Mostrart Feira de Artesanía

Mostrart Feira de Artesanía A feira de artesanía máis importante de Galicia. Do 1 ao 30 de agosto do 2026. Celébrase desde 1985 no centro da cidade, nos xardíns de Méndez Núñez.

Esta será a edición número 38 de Mostrart, a feira de artesanía de referencia en Galicia e unha das máis importantes de España.

22/08/2026

⏱️ Así de rápido pasa o tempo en Mostrart… e aínda estás a tempo de vir!

🗓️ Ata o 30 de agosto

📍 Xardíns de Méndez Núñez · Cantón Pequeno

🕐 Todos os días, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 h

Artesanía, creatividade e moito talento galego agardándote.

20/08/2026

Chegamos ao último obradoiro desta semana de Oficios ao Sol!

Nesta ocasión, as persoas participantes elaboraron un moedeiro de coiro, coñecendo e traballando todos os procesos necesarios para a súa creación.

Da man de Amílcar, responsable do obradoiro Chueco, achegámonos unha vez máis ao saber facer do oficio da marroquinería.

Moitas grazas, Amílcar, por compartir o teu oficio e os teus coñecementos con nós!

Esta actividade está organizada por Asociación Galega de Artesáns en acordo co Concello da Coruña e co financiamento da Deputación da Coruña.





19/08/2026

Seguimos con máis obradoiros de Oficios ao Sol!

Nesta ocasión, da man de Blanca, responsable de El Taller Muy Secreto, as persoas participantes crearon un fermoso móbil de medusas de tea, empregando paus recollidos en diferentes praias de Galicia. 🪼

Unha proposta creativa que combina artesanía, natureza e reutilización.

Moitas grazas, Blanca, polo teu traballo e por compartir a túa creatividade con nós!

Esta actividade está organizada por Asociación Galega de Artesáns en acordo co Concello da Coruña e co financiamento da Deputación da Coruña.





18/08/2026

Seguimos coa terceira semana de Oficios ao Sol!

No segundo obradoiro desta semana, as persoas participantes puideron crear un autómata de madeira, coñecendo e traballando os diferentes procesos de elaboración.

Da man de Antonio, do obradoiro Enxógate, descubrimos un pouco máis sobre o apaixonante mundo da madeira e dos xoguetes.

Moitas grazas, Antonio, por compartir o teu saber facer e ensinarnos tanto!

Esta actividade está organizada por Asociación Galega de Artesáns en acordo co Concello da Coruña e co financiamento da Deputación da Coruña.
artesania



17/08/2026

Comezamos a terceira semana de Oficios ao Sol!

Nesta ocasión, da man de Víctor Ares, as persoas participantes puideron experimentar co modelado en cerámica, creando diferentes partes do rostro: ollos, nariz e boca.

Unha oportunidade para coñecer de primeira man os procesos de elaboración e descubrir as posibilidades da cerámica.

Grazas, Víctor, por compartir o teu saber facer con nós!

Esta actividade está organizada por Asociación Galega de Artesáns en acordo co Concello da Coruña e co financiamento da Deputación da Coruña.





Con eles completamos o repaso dos obradoiros que están con nós todo o mes!  Pero a feira segue chea de vida e de talento...
14/08/2026

Con eles completamos o repaso dos obradoiros que están con nós todo o mes! Pero a feira segue chea de vida e de talento por descubrir... así que garda esta lista e estate moi atento ás nosas redes, porque aínda quedan moitos máis expositores e novidades que ir repasando!

Caseta 39: Onda. ondatelier

Caseta 41: Artesanía Nia. Artesanía Nia

Caseta 42: Patapum. taller patapúm

Caseta 45: Xakarandá. 🆇🅰🅺🅰🆁🅰🅽🅳🅰
ƦεραƦ†ιεπδø αƦ†ε

Achégate a coñecer os seus traballos, fala con eles e goza do mellor feito a man.

📍 Lugar: Xardíns de Méndez Núñez (A Coruña)
⏰ Horario: De 11:00 a 14:00 h e de 17:30 a 22:00 h
📅 Data: Feira aberta ata o 30 de agosto

13/08/2026

Último obradoiro desta segunda semana de Oficios ao Sol!

Da man de Sandra Betanzos, responsable do obradoiro Amor ó Teu, as persoas participantes achegáronse á técnica da estampación a través de plantillas de estarcido con motivos inspirados na natureza, creando unha fermosa panoleta de algodón reciclado.

Moitas grazas, Sandra, por compartir o teu saber facer!

Esta actividade está organizada por Asociación Galega de Artesáns en acordo co Concello da Coruña e co financiamento da Deputación da Coruña.





12/08/2026

🌙 Nin sequera cun eclipse! Nada pode vencer a Oficios ao Sol.

Nesta ocasión tocoulle ao obradoiro de feltro con agulla, no que as persoas participantes crearon unha ovella de la da man de Mª José Valle, responsable do obradoiro Tokillama.

🐑 Unha nova oportunidade para descubrir un oficio artesanal e aprender novas técnicas.

Moitas grazas, Mª José, por compartir o teu saber facer!

Esta actividade está organizada por Asociación Galega de Artesáns en acordo co Concello da Coruña e co financiamento da Deputación da Coruña.





11/08/2026

Segundo obradoiro desta semana de Oficios ao Sol!

Nesta ocasión, Ana Novo, do obradoiro Tres Caracoles, achegou ás persoas participantes ao oficio artesanal da marroquinería, ensinándolles a elaborar borlas de coiro e a coñecer os diferentes procesos de creación.

👏 Moitas grazas, Ana, por compartir o teu saber facer!

Esta actividade está organizada por Asociación Galega de Artesáns en acordo co Concello da Coruña e co financiamento da Deputación da Coruña.




Novas incorporacións na feira!Dende onte contamos con catro novos obradoiros artesáns que se sumaron á feira. Queremos d...
11/08/2026

Novas incorporacións na feira!

Dende onte contamos con catro novos obradoiros artesáns que se sumaron á feira. Queremos darlles a benvida e convidarte a que veñas a coñecelos de preto:

Caseta 19: Bosque Taller. BosqueTaller 🌿

Caseta 28: Mimacuir. mimacuir l Bolsos de piel hechos a mano en España

Caseta 29: Sacco. Sacco/Bisuteria personalizada cosida a mano

Caseta 33: Laura Triñanes. Laura Triñanes

Achégate a descubrir as súas creacións, deseños únicos e todo o talento que traen con eles!

📍 Lugar: Xardíns de Méndez Núñez (A Coruña)
⏰ Horario: De 11:00 a 14:00 h e de 17:30 a 22:00 h
📅 Data: A feira continua aberta ata o 30 de agosto

Dirección

Xardíns De Méndez Núñez
A Coruña
15003

Horario de Apertura

Lunes 11:00 - 14:00
17:30 - 22:00
Martes 11:00 - 14:00
17:30 - 22:00
Miércoles 11:00 - 14:00
17:30 - 22:00
Jueves 11:00 - 14:00
17:30 - 22:00
Viernes 11:00 - 14:00
17:30 - 22:00
Sábado 11:00 - 14:00
17:30 - 22:00
Domingo 11:00 - 14:00
17:30 - 22:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Mostrart Feira de Artesanía publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir