Lesende

Lesende San Martiño de Lesende é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Lousame. todas elas.

Está distribuída en 9 entidades de poboación: A guieira, Béxeres, Cairo, Horta, Lesende, Maceiriñas, Mirón, Quintáns e Soutorredondo

Limita ó norte con Toxos Outos, ó noroeste con Noia, ó sur con Lousame e ó leste con Vilacova. Está situada no curso medio do río Vilacova, na súa maior parte na ribeira dereita, salvo Soutorredondo e Aguieira, na esquerda a 320 m. que a sitúan como a aldea máis alt

a da parroquia; síguelle O Mirón, entre os 250 e os 280 m., Lesende está en torno ós 170 - 180 m., e xa baixamos ata Cairo, Soutorredondo, Quintáns, Horta e Béxeres a menos de 150 m. O punto de maior altitude é o monte Colou (508 m), dende onde se divisa a ría de Muros e Noia, parte da parroquía de Vilacoba asi como o concello da Serra de Outes

Ten un solo maioritariamente forestal, nun val bastante encaixado, tanto nas abas do Colou e baixando ata Cabanetán, como nas que baixan dende Aguieira ata o río Vilacoba. Tamén a vexetación de ribeira é de notable importancia neste tramo do Vilacoba, polas especiais condicións de forte pendente e encaixamento, que o caracterizan. A principal vía de comunicación de Lesende é a estrada que, dende Béxeres, despois de partir da AC-543 en Sampaio e na Albariza, conduce ata a AC-308 en Vilacoba, a cal comunica tamén as aldeas de Soutorredondo e Aguieira. Esta última aldea, cando estaba poboada, comunicábase co resto da parroquia, e fundamentalmente coa igrexa parroquial de San Martiño de Lesende na aldea do mesmo nome, a través dun camiño que cruzaba o Vilacoba pola Ponte Gaiteira (por riba da cal pasa a rota de sendeirismo do río Vilacoba). A Soutorredondo pode chegarse, tanto dende Horta (cruzando a ponte sobre o río) coma dende a AC-308.

14/01/2025
02/08/2024
18/04/2024

𝐃𝐨𝐚𝐳𝐨́𝐧 𝐝𝐞 𝐬𝐚𝐧𝐠𝐮𝐞
🩸 O Concello de Lousame comunica que unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará o vindeiro martes 23 de abril diante do centro de saúde de , en horario de 12:30 a 14:30 horas.
🩸 Se tes máis de 18 anos e pesas máis de 50 kg, só precisas de 10 minutos para doar. Lembra que cada día son precisas máis de 400 doazóns para os hospitais galegos.
ℹ️ +Info: 900 100 828

02/04/2024

🐮 Os amigos de La Voz de Galicia. Edición Barbanza recollen que un dos mellores rabaños de vacas de España pasta en : a granxa Cesares Holstein, de Vilar de Reconco, ocupa o sétimo posto nacional elaborado pola CONAFE - Frisona Española.

24/01/2024

La historia de un visionario que se adelantó a su tiempo y cartografió la costa de Galicia como nunca antes

16/11/2023

Hai dous anos que a Comunidade de Montes do Carballo, en Friol (Lugo), decidiu empezar a introducir cabras para chegar a aquelas zonas que co Porco […]

30/05/2023

🎶 Os amigos da UNED SENIOR DE CORUÑA e O son do Pote, en colaboración co Concello de Lousame, organizan unha serie de cinco concertos polas parroquias durante este mes de xuño.
📌 Primeira cita: Fruíme, o luns 5 de xuño ás 20:00 horas.

Dirección

Lousame
A Coruña
15212

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Lesende publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir