Concello de Abadín

Concello de Abadín Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Concello de Abadín, Ayuntamiento, Avda de Galicia 2, Abadín.

📢 O delegado territorial da Xunta en Lugo visita Abadín para analizar os investimentos no municipioO delegado territoria...
13/06/2026

📢 O delegado territorial da Xunta en Lugo visita Abadín para analizar os investimentos no municipio

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, mantivo unha reunión co alcalde de Abadín, José María López Rancaño, na que repasaron as principais actuacións e investimentos que a Xunta está a desenvolver no noso concello.

🏗️ Entre os proxectos abordados destaca a futura residencia de maiores de Abadín, que contará con 44 prazas e para a que a Consellería de Política Social e Igualdade destina 1,2 millóns de euros para financiar as obras.

🚶 Ademais, tamén se analizaron outras actuacións realizadas no municipio, como as melloras executadas a través do Fondo de Compensación Ambiental, que permitiron levar a cabo obras no pavillón municipal e a habilitación dunha senda peonil, así como investimentos destinados á mellora da eficiencia enerxética nos vestiarios do campo de fútbol.

🤝 Este encontro enmárcase na colaboración institucional entre a Xunta de Galicia e o Concello de Abadín para continuar impulsando proxectos que contribúan á mellora dos servizos públicos e da calidade de vida da veciñanza.

https://share.google/opmVmwXI0k4kZKlJQ

La Xunta destinó 1,2 millones de euros para financiar las obras de la residencia de mayores y con los 276.400 euros del fondo de Compensación Ambiental ...

🚧 Continúan os traballos de mellora da rede viaria municipal en Abadín 🚧O Concello de Abadín segue avanzando no seu plan...
13/06/2026

🚧 Continúan os traballos de mellora da rede viaria municipal en Abadín 🚧

O Concello de Abadín segue avanzando no seu plan de pavimentación de camiños mediante aglomerado asfáltico, co obxectivo de mellorar a seguridade, a accesibilidade e a calidade das comunicacións nas distintas parroquias do municipio.

📍 Actuacións realizadas:
• Acceso aos Caseiros, en Baroncelle.
• Acceso á Igrexa das Goas.

Estas obras contribúen a mellorar a mobilidade da veciñanza e o acceso a puntos de especial importancia para a vida diaria do noso concello.

👷 Os traballos están sendo executados pola empresa Construcciones Cholo, S.L., de Vilalba.

Dende o Concello de Abadín seguimos traballando para mellorar as infraestruturas e os servizos en todas as parroquias do municipio.

📢 Boa acollida para a presentación do Proxecto Aloumiños en Abadín💚 Na mañá de onte tivo lugar no Salón de Actos Municip...
11/06/2026

📢 Boa acollida para a presentación do Proxecto Aloumiños en Abadín

💚 Na mañá de onte tivo lugar no Salón de Actos Municipal a presentación do Proxecto Aloumiños, unha iniciativa orientada a promover o benestar, os hábitos saudables e as relacións sociais entre a poboación adulta, especialmente entre as persoas maiores de 55 anos.

👥 A xornada contou cunha notable participación de veciños e veciñas, que puideron coñecer de primeira man os obxectivos e actividades deste programa, baseado na creación de espazos de encontro, apoio mutuo e mellora da calidade de vida.

🤝 O Proxecto Aloumiños busca fomentar a participación social, combater a soidade non desexada e contribuír ao benestar físico e emocional das persoas participantes mediante actividades grupais e comunitarias.

👏 Dende o Concello de Abadín agradecemos a asistencia de todas as persoas que se achegaron á presentación e animamos á veciñanza a formar parte desta iniciativa tan enriquecedora.

🚧 Comezan as obras de aglomerado asfáltico en A Carballeira (A Graña) 🚧Hoxe deron comezo os traballos de aglomerado asfá...
11/06/2026

🚧 Comezan as obras de aglomerado asfáltico en A Carballeira (A Graña) 🚧

Hoxe deron comezo os traballos de aglomerado asfáltico en A Carballeira, na parroquia da Graña, unha actuación destinada a mellorar o estado da rede viaria e a seguridade na circulación da veciñanza.

🏗️ Estas obras permitirán acondicionar e renovar o firme, contribuíndo a unha mellor comunicación e comodidade para os usuarios desta vía.

Dende o Concello de Abadín seguimos traballando na conservación e mellora das infraestruturas municipais, atendendo ás necesidades dos nosos veciños e veciñas e apostando por un rural máis accesible e seguro.

🙏 Pregamos desculpas polas posibles molestias que estes traballos poidan ocasionar durante a súa execución e agradecemos a comprensión e colaboración da veciñanza.

A Oficina Móbil de Retorno da Xunta de Galicia estará en ABADÍN.📆 Cando? o vindeiro martes, 16 de xuño🕘 En que horario? ...
10/06/2026

A Oficina Móbil de Retorno da Xunta de Galicia estará en ABADÍN.

