Biblioteca de Socioloxía e CC. da Comunicación da UDC

Biblioteca de Socioloxía e CC. da Comunicación da UDC Biblioteca Intercentros da Facultade de Socioloxía e da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña

Na biblioteca tamén temos días de spa!E non, por se alguen está pensando outra cousa 😉 …nin masaxes, nin aromaterapia ni...
28/07/2026

Na biblioteca tamén temos días de spa!
E non, por se alguen está pensando outra cousa 😉 …nin masaxes, nin aromaterapia nin cadeiras de praia para o persoal.
Este verán os clientes VIP son os libros.
Durante unhas horas as mesas de estudo transfórmanse nunha curiosa partida bibliotecaria. Formas que semellan ao dominó con ringleiras de libros agardando vez para voltar á casa logo da súa sesión de spa.
Do estante á mesa – Aspirado – Limpeza de andéis – E volta á casa: Libros e Andeis limpos!
Este é un deses traballos pouco visibles pero esencial que facemos nas bibliotecas.
Porque unha biblioteca no só presta libros: tamén os protexe e coida ❤️📖

Novo centro de interés que te convida a mirar a tecnoloxía con novos ollos: Desconectados? O verán invítanos a parar, re...
17/07/2026

Novo centro de interés que te convida a mirar a tecnoloxía con novos ollos:

Desconectados?

O verán invítanos a parar, respirar e g***r do tempo con máis calma. Un momento perfecto para saír da rutina e volver ao que nos fai sentir ben.

Vivimos conectados, a tecnoloxía acompáñanos cada día: achéganos ás persoas, á información e ao entretemento. É unha gran aliada se sabemos atopar o equilibrio.

Porque aínda que é complicado intenta decidir o teu ritmo e escolle cando conectar… e cando desconectar.

Escolma bibliográfica.: https://www.calameo.com/books/003161053e331f2c81355

Na universidade do século XXI non é suficiente con acceder á información hai que saber avaliarla, utilizala de maneira c...
14/07/2026

Na universidade do século XXI non é suficiente con acceder á información hai que saber avaliarla, utilizala de maneira crítica pero tamén aproveitar a tecnoloxía. Agora que cada día aparecen máis aplicacións baseadas na IA é bo lembrar que a IA non substitúe ás bibliotecas senón que as complementa. Detrás das bibliotecas hai persoas e detrás da IA algoritmos 😉

Así que un curso máis as persoas que traballamos no servizo de biblioteca da UDC acompañamos a investigadoras e investigadores na aprendizaxe de ferramentas para buscar, avaliar, xestionar e dar maior visibilidade ao coñecemento científico. E non podemos estar máis contentas co resultado dos dous cursos que organizamos en colaoración con

📚 Como buscar e usar a información para elaborar a tese de doutoramento (PFBU/017)

📈 Estratexias para incrementar a visibilidade e o impacto dos resultados da investigación (PFBU/018)

Nas vosas valoracións cualitativas destacades o gran aforro de tempo grazas ao uso de xestores bibliográficos e, sobre todo, a atención persoal e titorización do noso persoal, ao que cualificastes de "maravilla" e "implicado". Grazas infinitas!

Recollemos tamén as vosas suxestións para mellorar e adaptarnos aínda máis ás vosas necesidades o vindeiro ano.

E seguimos empeñadas en darlle unha segunda oportunidade aos libros expurgados e agora tamén aos deteriorados que estamo...
10/07/2026

E seguimos empeñadas en darlle unha segunda oportunidade aos libros expurgados e agora tamén aos deteriorados que estamos dando de baixa na biblioteca.

Así que este ano para rematar a tempada do club de lectura, deseñamos e creamos de maneira artesanal uns marcapáxinas con moito significado para nós e agardamos que tamén para vós.

Están feitos con fieitos que prensamos e secamos e logo combinamos con páxinas de libros que un día formaron parte da nosa colección. Cremos que o resultado visibiliza o que intentamos facer a diario unindo lectura, creatividade e sostibilidade.

Poida que consigamos que estes marcapáxinas conten unha historia propia ademáis de que sirvan para sinalar a páxina na que deixastes a vosa lectura.

Felices lecturas e feliz verán!!!

A ver, xente... sabemos que os exames e os traballos finais vos teñen a cabeza a piques de rebentar, pero hai algún usua...
10/07/2026

A ver, xente... sabemos que os exames e os traballos finais vos teñen a cabeza a piques de rebentar, pero hai algún usuario moi despistado!!.

Como xa sabedes, puxemos a mesa de "Libros para levar" na entrada da biblioteca. O plan era sinxelo: vós pasades por alí, mirades se hai algo que vos interese para a vosa colección, e levádelo gratis á casa. Misión cumprida para a Tripulación.

Pero hoxe... HAI UN IMPOSTOR ENTRE NÓS! 😱

Alguén, nun movemento digno do mellor xogador de Among Us, decidiu que en vez de levar un libro, era boa idea deixar un. E non calquera libro! Un que aínda está en préstamo e que é doutra biblioteca desta universidade, coa súa etiqueta e todo. Sabotaxe total do sistema de devolucións! 😂

Un curso máis pechamos unha tempada do Club de Lectura. Ao longo do ano, ademáis de ler, intentamos construír un espazo ...
09/07/2026

Un curso máis pechamos unha tempada do Club de Lectura.

Ao longo do ano, ademáis de ler, intentamos construír un espazo de encontro, diálogo e aprendizaxe compartido e por que non dicilo, tamén un espazo gastronómico no que compartir café, infusións e doces caseiros 😉

Este curso lemos libros de diferentes xéneros, estilos e temáticas: clásico, autobiográfico, histórico, crítica social, medio ambiente, realismo máxico…

Viaxamos polas páxinas destes libros desde a China do século XV ata a Galicia de hoxe, desde os salóns ingleses de Jane Austen ata o universo dixital de Delphine de Vigan. Reflexionamos sobre a identidade, a memoria, os vínculos familiares, o papel das mulleres e o poder da literatura para explicar o mundo.

Case sen querer, construímos unha ponte entre Oriente e Occidente, entre a tradición e a modernidade, entre a memoria e o presente, e moitas veces chegamos á conclusión de que, pese as diferenzas de tempo e lugar, as grandes preguntas da humanidade seguen sendo sorprendentemente parecidas.

E non podíamos imaxinar unha mellor maneira de pechar o curso que coa visita a Villa Florentina, un lugar cargado de memoria literaria que nos permitiu achegarnos aínda máis á figura e obra de Wenceslao Fernández Flórez.

O noso agradecemento á Fundación Wenceslao Fernández Flórez e, de maneira moi especial, a Alicia Longueira e a Teresa, pola súa cálida acollida. Grazas polo seu tempo, a súa cercanía e a súa xenerosidade ao compartir con nós tantas historias, curiosidades e lembranzas que fixeron desta visita unha experiencia inesquecible.

❤️ E xa para rematar, grazas a todas as persoas que participáchedes nesta edición do Club de Lectura. Foi un auténtico pracer compartir esta viaxe literaria con vós.

Un pequeno pin cunha gran mensaxe!Unha usuaria regalounos este pin cun lema así de sinxelo e así de importante.Cada día ...
16/06/2026

Un pequeno pin cunha gran mensaxe!

Unha usuaria regalounos este pin cun lema así de sinxelo e así de importante.
Cada día nas bibliotecas ocupámonos de algo máis que de colocar libros, preocupámonos de "coidar da democracia" proporcionando acceso libre á información, ao pensamento crítico e posibilitando que todas as voces teñan o seu espazo.
Moitas grazas por pensar en nós e por lembrarnos que o que facemos importa! 💙

 

O próximo mércores, 17 de xuño, teremos última reunión do club de lectura.De maneira excepcional, a reunión terá lugar n...
15/06/2026

O próximo mércores, 17 de xuño, teremos última reunión do club de lectura.
De maneira excepcional, a reunión terá lugar na área de descanso do segundo andar.
Por este motivo, a partir das 18:30 h non poderemos garantir silencio na sala de lectura.

Desculpade as molestias e se vos animades a participar nesta última sesión aínda estades a tempo. Pregunta no mostrador ou consulta a páxina web Biblioteca de Socioloxía e CC. da Comunicación

Grazas pola vosa comprensión! 😍

📚 Seguimos enchendo a mesa da entrada con libros procedentes do expurgo..✨ ¿O mellor? Podes levalos para a casa para sem...
04/06/2026

📚 Seguimos enchendo a mesa da entrada con libros procedentes do expurgo..

✨ ¿O mellor? Podes levalos para a casa para sempre. Sen préstamos, sen renovacións e sen datas de devolución.

✅ ¿O inesperado? Tamén hai lexislación ⚖️. Pénsao: nunca sabes cando quererás impresionar citando unha lei nunha cea.

Dálles unha segunda vida... ou, polo menos, axúdaos a coñecer mundo fóra da biblioteca.🌍📖

Dirección

Campus De Elviña, S/n
A Coruña
15008

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Biblioteca de Socioloxía e CC. da Comunicación da UDC publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Biblioteca de Socioloxía e CC. da Comunicación da UDC:

Atajos

Compartir

Categoría