Concello de Ordes

Concello de Ordes Benvido/a á páxina oficial do Concello de Ordes. Dende aquí poderás estar ao día de todas as actividades, servizos e novidades do concello.

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO DE 9 A 14 HORAS.

10/09/2026
09/09/2026

🎉 Antes de pechar unha etapa, queremos despedirnos como se merece… 🎉

Antes de abandonar a comisión, imos facer a última festa. 🥳
Unha festa para celebrar todo o vivido, agradecer a todos os que nos acompañastes e, sobre todo, para desfrutar xuntos dunha última noite inesquecible. ❤️

🤫 O día aínda é segredo… pero ide reservando un oco, porque queremos contar con todos vós.

Será a última, pero queremos que sexa a máis especial. 🎶✨


Bo día parroquia!Co arranque de setembro, a xentiña de   voltamos cunha nova edición da Convidada. Durante os meses pasa...
09/09/2026

Bo día parroquia!
Co arranque de setembro, a xentiña de voltamos cunha nova edición da Convidada.
Durante os meses pasados xa fomos intentando que moitos de vós forades marcando a data no calendario con pregarias amables tales como "Anota aí" ou "Saca o teléfono e anota".
Para todos os demais: 10 de Outubro, en Ordes.
Ca data fixada, e aproveitando a coincidencia temporal co arranque dos cursos nas asociacións, agardamos que esta sexta edición vos anime a participar na oferta formativa que traemos ao concello de Ordes, ou simplemente a vir disfrutar dunha xornada repleta de música, baile e cultura tradicional.
Este ano o contido dos obradoiros volta á comarca, ás terras des Ordes, e repartiremolo da seguinte maneira:

· O baile na comarca de Ordes — Carlos Xosé — 25€ (pola mañá)
· A pandeireta na comarca de Ordes — Xisco Feijoó — 25€ (pola mañá)

A maiores tamén disporemos dos seguintes obradoiros

· Obradoiro de fabricación de pandeireta — Regos Pandeiretas — 70€ (Mañá e tarde)
· Obradoiro de enredos sonoros — Oli Xiráldez — 0€ (pola tarde)

Para o vermú temos a sorte de contar cunha charanga ben xeitosa, formada por veciños e compañeiros cos xa nos temos mesturado algunha que outra vez para algunha actuación. Así, previo ao xantar os Argalleiros virán dende Sigüeiro a animarnos a todos a botar os pés ao baile.
Tralo xantar e o café; e logo de enredar con Oli Xiráldez na fabricación dalgúns trebellos musicais, ás 19:30 faremos a xuntanza dos grupos participantes nos cantos de taberna na alameda de Ordes, co fin de poñer rumbo cara os bares ás 20:00h.
Ás 22:30h voltaremos á alameda onde arrincaremos a foliada coas actuacións da charanga Benofán e da Requinta de Lampai, para dar paso despois á libre participación de quen queira tocar e onde, ademáis, sortearemos:
· Unha pandeireta de 9 pares doada por ,
· Dous punteiros impresos en 3D doados por Suso Gestal
· Un pandeiro cadrado doado por Regos Pandeiretas
· Un año doado por Carnicería Enrique.
Ao longo destes días iremos ampliando información.
Deixámosvos os links para anotarse aos cursos, aos cantos de taberna e ao xantar na biografía do perfil.

QUEDADES CONVIDADOS!

🏊‍♀️🏊‍♂️ 𝐂𝐔𝐑𝐒𝐎𝐒 𝐃𝐄 𝐍𝐀𝐓𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍 · 𝐏𝐈𝐒𝐂𝐈𝐍𝐀 𝐈𝐕𝐀́𝐍 𝐑𝐀𝐍̃𝐀 𝐅𝐔𝐄𝐍𝐓𝐄𝐒 · 𝐓𝐄𝐌𝐏𝐀𝐃𝐀 𝟐𝟎𝟐𝟔/𝟐𝟕📢 Xa está dispoñible a 𝐥𝐢𝐬𝐭𝐚𝐱𝐞 𝐩𝐫𝐨𝐯𝐢𝐬𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐝...
09/09/2026

🏊‍♀️🏊‍♂️ 𝐂𝐔𝐑𝐒𝐎𝐒 𝐃𝐄 𝐍𝐀𝐓𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍 · 𝐏𝐈𝐒𝐂𝐈𝐍𝐀 𝐈𝐕𝐀́𝐍 𝐑𝐀𝐍̃𝐀 𝐅𝐔𝐄𝐍𝐓𝐄𝐒 · 𝐓𝐄𝐌𝐏𝐀𝐃𝐀 𝟐𝟎𝟐𝟔/𝟐𝟕

📢 Xa está dispoñible a 𝐥𝐢𝐬𝐭𝐚𝐱𝐞 𝐩𝐫𝐨𝐯𝐢𝐬𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐩𝐞𝐫𝐬𝐨𝐚𝐬 𝐚𝐝𝐦𝐢𝐭𝐢𝐝𝐚𝐬 e a 𝐥𝐢𝐬𝐭𝐚𝐱𝐞 𝐝𝐞 𝐚𝐠𝐚𝐫𝐝𝐚 para os cursos de natación da Piscina Municipal Iván Raña Fuentes correspondentes á tempada 2026/27.

📍 Esta primeira fase corresponde ás 𝐩𝐞𝐫𝐬𝐨𝐚𝐬 𝐞𝐦𝐩𝐚𝐝𝐫𝐨𝐚𝐝𝐚𝐬 𝐧𝐨 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐎𝐫𝐝𝐞𝐬.

📄 𝐂𝐎𝐍𝐒𝐔𝐋𝐓𝐀 𝐀 𝐋𝐈𝐒𝐓𝐀𝐗𝐄:
https://www.ordes.gal/web/uploads/adjuntos/archivo/f7d/6aa153c883-lista-empadroados-cursos.pdf

📧 𝐈𝐌𝐏𝐎𝐑𝐓𝐀𝐍𝐓𝐄: as persoas inscritas que resulten admitidas 𝐫𝐞𝐜𝐢𝐛𝐢𝐫𝐚́𝐧 𝐚 𝐜𝐚𝐫𝐭𝐚 𝐝𝐞 𝐩𝐚𝐠𝐨 𝐩𝐨𝐫 𝐜𝐨𝐫𝐫𝐞𝐨 𝐞𝐥𝐞𝐜𝐭𝐫𝐨́𝐧𝐢𝐜𝐨, na dirección facilitada no momento de realizar a inscrición.

💳 O prazo de pagamento será 𝐝𝐨 𝟏𝟒 𝐚𝐨 𝟏𝟔 𝐝𝐞 𝐬𝐞𝐭𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨 e o pagamento deberá realizarse dentro dese período para confirmar a praza.

📅 A 𝐥𝐢𝐬𝐭𝐚𝐱𝐞 𝐝𝐞𝐟𝐢𝐧𝐢𝐭𝐢𝐯𝐚 publicarase o 𝟏𝟖 𝐝𝐞 𝐬𝐞𝐭𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨.

ℹ️ Para máis información:
- Na propia instalación
- Por teléfono no 981 69 75 37

🏗️ 𝐍𝐎𝐕𝐎 𝐏𝐀𝐒𝐎 𝐀𝐃𝐈𝐀𝐍𝐓𝐄 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐌𝐄𝐋𝐋𝐎𝐑𝐀𝐑 𝐀 𝐒𝐄𝐆𝐔𝐑𝐈𝐃𝐀𝐃𝐄 𝐕𝐈𝐀𝐑𝐈𝐀 𝐄𝐍 𝐏𝐎𝐔𝐋𝐎🤝 A Deputación da Coruña e o Concello de Ordes asinaron o...
08/09/2026

🏗️ 𝐍𝐎𝐕𝐎 𝐏𝐀𝐒𝐎 𝐀𝐃𝐈𝐀𝐍𝐓𝐄 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐌𝐄𝐋𝐋𝐎𝐑𝐀𝐑 𝐀 𝐒𝐄𝐆𝐔𝐑𝐈𝐃𝐀𝐃𝐄 𝐕𝐈𝐀𝐑𝐈𝐀 𝐄𝐍 𝐏𝐎𝐔𝐋𝐎

🤝 A Deputación da Coruña e o Concello de Ordes asinaron o convenio para executar unha importante actuación na estrada 𝐃𝐏-𝟓𝟗𝟎𝟓, de acceso a Poulo, cun investimento total de 𝟗𝟐𝟔.𝟖𝟏𝟔 €.

