Ludidáctica

Ludidáctica se constituye con una estructura dinámica, actuando su núcleo central como gestor y coordinador de dinámicas de investigación y desarrollo. La estructura nodal integrada en la red distribuida permite un intercambio de conocimientos en actualización permanente dentro del campo de la educación in-formal.

15/05/2025
VISITAS GUIADAS KIOSCO ALFONSO: LUCAS VARELA, MARCELLO QUINTANILHA, KUNDO KRUNCH. Por Tonecho Otero.Sábados 21e 28 de de...
18/12/2024

VISITAS GUIADAS KIOSCO ALFONSO: LUCAS VARELA, MARCELLO QUINTANILHA, KUNDO KRUNCH. Por Tonecho Otero.

Sábados 21e 28 de decembro de 2024 e 4 de xaneiro de 2025.
Horario: 19h. Duración: 60min aprox.
Abertas ao público. De balde.

OBRADOIROS DE NADAL – KIOSCO ALFONSO - VIÑETAS 2024Obradoiros didácticos dirixidos a nenas e nenos de 6 a 12 anos de ida...
18/12/2024

OBRADOIROS DE NADAL – KIOSCO ALFONSO - VIÑETAS 2024

Obradoiros didácticos dirixidos a nenas e nenos de 6 a 12 anos de idade. Duración: 75min. Datas: 21, 22, 27, 28, 29 de Decembro e 3 de Xaneiro de 2025. Horarios: 11h a 12:15h e 17h a 18:15h.
N.º prazas: 15 c/u. Materiais incluídos. Matrícula de balde.
RESERVA PREVIA: [email protected]

Inspirados nas novelas gráficas de ciencia ficción do artista Lucas Varela, cuxa obra pódese ver nas salas do Kiosco Alfonso da Coruña, deseñamos unha serie de actividades didácticas para que as cativas e cativos experimenten ca linguaxe da banda deseñada dun xeito creativo, dinámico e divertido.
Obras coma “El día más largo del futuro” ou “El Humano” afondan na tradición da ciencia ficción máis humanista. A que reflexiona sobre a condición humana e o noso destino como especie. A concienciación ecolóxica e a interación cas novas tecnoloxías serán algúns dos temas arredor dos cales reflexionaremos.

Posters ilustrados. Data: 21/12 Horarios: 11h a 12:15h e 17h a 18:15h. N.º prazas: 15 c/u. Materiais incluídos. Matrícula de balde.
A través de diversos xogos creativos traballaremos na creación de portadas de tebeos imaxinarios, que máis adiante poderán convertirse en obras de banda deseñada completas.

Cores doutro Mundo. Data: 22/12 Horarios: 11h a 12:15h e 17h a 18:15h. N.º prazas: 15 c/u. Materiais incluídos. Matrícula de balde.
A cor na banda deseñada convírtese nun personaxe máis, que máis aló de reproducir as cores da realidade ten infinitas posibilidades expresivas. Tamén experimentaremos ca cor e o debuxo misturados para crear propostas gráficas divertidas e innovadoras.

Máquinas Orgánicas Moleculares. Data: 27/12 Horarios: 11h a 12:15h e 17h a 18:15h. N.º prazas: 15 c/u. Materiais incluídos. Matrícula de balde.
Mediante un divertido e imaxinativo xogo constructivo, crearemos alucinantes máquinas biolóxicas que nos servirán de inspiración e modelo para debuxar un mundo futuro no que os seres vivos e as máquinas estén feitos da mesma materia.

O Futuro Longo Do Día Máis (1). Data: 28/12 Horarios: 11h a 12:15h e 17h a 18:15h. N.º prazas: 15 c/u. Materiais incluídos. Matrícula de balde.
Experimentaremos cas posibilidades creativas da montaxe de viñetas a partir dos debuxos a tinta orixinais de Lucas Varela para “El día más largo del futuro”. Unha novela gráfica sen texto que nos facilitará a remontaxe e redebuxado das viñetas para poder transformalas noutra historia, a nosa.

O Futuro Longo Do Día Máis (2). Data: 29/12 Horarios: 11h a 12:15h e 17h a 18:15h. N.º prazas: 15 c/u. Materiais incluídos. Matrícula de balde.
Unha vez que teñamos a nosa obra de banda deseñada teremos que coloreala de xeito creativo, utilizando a cor para completar o debuxo e aportar novas dimensións á nosa historia.

