda Enseñanza Eusebio da Guarda, pasou despois a formar parte da Casa da Cultura da Coruña, creada en 1956. No 1989, o Ministerio de Cu

ltura e a Xunta de Galicia asinan un convenio polo que o Estado segue conservando a titularidade e transfire a xestión á Xunta de Galicia. O 23 de setembro de 1994 modifícase o convenio no que se refire á ubicación da Biblioteca, que pasa desde ese momento ao edificio actual e, o 4 de abril de 1995 engádese a denominación Biblioteca Pública de A Coruña Miguel González Garcés. Distribución do edificio:

Planta Baixa
Vestíbulo, control de seguridade e gardarroupa Catálogos de acceso en liña-OPACs Zona de exposicións e Salón de actos Centros de interese Sala Infantil-Xuvenil Zona de descanso

Planta Primeira
Sala de préstamo Hemeroteca Sala de medios audiovisuais Aula Web Zona de exposicións Zona de administración e dirección

Planta Segunda
Sala de consulta Comicteca

11/08/2026

Está a piques de celebrarse a L###I edición do Trofeo Teresa Herrera!
Na biblioteca facemos un percorrido pola historia deste emblemático torneo a través dos seus carteis, que nos permiten lembrar algunhas das súas edicións máis destacadas.
Podedes visitar a exposición no 1.º andar da biblioteca.

04/08/2026

Xa queda menos para a do DÍA 12; pero se tedes présa, nesta Biblioteca todos os días temos o noso particular eclipse (9:30-10:00) sempre e cando o noso amigo das Azores nos axude. E se o sol🌞 non aparece a Lúa🌔🌚 é a protagonista da exposición dos contos📚 da eclipse.

Gañador do Goya á mellor interpretación masculina de reparto en 2016 por “Tarde para la ira”, Manolo Solo (1964-2026) lo...
31/07/2026

Gañador do Goya á mellor interpretación masculina de reparto en 2016 por “Tarde para la ira”, Manolo Solo (1964-2026) logrou destacar demostrando que non existen papeis pequenos, só grandes actores.

Dende hoxe podedes visitar a mostra audiovisual no primeiro andar.

Estamos en plena campaña de abonos do Dépor. E si, os prezos xa non son os de antes...Por sorte, viaxar ao Dépor doutras...
17/07/2026

Estamos en plena campaña de abonos do Dépor. E si, os prezos xa non son os de antes...

Por sorte, viaxar ao Dépor doutras épocas segue custando o mesmo: 0 €.

Ven a descubrir a nosa exposición de carteis históricos do Club Deportivo da Coruña na biblioteca e comproba como cambiaron os prezos... e tamén o fútbol.

Cantos de vos sabiades da conexión literaria da segunda equipación da selección española?O deseño toma como referencia a...
16/07/2026

Cantos de vos sabiades da conexión literaria da segunda equipación da selección española?

O deseño toma como referencia a cor do papel e as encadernacións barrocas dos séculos XVII e XVIII.

O noso fondo antigo non é dos máis destacados, pero mirade os exemplos que atopamos!

Facédelle caso ao doctor Alan Grant: “dá máis medo o arrepentimento que o fracaso”. Non vos arrepentiredes nunca de pasa...
15/07/2026

Facédelle caso ao doctor Alan Grant: “dá máis medo o arrepentimento que o fracaso”. Non vos arrepentiredes nunca de pasar pola biblio, e o cine ou a lectura nunca son un fracaso.

Vale, si, hoxe hai mundial. Pero mañá non e vai chover!

Sam Neill (1947-2026). Mostra audiovisual no primeiro andar.

Dirección

Calle Miguel González Garcés, 1
A Coruña
15008

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 14:30
Martes 08:30 - 14:30
Miércoles 08:30 - 14:30
Jueves 08:30 - 14:30
Viernes 08:30 - 14:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría