Omix Casa da Xuventude de Ares

Omix Casa da Xuventude de Ares Casa da Xuventude e Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ares

🕤 Novos horarios na Omix Casa da Xuventude de Ares! 🗓 Dende mañá, venres, 19 de setembro, a instalación municipal da Cas...
19/09/2025

🕤 Novos horarios na Omix Casa da Xuventude de Ares!
🗓 Dende mañá, venres, 19 de setembro, a instalación municipal da Casa da Xuventude abrirá co seu novo horario, con franxas de tarde durante as fins de semana:
➡️ De luns a venres, de 10:00 a 14:00 h.
➡️ Venres pola tarde, de 19:00 a 22:00 h.
➡️ Sábado, de 19:00 a 23:00 h.
➡️ E domingo, de 19:00 a 21:00 h.

🕤 Novos horarios na Omix Casa da Xuventude de Ares!

🗓 Dende mañá, venres, 19 de setembro, a instalación municipal da Casa da Xuventude abrirá co seu novo horario, con franxas de tarde durante as fins de semana:

➡️ De luns a venres, de 10:00 a 14:00 h.
➡️ Venres pola tarde, de 19:00 a 22:00 h.
➡️ Sábado, de 19:00 a 23:00 h.
➡️ E domingo, de 19:00 a 21:00 h.

ℹ️ Ares propón novas actividades extraescolares centradas na aprendizaxe tecnolóxica para a mocidade  Aprende, experimen...
15/09/2025

ℹ️ Ares propón novas actividades extraescolares centradas na aprendizaxe tecnolóxica para a mocidade

Aprende, experimenta e divírtete no mundo dixital!

ℹ️ Ares propón novas actividades extraescolares centradas na aprendizaxe tecnolóxica para a mocidade

📲 Concello e Fundación Esplai organizarán na Casa da Xuventude sesións para os rapaces de 9 a 13 anos de dúas horas, todas elas orientadas a tecnoloxías dixitais: programación, robótica, intelixencia artificial…

🗓️ A iniciativa producirase do 6 de outubro ao 22 de decembro e terá o seu proceso de inscrición aberto até o 22 de setembro.

🔷 A Aula CeMIT da Casa da Xuventude de Ares contará ao longo deste peche de 2025 cunha programación extraescolar destinada á rapazada, froito da colaboración entre o Concello e a Fundación Esplai 🤝, totalmente de balde.

🔷 Baixo o nome ‘CRI-TIC: Infancia e xuventude con criterio dixital’, os mozos e mozas poderán aprender sobre tecnoloxía de forma segura, creativa e divertida do 6 de outubro ao 22 de decembro.

🔷 Entre os módulos de contido haberá espazo e tempo para falar do emprego consciente e responsable das tecnoloxías, mais tamén afondar en cuestións de programación, robótica, intelixencia artifical, ciberseguridade ou realidade virtual; unha panorámica completa para entender a complexidade tecnolóxica do noso presente 🌐.

🔷 As sesións destínanse á mocidade de 9 a 13 anos, divididos en 12 prazas por grupo:

👥 Grupo 1: Luns, 16:00 a 18:00 h.
👥 Grupo 2: Mércores 16:00 a 18:00 h.

🔷 O proceso de inscrición ✍️ atópase xa aberto ata o 22 de setembro, inclusive, tendo que contactar vía e-mail con [email protected] especificando inicialmente nome e apelidos, idade e concello onde se atopa empadroado/a o mozo/a.

Aprende, experimenta e divírtete no mundo dixital!

🖼️ Nova exposición dos cadros de Ramón Casteleiro na Casa da Xuventude municipal
22/07/2025

🖼️ Nova exposición dos cadros de Ramón Casteleiro na Casa da Xuventude municipal

🖼️ Nova exposición dos cadros de Ramón Casteleiro na Casa da Xuventude municipal

🔷 A Casa da Xuventude de Ares acollerá dende este 🗓️ venres, 18 de xullo, unha mostra de novas pinturas do aresán Ramón Casteleiro, ciruxán ortopédico retirado que descubriu, pouco antes de xubilarse, a súa conexión co eido pictórico 🖌️.

🔷 Casteleiro transita tanto a escultura como a pintura ao óleo, e será este segundo campo o que protagonizará a nova exposición das súas obras no edificio municipal. No andar superior haberá unha representación de cadros figurativos e abstractos, fuxindo no caso dos últimos da figuración clásica para expresarse unicamente a partir das cores, das formas xeométricas e dos xogos coas liñas.

🔷 Estará aberto ao público até o 31 de xullo co seguinte horario 🕥 para toda persoa interesada en visitar a colección:

➡️ De luns a venres, de 10:30 a 14:00 h.
➡️ Martes, mércores, e xoves, de 20:30 a 23:00 h., incorporando a franxa de tarde.

🔷 O artista local amosa o seu traballo como xa fixo en anteriores ocasións na Casa da Xuventude, incluíndo exposicións 🎨 que achegaban pinturas de paisaxes da zona –baixo o nome ‘Unha narración pictórica da nosa contorna’–, reproducións de grandes clásicos ’—na súa mostra ‘Escolma de pintura dun tempo’— ou a súa produción escultórica en ‘Mitoloxías de Oriente e Occidente’.

ℹ️ Primeiras sesións do campamento tecnolóxico do Concello e a Fundación Esplai📍 As instalacións da Aula CeMIT, na Casa ...
30/06/2025

ℹ️ Primeiras sesións do campamento tecnolóxico do Concello e a Fundación Esplai

📍 As instalacións da Aula CeMIT, na Casa da Xuventude de Ares, acolleron a inauguración dos cursos de CRI TIC: Infancia e xuventude con criterio dixital, unha iniciativa destinada á rapazada de 9 a 17 anos.

📲 Durante o que queda de xuño e todo xullo, a mocidade aprenderá sobre intelixencia artificial, ciberseguridade, robótica, programación ou ciberseguridade, ao tempo que desenvolven o pensamento crítico.

🔷 O Concello de Ares e a Fundación Esplai deron comezo esta mesma mañá co campamento de verán “CRI TIC: Infancia e xuventude con criterio dixital”, unha iniciativa con perspectiva lúdico-formativa inaugurada hoxe na Aula CeMIT da Casa da Xuventude. As súas sesións parten dun obxectivo claro: achegar as novas tecnoloxías á rapazada dun xeito seguro, consciente e creativo 🎨.

🔷 Así, as súas actividades oriéntanse a mozos e mozas de 9 a 17 anos e estenderanse durante o que queda de xuño e todo xullo. O equipo de monitores incluirá obradoiros prácticos sobre intelixencia artificial (IA), robótica, programación, realidade virtual e ciberseguridade empregando metodoloxías participativas, facendo que a mocidade adquira coñecementos dende o xogo e se familiarice co uso responsable das ferramentas dixitais ao seu alcance.

🔷 O campamento supón unha aposta pola educación e alfabetización tecnolóxicas, contribuíndo a aprender nunha contorna segura e impulsar a creatividade da rapazada. O itinerario formativo dos cursos é de 30 horas e ao finalizar entregarase un diploma acreditativo.

🕥 CAMBIO DE HORARIO NA CASA DA XUVENTUDE DE ARES🔷 O Concello vén de informar do cambio de horario da Casa da Xuventude s...
30/06/2025

🕥 CAMBIO DE HORARIO NA CASA DA XUVENTUDE DE ARES
🔷 O Concello vén de informar do cambio de horario da Casa da Xuventude situada na Praza da Constitución de Ares que se producirá dende hoxe, 🗓️ 23 de xuño, até o 15 de setembro.
🔷 Así, a instalación municipal abrirá:
• De luns a venres, de 10:30 a 14:00 h.
• E a maiores, durante as tardes dos martes, mércores e xoves, de 20:30 a 23:00 h.

🕥 CAMBIO DE HORARIO NA CASA DA XUVENTUDE DE ARES

🔷 O Concello vén de informar do cambio de horario da Casa da Xuventude situada na Praza da Constitución de Ares que se producirá dende hoxe, 🗓️ 23 de xuño, até o 15 de setembro.

🔷 Así, a instalación municipal abrirá:
• De luns a venres, de 10:30 a 14:00 h.
• E a maiores, durante as tardes dos martes, mércores e xoves, de 20:30 a 23:00 h.

📢 Volvemos! A Casa da Xuventude abre os fins de semana🔷 A partir do 📆 14 de marzo, a Casa da Xuventude de Ares volverá e...
18/03/2025

📢 Volvemos! A Casa da Xuventude abre os fins de semana

🔷 A partir do 📆 14 de marzo, a Casa da Xuventude de Ares volverá estar aberta os fins de semana, recuperando o seu espazo como punto de encontro e lecer para a mocidade.

🕗 Novo horario de apertura:
📆 Venres: 19:00 – 22:00 h
📆 Sábados: 19:00 – 23:00 h
📆 Domingos: 19:00 – 21:00 h

🔹 Este servizo estará dispoñible do 📆 1 de marzo ao 30 de xuño e do 📆 15 de setembro ao 31 de decembro de 2025.

📍 Se buscas un lugar para socializar, participar en actividades e desfrutar do teu tempo libre, a Casa da Xuventude é o teu sitio! Anímate a vir e a facer deste espazo algo teu.

📢 Esperámoste!

🛺  Inaugúrase a exposición ‘Destino Igualdade’ na Casa da Xuventude de Ares🟪 O Concello vén de inaugurar no andar superi...
06/03/2025

🛺 Inaugúrase a exposición ‘Destino Igualdade’ na Casa da Xuventude de Ares

🟪 O Concello vén de inaugurar no andar superior da Casa da Xuventude a última exposición instalada nesta infraestrutura municipal, un conxunto de paneis que narran a historia de Nagalaskhmi, unha condutora dos típicos mototaxis da India, os autorickshaw, rompendo desta forma os roles, estereotipos e prexuízos de xénero.

🟪 Baixo o título ‘Destino Igualdade’, a exposición forma parte das programacións do Concello para celebrar o 8M, Día Internacional da Muller, e permite achegarse a unha experiencia de resiliencia, superación e empoderamento feminino tanto de Nagalaskhmi como a do resto de mulleres que tamén exercen de condutoras de mototaxis, todas elas formadas pola Fundación Vicente Ferrer, a ONGD que colabora coa institución aresá na posta en marcha desta exposición.

🟪 As persoas que se animen a percorrela poderán realizar unha viaxe na autorickshaw de Nagalaskhmi con catro paradas ou retos: a educación de calidade, o liderado social, a independencia económica e a seguridade alimentaria. Catro paradas que camiñan cara un mesmo destino: a igualdade.

🟪 A exposición, financiada pola Xunta de Galicia e Cooperación Galega, estará dispoñible no horario de apertura da Casa da Xuventude: de luns a venres, de 10:00 a 14:00 h ata o 🗓️ 14 de marzo.

🎒 ‘Aventuras Dixitais’, a nova actividade municipal relacionada coa tecnoloxía para os rapaces e rapazas de Ares👥 A Aula...
06/03/2025

🎒 ‘Aventuras Dixitais’, a nova actividade municipal relacionada coa tecnoloxía para os rapaces e rapazas de Ares

👥 A Aula CeMIT da Casa da Xuventude centralizará esta iniciativa extraescolar totalmente de balde destinada á mocidade de entre 9 a 17 anos, divididos en dous grupos.

📲 En sesións de dúas horas, dende marzo ata xuño, a rapazada poderá aprender programación e robótica, manexar realidade aumentada e virtual ou coñecer a relevancia de protexer os seus datos na contorna da Internet.

🔷 O Concello de Ares promoverá na Casa da Xuventude unha actividade lúdico-educativa para que rapaces e rapazas poidan divertirse coñecendo, ao mesmo tempo, a complexidade da tecnoloxía. ‘Aventuras dixitais’ é o nome que recibe este proxecto extraescolar totalmente de balde cunha duración que abranguerá dende mediados de marzo até xuño.

🔷 Os rapaces e rapaces dividiranse en dous grupos de 12 prazas, cada un con contidos e dinámicas adaptadas ás franxas de idade que teñan nas sesións de dúas horas:

➡️ O primeiro será para crianzas de 9 a 13 anos e desenvolverá a súa actividade todos os luns, de 16:00 a 18:00 horas, dende o 17 de marzo ao 16 de xuño.

➡️ O segundo deles destínase a adolescentes de 14 a 17 anos, con sesións todos os mércores, de 16:00 a 18:00 horas, do 19 de marzo ao 18 de xuño.

