Fundación Vicente Risco

Fundación Vicente Risco A Fundación Vicente Risco é unha entidade sen ánimo de lucro que realiza actividades educativas e culturais, partindo do legado de Vicente Risco.

O sábado 1 de maio e o domingo 25 de xullo estaremos abertos

02/06/2026

📚✨ Lembrámosvos que segue aberto o prazo de inscrición para PÓRTALEN 2026! ✨📚

Os vindeiros 12 e 13 de xuño de 2026, acolleremos as 𝐗𝐨𝐫𝐧𝐚𝐝𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐋𝐢𝐭𝐞𝐫𝐚𝐭𝐮𝐫𝐚 𝐅𝐚𝐧𝐭𝐚́𝐬𝐭𝐢𝐜𝐚 𝐀𝐜𝐭𝐮𝐚𝐥 𝐞𝐧 𝐋𝐢𝐧𝐠𝐮𝐚𝐬 𝐈𝐛𝐞́𝐫𝐢𝐜𝐚𝐬.

🎟️ A entrada é libre ata completar a capacidade do recinto.
📩 Para garantir a vosa praza, podedes inscribirvos escribindo a: 𝙚𝙫𝙚𝙣𝙩𝙤𝙨@𝙛𝙪𝙣𝙙𝙖𝙘𝙞𝙤𝙣𝙫𝙞𝙘𝙚𝙣𝙩𝙚𝙧𝙞𝙨𝙘𝙤.𝙘𝙤𝙢

📍 Allariz
📅 12 e 13 de xuño de 2026

Agardámosvos para compartir dúas xornadas dedicadas á literatura fantástica, ao diálogo entre linguas ibéricas e á creación contemporánea. 🌟📖

Os membros do xurado atópanse nestes días inmersos na lectura e valoración das obras concorrentes á 𝐗𝐗𝐗 𝐞𝐝𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐨 𝐏𝐫𝐞́...
01/06/2026

Os membros do xurado atópanse nestes días inmersos na lectura e valoración das obras concorrentes á 𝐗𝐗𝐗 𝐞𝐝𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐨 𝐏𝐫𝐞́𝐦𝐢𝐨 𝐕𝐢𝐜𝐞𝐧𝐭𝐞 𝐑𝐢𝐬𝐜𝐨 𝐝𝐞 𝐂𝐢𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚𝐬 𝐒𝐨𝐜𝐢𝐚𝐢𝐬.

O día 20 celebrarase a reunión de deliberación na que se decidirá a obra merecente do galardón e se fará público o fallo do xurado.

𝐀𝐧𝐭𝐨́𝐧 𝐑𝐢𝐬𝐜𝐨𝟑𝟎.𝟎𝟓.𝟏𝟗𝟐𝟔–𝟑𝟎.𝟎𝟓.𝟐𝟎𝟐𝟔100 anos do seu nacemento.Un legado de cultura.
30/05/2026

𝐀𝐧𝐭𝐨́𝐧 𝐑𝐢𝐬𝐜𝐨
𝟑𝟎.𝟎𝟓.𝟏𝟗𝟐𝟔–𝟑𝟎.𝟎𝟓.𝟐𝟎𝟐𝟔

100 anos do seu nacemento.

Un legado de cultura.

29/05/2026
✨ Nova novidade editorialPresentamos 𝐎 𝐬𝐞𝐧̃𝐨𝐫 𝐟𝐞𝐮𝐝𝐚𝐥,, de Vicente Risco, o primeiro número dunha colección especial: 𝐎𝐬 ...
27/05/2026

✨ Nova novidade editorial

Presentamos 𝐎 𝐬𝐞𝐧̃𝐨𝐫 𝐟𝐞𝐮𝐝𝐚𝐥,, de Vicente Risco, o primeiro número dunha colección especial: 𝐎𝐬 𝐛𝐫𝐞𝐯𝐞𝐬 𝐝𝐨 𝐑𝐢𝐬𝐜𝐨.

Esta edición conta ademais co limiar de Antonio Blanco Rodriguez

Xa dispoñible!

🎻✨ Esta fin de semana tivemos o pracer de g***r dun concerto excepcional dentro do XII Ciclo de Música de Cámara Carmen ...
25/05/2026

🎻✨ Esta fin de semana tivemos o pracer de g***r dun concerto excepcional dentro do XII Ciclo de Música de Cámara Carmen Fernández.

O violinista Matías Ferreira, acompañado ao piano por Damián Hernández, ofreceu unha actuación chea de sensibilidade, técnica e emoción. 🎶

Desde a Fundación Vicente Risco queremos agradecer ao público asistente a súa presenza e apoio á cultura e á música en directo. 💙
Vémonos no próximo!