📆 Cando? o vindeiro martes, 16 de xuño
🕘 En que horario? de 9 a 14 horas
📍 Onde? No lateral do Concello

🤔 Para garantir a túa atención pide cita na seguinte ligazón 👉🏼 https://emigracion.xunta.gal/es/actividad/retorna/oficina-movil-cita-previa

Queres saber que servizos presta?
🔹 Asesoramento sobre programas de apoio ao retorno
🔹 Asistencia en trámites administrativos incluíndo xestións de temas relacionados coa sanidade, educación e seguridade social
🔹 Información tributaria
🔹 Orientación laboral, axudando na busca de emprego en Galicia e validación de títulos obtidos no estranxeiro
🔹 Información sobre opcións de vivenda

Achégate!

Oficina móvil retorno

🎉 Clausura das Escolas Deportivas Municipais 2025-2026 🎉Na tarde de onte celebramos no ximnasio do CEIP Aquilino Iglesia...
04/06/2026

🎉 Clausura das Escolas Deportivas Municipais 2025-2026 🎉

Na tarde de onte celebramos no ximnasio do CEIP Aquilino Iglesia Alvariño a festa de clausura das Escolas Deportivas Municipais, poñendo o broche final a un curso cheo de deporte, aprendizaxe, compañeirismo e diversión.

🏊‍♀️ Piscina
⛸️ Patinaxe
💃 Zumba
⚽ Fútbol

Durante a xornada, os nenos e nenas participantes gozaron dunha tarde festiva na que non faltaron os xogos, a animación e a entrega de diplomas como recoñecemento ao seu esforzo e participación ao longo do curso.

👏 Dende o Concello de Abadín queremos agradecer a implicación das familias, monitores, colaboradores e da ANPA do CEIP Aquilino Iglesia Alvariño, cuxa colaboración é fundamental para o éxito destas actividades.

💙 Parabéns a todos os participantes por unha tempada chea de ilusión, deporte e amizade. Agardamos vervos de novo o vindeiro curso, compartindo deporte, valores e bos momentos.

📢 O Concello de Abadín acollerá a presentación do Proxecto AloumiñosO vindeiro 10 de xuño de 2026, ás 11:00 horas, terá ...
03/06/2026

📢 O Concello de Abadín acollerá a presentación do Proxecto Aloumiños

O vindeiro 10 de xuño de 2026, ás 11:00 horas, terá lugar no Salón de Actos Municipal a presentación do Proxecto Aloumiños, unha iniciativa impulsada polo Servizo Galego de Saúde e o Colexio de Educadores Sociais de Galicia.

💚 Este proxecto ten como obxectivo promover hábitos e contornos saudables, crear espazos de benestar e mellorar a calidade de vida, fomentando o apoio social e as relacións interpersoais.

👉 Ademais, busca reducir a sensación de soidade, favorecer a adherencia aos tratamentos de saúde e contribuír a un menor uso dos servizos sanitarios.

👥 A iniciativa está dirixida á poboación adulta, especialmente ás persoas maiores de 55 anos.

📍 Data: Mércores, 10 de xuño de 2026
🕚 Hora: 11:00 h
📌 Lugar: Salón de Actos Municipal
📝 Inscrición: Non é necesaria

Animamos á veciñanza a participar e coñecer esta interesante iniciativa social e de benestar.

📢 Esta mañá o CIM Móbil (Centro de Información ás Mulleres) estivo no Concello de Abadín, ofrecendo atención, informació...
30/05/2026

📢 Esta mañá o CIM Móbil (Centro de Información ás Mulleres) estivo no Concello de Abadín, ofrecendo atención, información e asesoramento ás veciñas do noso municipio.

💜 Un servizo de proximidade fundamental para promover a igualdade, apoiar ás mulleres e facilitar orientación en diferentes ámbitos sociais, laborais e persoais.

Dende o Concello de Abadín queremos agradecer a visita e o traballo realizado polo equipo do CIM Móbil, achegando estes recursos tan importantes á nosa veciñanza.

📢 Programa “Benestar en Balnearios 2026”O Concello de Abadín informa da apertura do prazo para solicitar o programa Bene...
28/05/2026

📢 Programa “Benestar en Balnearios 2026”

O Concello de Abadín informa da apertura do prazo para solicitar o programa Benestar en Balnearios 2026, destinado a persoas maiores que cumpran os requisitos establecidos.

✅ Persoas beneficiarias:
• Persoas de 60 anos ou máis.
• Persoas de 55 anos ou máis pensionistas da Seguridade Social.
• Empadroadas nalgún concello de Galicia.

📝 Ademais, deberán cumprir o resto de condicións recollidas na convocatoria oficial.

📅 Prazo de presentación de solicitudes:
Do 27 de maio ao 26 de xuño de 2026.

📍 Lugar de presentación:
• Preferiblemente por vía electrónica na sede da Xunta de Galicia.
• Tamén nos rexistros e lugares habilitados segundo a normativa vixente.

ℹ️ Para máis información ou axuda coa tramitación, poden dirixirse ao Concello de Abadín.

Dirección

Avda De Galicia 2
Abadín
27730

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:30
Martes 09:00 - 14:30
Miércoles 09:00 - 14:30
Jueves 09:00 - 14:30
Viernes 09:00 - 14:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Abadín publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Abadín:

Compartir

Categoría