Viaxe sorpresa ao exo-planeta Quimera-6. Data: 3/01 Horarios: 11h a 12:15h e 17h a 18:15h. N.º prazas: 15 c/u. Materiais incluídos. Matrícula de balde.
A máis de 6000 anos luz de distancia atópase o planeta Quimera-6, un planeta habitado por todo tipo de criaturas alieníxenas abraiantes. O futuro evolutivo do planeta está nas nosas mans.

Así foi o 1º Obradoiro do Viñetas Lab. Unha pequena homenaxe ao recentemente finado Francisco Ibáñez. Usando como escena...
08/08/2023

Así foi o 1º Obradoiro do Viñetas Lab. Unha pequena homenaxe ao recentemente finado Francisco Ibáñez. Usando como escenario o edificio de 13 Rúe del Percebe e como personaxes as esculturas que adornan os Xardíns de Méndez Núñez, a rapazada mergullouse na creación dun comic que misturase a todos os personaxes nunha mesma historia.

Lembrade, durante todo o Viñetas, obradoiros gratuitos ás 18h e 19h e a fin de semana tamén ás 12h. Reservas en [email protected]

ℹ️ https://www.vinetasdesdeoatlantico.com/actividades/
Concello da Coruña Cultura da Coruña

07/08/2023

𝗔𝗣𝗘𝗥𝗧𝗨𝗥𝗔 𝗗𝗔𝗦 𝗜𝗡𝗦𝗖𝗥𝗜𝗖𝗜𝗢́𝗡𝗦 𝗗𝗢𝗦 𝗢𝗕𝗥𝗔𝗗𝗢𝗜𝗥𝗢𝗦 𝗗𝗢 𝗘𝗦𝗣𝗔𝗭𝗢 𝗜𝗡𝗙𝗔𝗡𝗧𝗜𝗟 𝗩𝗜𝗡̃𝗘𝗧𝗔𝗦 𝗟𝗔𝗕

estrea un novo espazo no Palco da Música dos Xardíns de Méndez Núñez para achegar a banda deseñada aos máis pequenos e pequenas.

📚 COMICTECA: Cada mañá, de 11.30 a 13.30h os nenos e nenas contarán cun punto de lectura de cómics, co apoio de monitores e especialmente decorado e acondicionado para a ocasión.

🎨 OBRADOIROS: Viñetas Lab reúne do 7 ao 13 de agosto 15 obradoiros, dunha hora de duración, nos que os nenos e nenas xogarán de forma colaborativa á vez que se introducirán nos universos creativos das personaxes de ficción representados nas figuras presentes nos xardíns.

🖊️ Inscrición previa a partir do o 3 de agosto ás 10.00h a través do correo [email protected].
✳️ Se o aforo non estivera cuberto coas reservas previas, a inscrición poderá facerse, tamén, in situ, por orde de chegada, no propio Palco da Música.

ℹ️ www.vinetasdesdeoatlantico.com/ficha/vinetas-lab/

Concello da Coruña Cultura da Coruña

---

estrena un nuevo espacio en el Palco de la Música de los Jardines de Méndez Núñez para acercar el cómic a los más pequeños y pequeñas.

📚 COMICTECA: Cada mañana, de 11.30 a 13.30h los niños y niñas contarán con un punto de lectura de cómics, con el apoyo de monitores y especialmente decorado y acondicionado para la ocasión.

🎨 TALLERES: Viñetas Lab reúne del 7 a 13 de agosto 15 talleres, de una hora de duración, en los que niños y niñas jugarán de forma colaborativa al tiempo que se introducirán en los universos creativos de los personajes de ficción representados en las figuras presentes en los jardines.

🖊️ Inscripción previa a partir del el 3 de agosto a las 10.00h a través del correo [email protected].
✳️ Si el aforo no se cubriera con las reservas previas, la inscripción podrá hacerse, también, in situ, por orden de llegada, en el propio Palco de la Música.