📍Na sede da Fundación Vicente Risco, en Allariz, o día 23 de maio de 2026 reuniuse o xurado do 𝐗𝐈 𝐏𝐫𝐞𝐦𝐢𝐨 𝐝𝐞 𝐧𝐨𝐯𝐞𝐥𝐚 𝐜𝐮𝐫𝐭𝐚...
23/05/2026

📍Na sede da Fundación Vicente Risco, en Allariz, o día 23 de maio de 2026 reuniuse o xurado do 𝐗𝐈 𝐏𝐫𝐞𝐦𝐢𝐨 𝐝𝐞 𝐧𝐨𝐯𝐞𝐥𝐚 𝐜𝐮𝐫𝐭𝐚 𝐀𝐧𝐭𝐨́𝐧 𝐑𝐢𝐬𝐜𝐨 𝟐𝟎𝟐𝟔, composto por Celia Fernández Clemente, María Elvira Moroño Suárez, Héitor Mera Herbello (por delegación), Alejandro Castro Botello e Javier Rúa Soto.
Actuou como secretaria sen voz e sen voto Ana Gloria Rodríguez Alonso.

Despois da deliberación, acordouse por maioría conceder o premio do ano 2026, consistente en 3.000€ mais a publicación da obra no selo editorial Doutor Alveiros, como prevén as bases do certame, á novela titulada 𝑨𝒛𝒖𝒍, cuxa autoría corresponde a Mon G. Buhigas.

O xurado salientou a calidade lírica e a intensidade emocional da novela, así como a autenticidade da voz narrativa para tratar un tema íntimo e doloroso, como é a perda dun ser querido.

🎻✨ Lembrade que mañá temos unha cita coa música ✨🎻Aínda queda algunha praza para o concerto de Matías Ferreira dentro do...
22/05/2026

🎻✨ Lembrade que mañá temos unha cita coa música ✨🎻

Aínda queda algunha praza para o concerto de Matías Ferreira dentro do XII Ciclo de Música de Cámara Carmen Fernández 💙

📩 Podes reservar a túa praza en:
𝐞𝐯𝐞𝐧𝐭𝐨𝐬@𝐟𝐮𝐧𝐝𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐯𝐢𝐜𝐞𝐧𝐭𝐞𝐫𝐢𝐬𝐜𝐨.𝐜𝐨𝐦
Despois do concerto haberá petiscos, deliciosos bombóns de Fina Rei e viño de Joaquín Rebolledo.

📚 Vicente Risco nunca abandonou os temas polos que se interesou desde os seus inicios teosóficos ata desenvolvelos na hi...
21/05/2026

📚 Vicente Risco nunca abandonou os temas polos que se interesou desde os seus inicios teosóficos ata desenvolvelos na historia e a etnografía científica.

Froito desta paixón é a obra 𝑷𝒂𝒍𝒆𝒔𝒕𝒊𝒏𝒂, presentada á censura franquista en 1944 e hoxe felizmente rescatada do esquecemento en edición anotada de Olivia Rodríguez González, con limiar de Miguel A. Murado e epílogo de Manuel Outeiriño. Como apéndice necesario, ofrecemos as páxinas engadidas polo autor en 1960 na reedición da 𝑯𝒊𝒔𝒕𝒐𝒓𝒊𝒂 𝒅𝒆 𝒍𝒐𝒔 𝒋𝒖𝒅𝒊́𝒐𝒔 (1944).

🕊️ 𝑷𝒂𝒍𝒆𝒔𝒕𝒊𝒏𝒂 obedece ao interese de Risco por un acontecemento histórico que agoira terrible e de difícil solución. Máis alá da preocupación relixiosa polos Santos Lugares que motiva a escritura, as palabras premonitorias de Risco cumpríronse coa Nakba de 1948 e seguen a resoar no xenocidio ao que asistimos horrorizados.

𝐌𝐨𝐧𝐞𝐢𝐱𝐚𝐬 (𝐋𝐚𝐥𝐢́𝐧). 𝟏𝟗𝟑𝟎.Fermosísima fotografía conservada nos nosos fondos.O valor etnográfico da fotografía é excepcion...
20/05/2026

𝐌𝐨𝐧𝐞𝐢𝐱𝐚𝐬 (𝐋𝐚𝐥𝐢́𝐧). 𝟏𝟗𝟑𝟎.

Fermosísima fotografía conservada nos nosos fondos.

O valor etnográfico da fotografía é excepcional por dous factores documentais:🌾

Patrimonio arquitectónico: Rexistra un cabaceiro circular de vimbio trenzado e tellado de palla e unha construcción tipica na parte de atrás da imaxe.

Antropoloxía visual: Testemuña as convencións do retrato de estudio ao aire libre da época, onde se fusionaba de xeito artificial a indumentaria festiva e de gala (xoias incluídas) coas ferramentas de labor rural. 📂

Dirección

Rúa San Lorenzo, 3
Allariz
32660

Horario de Apertura

16:00 - 20:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Fundación Vicente Risco publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir