16/06/2026
Arredor de 60 persoas participaron na andaina teatralizada polo Mar de Ovellas 🎭🚶🏼♀️➡️
🔸O Concello de Ames, a través dos departamentos de Turismo e Normalización Lingüística, organizou un ano máis esta ruta polo Mar de Ovellas, incluída na programación de Rosalía 2026. Deste xeito, 55 persoas participaron o pasado domingo, 7 de xuño, nesta andaina teatralizada polo grupo Os Quinquilláns e pola regueifeira Lupe Blanco.
🔸A ruta partiu de Augapesada e rematou no local social de Trasmonte cunha pequena festa con música e degustación de petiscos.
Para saber máis e galería de imaxes aquí 🔗ℹ️ 📸 https://l1nq.com/ks3svnn