GAL_O pasado 11 de marzo arrincaba a exposición "Proxecto Polaroid: na intersección da arte e a tecnoloxía", na Fundació...
28/03/2023

GAL_
O pasado 11 de marzo arrincaba a exposición "Proxecto Polaroid: na intersección da arte e a tecnoloxía", na Fundación Barrié da Coruña. Para os obradoiros didácticos deseñamos unha chea de modelos experimentais de cámaras inspiradas nas Polaroid, ca asistencia dunha AI (Intelixencia Artificial) xerativa (de imaxes a partir de instrucción de texto). Seleccionamos estes 16 modelos, da que chamamos "Rainbow Series" para os obradoiros de Primaria. Sen profundar aquí nas distintas dinámicas e xogos, o alumnado ten que escoller o que consideren mellor modelo e describilo (nome, medidas, descripción técnica e de funcionalidades que se aprecien no deseño...). Para rematar, selecciónanse 4 modelos que se fotografían co Polaroid Lab (que conecta o mundo dixital co analóxico) e saen sobre papel instantáneo químico Polaroid.

ESP_
El pasado 11 de marzo arrancaba la exposición "Proyecto Polaroid: en la intersección del arte y la tecnología", en la Fundación Barrié de A Coruña. Para los talleres didácticos diseñamos un montón de modelos experimentales de cámaras inspiradas en las Polaroid, con la asistencia de una AI (Inteligencia Artificial) generativa (de imágenes a partir de instrucciones de texto). Seleccionamos estos 16 modelos, de la que llamamos "Rainbow Series" para los talleres de Primaria. Sin profundizar aquí en las distintas dinámicas y juegos, el alumnado tiene que escoger el que consideren mejor modelo y describirlo (nombre, medidas, descripción técnica y de funcionalidades que se aprecien en el diseño...). Para finalizar, se seleccionan 4 modelos que se fotografían con el Polaroid Lab (que conecta el mundo digital con el analógico) y salen sobre papel instantáneo químico Polaroid.

17/02/2023

Na Fundación Luis Seoane vemos de estrear ‘Figurando cartoliñas’, un novo obradoiro para escolares de Educación Primaria inspirado no libro ‘Figurando recuerdos’ de Luis Seoane, no que o artista galego recompilaba as tapas que deseñara para a revista ‘Galicia emigrante’. Se desexades coñecer as nosas actividades didácticas, tedes máis información na nosa web: https://fundacionluisseoane.gal/gl/didactica/visitas-guiadas-e-actividades-didacticas-2021-22/

Exposición de Xaime Cabanas, MMXXIII, no Kiosco Alfonso e Palexco da Coruña. 7-02 a 19-03. Didáctica.
08/02/2023

Exposición de Xaime Cabanas, MMXXIII, no Kiosco Alfonso e Palexco da Coruña. 7-02 a 19-03. Didáctica.

31/12/2022
Nos obradoiros didácticos da exposición da Fundación Barrié, "Buda e Shiva. Loto e Dragón" estamos traballando ca Inteli...
12/12/2022

Nos obradoiros didácticos da exposición da Fundación Barrié, "Buda e Shiva. Loto e Dragón" estamos traballando ca Intelixencia Artificial xeradora de imaxes a partir de texto . Xogando ca nova versión propuxémoslle unha recreación de catro deuses hindúes: Vishnu, Ganesh, Shiva e Parvati, pero con elementos doutras culturas asiáticas. Agrupei estas alucinantes versións.

Midjourney Official

Prazas limitadas!! Bulide!!
03/12/2022

Prazas limitadas!! Bulide!!

Un dos proxectos superchulos que estamos implementando é o programa educativo da exposición "Tres Mulleres Magnum", da F...
02/12/2022

Un dos proxectos superchulos que estamos implementando é o programa educativo da exposición "Tres Mulleres Magnum", da Fundacion Luis Seoane, que forma parte da programación de FFoco · Festival de Fotografía da Coruña. Para os obradoiros dirixidos ao alumnado de Primaria inspirámonos na serie fotográfica que realiza co ilustrador , nas que aparecen retratados con bolsas de papel pintadas cubrindo a cabeza. Non puidemos resistirnos a xogar mentres traballábamos no proxecto. ¿Qué vos parecen?

https://fundacionluisseoane.gal/gl/didactica/tres-mulleres-magnum-eve-arnold-inge-morath-e-cristina-garcia-rodero-actividades-didacticas/

Dirección

Ludidactica. Com
A Coruña

Teléfono

657417857

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Ludidáctica publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Ludidáctica:

Compartir