05/09/2026
⚠️ A PÁXINA DO CONCELLO É PARA INFORMAR Á VECIÑANZA, NON PARA FACER PROPAGANDA.
🌩️ Hoxe o 112 Galicia advertiu dunha alerta laranxa por tormentas no centro e na zona de montaña da provincia de Lugo, con posibilidade de fortes refachos de vento e sarabia de gran tamaño.
🌨️ E a realidade confirmou a importancia do aviso. Caeron pedras de sarabia que superaban incluso o tamaño dunha moeda dun euro.
📢 Estamos falando de información de interese público e de seguridade. Un aviso deste tipo debería difundirse dende a páxina oficial do Concello para que chegue ao maior número posible de veciños e veciñas.
🤷♂️ Pero en Abadín parece que hai outras prioridades. Carta vai, carta ven, publicacións políticas cando interesa… pero para trasladar avisos do 112 e información útil para a poboación, nada. Que máis dá.
⚠️ E non é algo puntual. Ao longo do ano prodúcense alertas meteorolóxicas, avisos de emerxencias e outras comunicacións que deberían ter difusión dende unha páxina institucional. Ata que un día pase unha desgraza e entón todos preguntaremos por que non se avisou.
💸 E lembremos unha cousa: esa páxina non é persoal do alcalde nin pertence a ningún partido. É a páxina oficial do Concello de Abadín e custa arredor de 420 euros ao mes aos abadinenses. Se a pagamos entre todos, debe estar ao servizo de todos.
📲 Unha ferramenta pública debería utilizarse primeiro para informar, avisar e prestar un servizo á veciñanza, especialmente en situacións coma esta.
👉 Xa que o Concello non o fai, seguiremos compartindo aqueles avisos e informacións que consideremos importantes para os veciños e veciñas de Abadín.
Informar tamén é gobernar. E cando hai unha alerta meteorolóxica, informar pode evitar problemas e incluso accidentes.
🙋🏻 Levaremos está proposta no vindeiro pleno.
🔜 Seguimos.