"Barrio Sésamo", correspondese a un pobo do concello de Culleredo ( A Coruña), situado cerca da autovia A Coruña-Madrid, a 5 minutos do aeroporto de Alvedro (Culleredo-A Coruña). Conta con varios mesons e parrilladas onde poder comer e pasar todo o día paseando polos seus camiños, visitando a ermida románica de San Cosme do S.XII, facendo rutas a cabalo, rutas en bici , etc...
No mes de Novembro
celebrase a festa gastronómica " Festas dos Callos" polo San Martiño, que xa vai pola sua XI edición e que ten lugar no campo de recreo "Moncho Valcarcel" o cura das Encrobas que residiu na vila. A finais de Xullo e primeiros de Agosto celebrase a festa de verán que ten lugar polo San Cosme, de ai que o evento teña lugar no paraxe da ermida de San Cosme disfrutando das suas marabillosas vistas de todo o val de Veiga, Altamira, Sueiro ou do Monte Xalo. O longo do ano tamén se veñen celebrando outras datas importantes para o pobo como e o Antroido ou as festas de Nadal, cos seus festexos propios de cada unha. "Barrio Sésamo" é un lugar perfecto para vivir, de ai a gran cantidade de xente de fora que busca unha vivenda de aluguer, a población do pobo esta crecendo a paso axigantados pola comodidade,tranquilidade, e situación xeografica que a comunica ca cidade da Coruña a 15 minutos, do aeroporto a 5 minutos e de Santiago a tan so 45 minutos.