Os Mares da Baixura

Os Mares da Baixura Proxecto subvencionado polo GALP 7 Ría de Vigo-A Guarda

Os mares da Baixura: Unha web para formar e informar, é un proxecto que pretende dar a coñecer o sector pesqueiro para o seu relevo xeracional e a incorporación de persoal cualificado.

Onte demos por finalizado o proxecto '𝗢𝘀 𝗺𝗮𝗿𝗲𝘀 𝗱𝗮 𝗯𝗮𝗶𝘅𝘂𝗿𝗮 𝗜𝗜: 𝗮𝗺𝗽𝗹𝗶𝗮𝗻𝗱𝗼 𝗵𝗼𝗿𝗶𝘇𝗼𝗻𝘁𝗲𝘀' cunha xornada final que celebramos n...
02/09/2025

Onte demos por finalizado o proxecto '𝗢𝘀 𝗺𝗮𝗿𝗲𝘀 𝗱𝗮 𝗯𝗮𝗶𝘅𝘂𝗿𝗮 𝗜𝗜: 𝗮𝗺𝗽𝗹𝗶𝗮𝗻𝗱𝗼 𝗵𝗼𝗿𝗶𝘇𝗼𝗻𝘁𝗲𝘀' cunha xornada final que celebramos na sede da Federación de Confrarías de Pontevedra e na que participaron Paula Prieto, responsable do proxecto Os Mares da Baixura; José Manuel Rosas, presidente da Asociación Mar Seguro de Galicia; e María Elena Herbello, xerente do GALP Vigo- A Guarda. O acto tamén contou coa asistencia da xefa do Servicio de Desenvolvemento das Zonas de Pesca, Esperanza Martínez.

Durante a xornada fixemos balance do feito grazas a esta segunda parte do proxecto, que se resume en maior contido sobre o sector pesqueiro, sobre todo nos eidos de medio ambiente e igualdade, e nunha maior oferta formativa para a xente do mar.

Grazas a todas as persoas que participaron dalgún xeito nesta nova fase. Agardamos que pronto poidamos 'ampliar máis horizontes'. 🩵

⚓⚓

💻 osmaresdabaixura.com

⚓️⚓️
Asociación Mar Seguro de Galicia GALP Ría de Vigo A Guarda

Mañá  celebramos a 𝘅𝗼𝗿𝗻𝗮𝗱𝗮 𝗳𝗶𝗻𝗮𝗹 𝗱𝗲 ‘𝗢𝘀 𝗺𝗮𝗿𝗲𝘀 𝗱𝗮 𝗯𝗮𝗶𝘅𝘂𝗿𝗮 𝗜𝗜: 𝗮𝗺𝗽𝗹𝗶𝗮𝗻𝗱𝗼 𝗵𝗼𝗿𝗶𝘇𝗼𝗻𝘁𝗲𝘀’.Participarán:🔸José Manuel Rosas, pres...
31/08/2025

Mañá celebramos a 𝘅𝗼𝗿𝗻𝗮𝗱𝗮 𝗳𝗶𝗻𝗮𝗹 𝗱𝗲 ‘𝗢𝘀 𝗺𝗮𝗿𝗲𝘀 𝗱𝗮 𝗯𝗮𝗶𝘅𝘂𝗿𝗮 𝗜𝗜: 𝗮𝗺𝗽𝗹𝗶𝗮𝗻𝗱𝗼 𝗵𝗼𝗿𝗶𝘇𝗼𝗻𝘁𝗲𝘀’.

Participarán:
🔸José Manuel Rosas, presidente da Asociación Mar Seguro de Galicia
🔸 María Elena Herbello, xerente do GALP Vigo- A Guarda
🔸 Paula Prieto, responsable do proxecto Os Mares da Baixura

📆 Luns 1 de setembro ás 11:30 horas
📌 Federación de Confrarías de Pontevedra (Peirao nº 32, Arcade)

⚓⚓
Asociación Mar Seguro de Galicia GALP Ría de Vigo A Guarda

Hai case dous anos que “ampliamos horizontes” coa segunda parte do proxecto Os mares da baixura. 🔹Deseñamos unha web mái...
28/08/2025

Hai case dous anos que “ampliamos horizontes” coa segunda parte do proxecto Os mares da baixura.