🚶‍♀️🚶‍♂️ A obra desenvolverase ao longo de 𝟏,𝟑 𝐪𝐮𝐢𝐥𝐨́𝐦𝐞𝐭𝐫𝐨𝐬 e dará continuidade ao itinerario peonil que parte do centro urbano de Ordes e chega actualmente ata o núcleo da Calle, avanzando cara a unha conexión máis segura con Poulo.

💧 O Concello de Ordes financiará con fondos propios 𝟏𝟓𝟔.𝟗𝟕𝟒,𝟑𝟔 € para a instalación das redes de abastecemento e saneamento.

🔹 Senda peonil de 2 metros separada do tráfico.
🔹 Novo firme e melloras de accesibilidade.
🔹 Cunetas transitables de seguridade.
🔹 Extensión de abastecemento e saneamento.
🔹 Muros de contención onde sexan necesarios.
🔹 Tratamento específico no Camiño de Santiago, con pavimento de acabado natural, arboredo e lousas de pedra.

📜 É un proxecto que vén de lonxe. Xa en 𝐚𝐠𝐨𝐬𝐭𝐨 de 𝟐𝟎𝟏𝟔 o Concello remitira á Deputación os proxectos técnicos e solicitara a súa incorporación ao Plan Provincial de Sendas Peonís.

💪 Dez anos despois, aquela iniciativa dá un novo e importante paso para converterse nunha realidade.

🤝 Agradecemos á Deputación da Coruña a colaboración nunha actuación moi necesaria para Poulo, para a seguridade da veciñanza e para os peregrinos do 𝐂𝐚𝐦𝐢𝐧̃𝐨 𝐈𝐧𝐠𝐥𝐞́𝐬.

🏗️ 𝐍𝐎𝐕𝐎 𝐏𝐀𝐒𝐎 𝐀𝐃𝐈𝐀𝐍𝐓𝐄 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐌𝐄𝐋𝐋𝐎𝐑𝐀𝐑 𝐀 𝐒𝐄𝐆𝐔𝐑𝐈𝐃𝐀𝐃𝐄 𝐕𝐈𝐀𝐑𝐈𝐀 𝐄𝐍 𝐏𝐎𝐔𝐋𝐎 (𝐃𝐏-𝟓𝟗𝟎𝟓)🤝 A 𝐃𝐞𝐩𝐮𝐭𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐚 𝐂𝐨𝐫𝐮𝐧̃𝐚 e o 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐎𝐫𝐝𝐞...
08/09/2026

🏗️ 𝐍𝐎𝐕𝐎 𝐏𝐀𝐒𝐎 𝐀𝐃𝐈𝐀𝐍𝐓𝐄 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐌𝐄𝐋𝐋𝐎𝐑𝐀𝐑 𝐀 𝐒𝐄𝐆𝐔𝐑𝐈𝐃𝐀𝐃𝐄 𝐕𝐈𝐀𝐑𝐈𝐀 𝐄𝐍 𝐏𝐎𝐔𝐋𝐎 (𝐃𝐏-𝟓𝟗𝟎𝟓)

🤝 A 𝐃𝐞𝐩𝐮𝐭𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐚 𝐂𝐨𝐫𝐮𝐧̃𝐚 e o 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐎𝐫𝐝𝐞𝐬 asinaron onte o convenio para executar unha importante actuación de mellora da seguridade viaria na estrada 𝐃𝐏-𝟓𝟗𝟎𝟓, de acceso a Poulo, cun investimento total de 𝟗𝟐𝟔.𝟖𝟏𝟔 €.

🚶‍♀️🚶‍♂️ A actuación desenvolverase ao longo de 𝟏,𝟑 𝐪𝐮𝐢𝐥𝐨́𝐦𝐞𝐭𝐫𝐨𝐬 e permitirá dar continuidade ao itinerario peonil que parte do centro urbano de Ordes e chega actualmente ata o núcleo da Calle, avanzando así na creación dunha 𝐜𝐨𝐧𝐞𝐱𝐢𝐨́𝐧 𝐩𝐞𝐨𝐧𝐢𝐥 𝐦𝐚́𝐢𝐬 𝐬𝐞𝐠𝐮𝐫𝐚 𝐜𝐨𝐧 𝐏𝐨𝐮𝐥𝐨.

💧 O Concello de Ordes financiará con fondos propios a totalidade da actuación incluída no proxecto correspondente á 𝐢𝐧𝐬𝐭𝐚𝐥𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐚𝐬 𝐫𝐞𝐝𝐞𝐬 𝐝𝐞 𝐚𝐛𝐚𝐬𝐭𝐞𝐜𝐞𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐞 𝐬𝐚𝐧𝐞𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨, cun importe de 𝟏𝟓𝟔.𝟗𝟕𝟒,𝟑𝟔 €.

🏗️ 𝐀𝐒 𝐎𝐁𝐑𝐀𝐒 𝐂𝐎𝐍𝐓𝐄𝐌𝐏𝐋𝐀𝐍, 𝐄𝐍𝐓𝐑𝐄 𝐎𝐔𝐓𝐑𝐀𝐒 𝐀𝐂𝐓𝐔𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍𝐒:

🔹 Unha senda peonil de 𝟐 𝐦𝐞𝐭𝐫𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐚𝐧𝐜𝐡𝐨, separada do tráfico de vehículos.
🔹 Pavimento de formigón coloreado.
🔹 Novo firme de aglomerado.
🔹 Melloras na accesibilidade.
🔹 Cunetas transitables de seguridade.
🔹 Extensión das redes de abastecemento e saneamento.
🔹 Execución de muros de contención nos puntos nos que sexan necesarios.
🔹 Na traza do 𝐂𝐚𝐦𝐢𝐧̃𝐨 𝐝𝐞 𝐒𝐚𝐧𝐭𝐢𝐚𝐠𝐨 empregarase pavimento desbastado para conseguir un acabado máis natural, ademais de incorporar arboredo e franxas de lousas de pedra.

📜 𝐔𝐍 𝐏𝐑𝐎𝐗𝐄𝐂𝐓𝐎 𝐐𝐔𝐄 𝐕𝐄́𝐍 𝐃𝐄 𝐋𝐎𝐍𝐗𝐄

Xa en 𝐚𝐠𝐨𝐬𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝟐𝟎𝟏𝟔, o Concello de Ordes remitira á Deputación os proxectos técnicos e solicitara expresamente a súa incorporación ao Plan Provincial de Sendas Peonís.

💪 𝐃𝐞𝐳 𝐚𝐧𝐨𝐬 𝐝𝐞𝐬𝐩𝐨𝐢𝐬, aquela iniciativa municipal dá agora un novo e importante paso para converterse nunha realidade.

🤝 Agradecemos á Deputación da Coruña a súa colaboración para sacar adiante unha actuación 𝐦𝐨𝐢 𝐧𝐞𝐜𝐞𝐬𝐚𝐫𝐢𝐚 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐏𝐨𝐮𝐥𝐨, para mellorar a seguridade da nosa veciñanza e tamén a dos numerosos peregrinos do 𝐂𝐚𝐦𝐢𝐧̃𝐨 𝐈𝐧𝐠𝐥𝐞́𝐬 que transitan por esta zona.

🚶‍♂️🌳 𝐒𝐞𝐠𝐮𝐢𝐦𝐨𝐬 𝐭𝐫𝐚𝐛𝐚𝐥𝐥𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐜𝐨𝐧𝐞𝐜𝐭𝐚𝐫 𝐎𝐫𝐝𝐞𝐬 𝐞 𝐚𝐬 𝐧𝐨𝐬𝐚𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐫𝐨𝐪𝐮𝐢𝐚𝐬 𝐜𝐨𝐧 𝐢𝐭𝐢𝐧𝐞𝐫𝐚𝐫𝐢𝐨𝐬 𝐜𝐚𝐝𝐚 𝐯𝐞𝐳 𝐦𝐚́𝐢𝐬 𝐬𝐞𝐠𝐮𝐫𝐨𝐬 𝐞 𝐚𝐜𝐜𝐞𝐬𝐢𝐛𝐥𝐞𝐬.

✳️ 𝐂𝐎𝐍𝐂𝐄𝐋𝐋𝐎 𝐃𝐄 𝐎𝐑𝐃𝐄𝐒📄 𝐋𝐈𝐒𝐓𝐀 𝐏𝐑𝐎𝐕𝐈𝐒𝐈𝐎𝐍𝐀𝐋 – 𝐏𝐑𝐀𝐙𝐀 𝐃𝐄 𝐀𝐃𝐌𝐈𝐍𝐈𝐒𝐓𝐑𝐀𝐓𝐈𝐕𝐎/𝐀 (𝐎𝐏𝐄 𝟐𝟎𝟐𝟑)Anuncio de aprobación da lista provisional...
07/09/2026

✳️ 𝐂𝐎𝐍𝐂𝐄𝐋𝐋𝐎 𝐃𝐄 𝐎𝐑𝐃𝐄𝐒
📄 𝐋𝐈𝐒𝐓𝐀 𝐏𝐑𝐎𝐕𝐈𝐒𝐈𝐎𝐍𝐀𝐋 – 𝐏𝐑𝐀𝐙𝐀 𝐃𝐄 𝐀𝐃𝐌𝐈𝐍𝐈𝐒𝐓𝐑𝐀𝐓𝐈𝐕𝐎/𝐀 (𝐎𝐏𝐄 𝟐𝟎𝟐𝟑)
Anuncio de aprobación da lista provisional de aspirantes admitidos do proceso de selección dunha praza de administrativo como funcionario/a de carreira polo procedemento de oposición e de nomeamento de tribunal. (OPE 2023)
🔗https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/09/07/2026_0000005748.pdf

✳️ 𝐌𝐈𝐍𝐈𝐒𝐓𝐄𝐑𝐈𝐎 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐋𝐀 𝐓𝐑𝐀𝐍𝐒𝐈𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐄𝐂𝐎𝐋𝐎́𝐆𝐈𝐂𝐀 𝐘 𝐄𝐋 𝐑𝐄𝐓𝐎 𝐃𝐄𝐌𝐎𝐆𝐑𝐀́𝐅𝐈𝐂𝐎
📄 𝐈𝐍𝐒𝐓𝐀𝐋𝐀𝐂𝐈𝐎𝐍𝐄𝐒 𝐄𝐍𝐄𝐑𝐆𝐄́𝐓𝐈𝐂𝐀𝐒 𝐄𝐒𝐓𝐑𝐀𝐓𝐄́𝐆𝐈𝐂𝐀𝐒
Resolución de 25 de agosto de 2026, de la Secretaría de Estado de Energía, por la que se publica el Acuerdo del Consejo de Ministros de 28 de julio de 2026, por el que se declaran instalaciones energéticas estratégicas los proyectos de generación de procedencia renovable y almacenamiento energético que sean adjudicatarios de los procedimientos para la concesión de capacidad de acceso de evacuación regulados en virtud de la disposición adicional vigésima segunda de la Ley 24/2013, de 26 de diciembre, del Sector Eléctrico, en nudos de transición justa.
🔗https://www.boe.es/boe/dias/2026/09/07/pdfs/BOE-A-2026-18700.pdf

Dirección

Alfonso Senra 108. Ordes
A Coruña
15680

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 15:00
Martes 09:00 - 15:00
Miércoles 09:00 - 15:00
Jueves 09:00 - 15:00
Viernes 09:00 - 15:00

Teléfono

+34981680002

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Ordes publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Ordes:

Atajos

Compartir

Categoría