🔹Deseñamos unha web máis accesible
🔹Creamos novo contido sobre o sector pesqueiro
🔹Falamos de igualdade e medio ambiente
🔹Realizamos dous novos vídeos
🔹Lanzamos novos cursos e melloramos a plataforma de formación
🔹Organizamos xornadas para presentar o proxecto e a liña formativa

E agora convidámoste á 𝘅𝗼𝗿𝗻𝗮𝗱𝗮 𝗳𝗶𝗻𝗮𝗹 𝗱𝗲 ‘𝗢𝘀 𝗺𝗮𝗿𝗲𝘀 𝗱𝗮 𝗯𝗮𝗶𝘅𝘂𝗿𝗮 𝗜𝗜: 𝗮𝗺𝗽𝗹𝗶𝗮𝗻𝗱𝗼 𝗵𝗼𝗿𝗶𝘇𝗼𝗻𝘁𝗲𝘀’.

Participarán:
🔸José Manuel Rosas, presidente da Asociación Mar Seguro de Galicia
🔸 María Elena Herbello, xerente do GALP Vigo- A Guarda
🔸 Paula Prieto, responsable do proxecto Os Mares da Baixura

📆 Luns 1 de setembro ás 11:30 horas
📌 Federación de Confrarías de Pontevedra (Peirao nº 32, Arcade)

⚓⚓
Balance no blog:
https://osmaresdabaixura.com/gl/noticias/balance-segunda-parte-mares-baixura/

⚓️⚓️
Asociación Mar Seguro de Galicia GALP Ría de Vigo A Guarda

22/08/2025

Novo vídeo! 📹

Seguimos divulgando as artes de pesca e, desta vez, descubrimos o boliche. 🚢Descubrimos a bordo máis sobre esta arte de pesca propia das Rías Baixas que se emprega preto das praias e, principalmente, para a captura de luras. 🦑

🗣 Antonio Pombal cóntache todo no vídeo!

📹 Podes ver máis material audiovisual na web do proxecto:
https://osmaresdabaixura.com/mediateca/

⚓️⚓️
Asociación Mar Seguro de Galicia GALP Ría de Vigo A Guarda

Facemos balance de ‘Os mares da baixura II’, grazas ao que lanzamos unha nova web moito máis accesibe e con contido novo...
12/08/2025

Facemos balance de ‘Os mares da baixura II’, grazas ao que lanzamos unha nova web moito máis accesibe e con contido novo sobre igualdade, embarazo ou economía circular, e gravamos novos vídeos. Tamén melloramos a oferta da plataforma de formación, que conta con 4 cursos gratuítos.

💻 Contámoscho no blog! ⬇️
https://osmaresdabaixura.com/gl/noticias/balance-segunda-parte-mares-baixura/

⚓️⚓️
Asociación Mar Seguro de Galicia GALP Ría de Vigo A Guarda

Sabías que os restos de mexillón e animais que saen do desdobramento e a recollida das cordas das bateas tamén poden rep...
05/08/2025

Sabías que os restos de mexillón e animais que saen do desdobramento e a recollida das cordas das bateas tamén poden representar un problema se os tiras ao mar?

🧐 Pois si, xa que a carga de materia orgánica no fondo aumenta moito, modificando así o sedimento e a fauna que vive nesas zonas, facéndoas inservibles de por vida.

💻 Descubre máis boas prácticas e o novo apartado sobre economía circular na web:
https://osmaresdabaixura.com/gestion-medioambiental/

Da madrugada do domingo para hoxe luns saímos ao mar na embarcación As Eiras desde o porto de Cangas. E… para que? 🎥 Poi...
21/07/2025

Da madrugada do domingo para hoxe luns saímos ao mar na embarcación As Eiras desde o porto de Cangas. E… para que? 🎥 Pois estivemos de gravación para contarche nun vídeo máis detalles sobre o .

Será o segundo dos novos vídeos que realizaremos no marco de ‘Os mares da baixura II’. Na web podes ver os que xa temos publicados sobre outras artes de pesca:
https://osmaresdabaixura.com/mediateca/

⚓️⚓️
Asociación Mar Seguro de Galicia GALP Ría de Vigo A Guarda

🗣 Falamos con Sara e María Jesús, redeiras da Asociacion de Rederas Atalaia da Guarda, sobre o seu oficia e a súa divers...
17/07/2025

🗣 Falamos con Sara e María Jesús, redeiras da Asociacion de Rederas Atalaia da Guarda, sobre o seu oficia e a súa diversificación creando produtos de Artesanía de Galicia, que ao tempo son unha grande iniciativa de economía circular.

Ademais de montar e reparar as do mar, estas mulleres tecen redes entre elas para apoiarse no traballo e defender os seus dereitos.

Le a entrevista no blog! 👇

💻 https://osmaresdabaixura.com/gl/noticias/entrevista-redeiras-atalaia/

🌊🌊

Asociación Mar Seguro de Galicia GALP Ría de Vigo A Guarda

Comezou xullo e con el a campaña do polbo, da nécora y do boliche! 🦑Xa che falamos noutras ocasión das nasas (usadas par...
04/07/2025

Comezou xullo e con el a campaña do polbo, da nécora y do boliche! 🦑

Xa che falamos noutras ocasión das nasas (usadas para a captura de polbo e nécora) pero… sabes en que consiste o ? 🧐

Tamén coñecido como chinchorro, é una arte de pesca mixta que combina elementos do arrastre e do cerco.

🔹Úsase principalmente para a captura de luras e chocos
🔹A dimensión mínima da malla debe ser de 25 mm
🔹Está composta de dúas pernas que rematan nun cope de malla máis tupida onde quedan atrapadas as capturas

ℹ️ Lembra que podes descubrir máis sobre artes de pesca, boas prácticas e saúde laboral no sector pesqueiro na nosa web osmaresdabaixura.com

25 de xuño – Día da Xente do Mar 🛳Hoxe queremos poñer en valor a xente que fai do mar o seu fogar, o seu oficio, o seu l...
25/06/2025

25 de xuño – Día da Xente do Mar 🛳

Hoxe queremos poñer en valor a xente que fai do mar o seu fogar, o seu oficio, o seu legado. En Galicia, a pesca non é só un traballo: é cultura, historia, sustento e orgullo.

🌊 Desde os percebeir@s que desafían os acantilados e as mariscadoras que coidan as nosas rías con mans sabias ata as persoas mariñeiras que faenan coas súas embarcacións e coñecen cada recuncho da nosa costa. E, por suposto, todas as persoas que desde terra teñen un papel esencial para que o peixe e marisco chegue ás nosas casas.

💙 Grazas polo voso esforzo e por manter viva a nosa identidade.

Coñeces Amarturmar Turismo Marinero? 🛳 Trátase dunha iniciativa de rutas de turismo mariñeiro con profesionais do sector...
19/06/2025

Coñeces Amarturmar Turismo Marinero? 🛳 Trátase dunha iniciativa de rutas de turismo mariñeiro con profesionais do sector pesqueiro e marisqueiro da enseada de San Simón en Redondela.

Descubre máis sobre o proxecto nesta entrevista con Nuria Novelle e Gloria Rivas. 💻⬇️
https://osmaresdabaixura.com/gl/noticias/entrevista-amarturmar/

⚓⚓
Asociación Mar Seguro de Galicia GALP Ría de Vigo A Guarda

🛥 A semana pasada, co comezo do mes de xuño, inaugurouse oficialmente a campaña do bonito no Cantábrico. En Galicia, as ...
11/06/2025

🛥 A semana pasada, co comezo do mes de xuño, inaugurouse oficialmente a campaña do bonito no Cantábrico. En Galicia, as embarcacións máis pequenas están preparándose para saír ao mar a mediados ou finais deste mes.

A campaña prevese boa, aínda que coma sempre dependerá de moitos factores. O bonito é un peixe ben valorado, ademais de polo seu sabor e calidade, pola forma máis sostible de pescalo.

🔝 En Os Mares da Baixura ofrecemos de xeito gratuíto módulos de prevención por sector pesqueiro, entre eles a cacea, a arte de pesca empregada na captura do bonito:

https://formacion.osmaresdabaixura.com/catalogo-cursos/

⚓️⚓️
Asociación Mar Seguro de Galicia GALP Ría de Vigo A Guarda

Dirección

Peirao S/n
Arcade
36690

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Os Mares da Baixura publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Os Mares da Baixura:

Compartir

Categoría