🔷 No relativo ós contidos, haberá a posibilidade de interactuar con realidade aumentada e virtual, aprender de robótica, intelixencia artificial (IA) e programación, ou mesmo ás posibilidades existentes á hora de impulsar a creatividade na contorna virtual.

🔷 Tamén se incorporarán módulos educativos onde se debullará como facer un uso responsable e consciente da tecnoloxía, a prevención do ciberacoso e a relevancia da ciberseguridade na vida diaria dixital dos adolescentes. Todo isto mantendo un enfoque lúdico para construír un lecer saudable para mozos e mozas de Ares.

🔷 A iniciativa impúlsase da man da Fundación Esplai 🤝 con financiamento dos fondos NextGeneration da Unión Europea.

👉 PROCESO DE INSCRICIÓN XA ABERTO

🔷 Para formalizar a reserva de praza en Aventuras Dixitais, pódese contactar dende hoxe, venres, 🗓️ 28 de febreiro, vía e-mail con 📧[email protected] especificando inicialmente nome e apelidos, idade e concello onde se atopa empadroado o rapaz ou rapaza. O proceso de inscrición estará aberto ata o 7 de marzo, inclusive.

🔷 A participación da mocidade na actividade extraescolar inclúe un diploma acreditativo 📜 do itinerario de 30 horas de aprendizaxe que recibirán ao peche do curso, en xuño.

🏅📱 O Concello promove torneos e obradoiros de competencias dixitais para a mocidade 👉 Nos meses de xullo e agosto, a Cas...
19/06/2024

🏅📱 O Concello promove torneos e obradoiros de competencias dixitais para a mocidade

👉 Nos meses de xullo e agosto, a Casa da Xuventude acollerá competicións de tenis de mesa, futbolín, e-sports, xogos en rede e billar, mais tamén dúas programacións centradas en tecnoloxía dixital e bos hábitos na Internet totalmente de balde.

👉 As inscricións para as dúas iniciativas poderán formalizarse dende mañá, martes, 18 de xuño, até esgotar as prazas, ben presenciamente na Casa da Xuventude, ben de maneira telemática en www.concellodeares.gal.

➡️ O Concello de Ares vén de desvelar hoxe as dúas grandes programacións de verán que se materializarán na Casa da Xuventude municipal co foco posto na mocidade. Organizaranse, por un lado, torneos competitivos tanto de xogos analóxicos como dixitais e, por outro, varios obradoiros lúdico-formativos en tecnoloxía, ambos ao longo dos meses de xullo e agosto en horario de mañá (de 10:00 a 14:00 horas).

➡️ No que atinxe aos torneos, dende o Concello poñen a disposición dos rapaces e rapazas 5 tipoloxías distintas, todas en formato de competición con eliminatorias, semifinais e finais. Haberá así torneos de tenis de mesa, futbolín, e-sports coma o FIFA, xogos en rede e billar e ao peche de cada competición entregaranse diplomas conmemorativos como agasallo. Todo para xuventude a partir dos 9 anos.

➡️ E no relativo aos obradoiros de competencia dixital, estableceranse dous niveis con diferentes rangos de idades:

🌐 Un primeiro nivel, Competencias básicas dixitais, estará destinado a nenos/as de 9 a 10 anos (grupo I) e de 11 a 13 anos (grupo II), poñendo o foco no uso consciente da tecnoloxía, a prevención do ciberbullying ou no emprego da intelixencia artificial (IA), entre outros contidos.

🌐 Un segundo nivel, Competencias avanzadas dixitais, centrarase nos adolescentes de 14 a 17 anos (grupo III) e debullará contidos de procura de emprego na rede, creación de contido dixital e o impacto das redes sociais na saúde mental dos menores.

➡️ Cada obradoiro terá unha extensión de 3 semanas, de tal xeito que se habilitan varias roldas nas que os mozos e mozas poderán formarse en materia dixital, mais cunha metodoloxía lúdico-educativa, con xogos e dinamización das sesións para fomentar unha aprendizaxe baseada na diversión. Unha primeira quenda será do 🗓️ 1 ao 🗓️ 22 de xullo e a segunda, do 29 de xullo ao 19 de agosto, establecéndose 12 prazas para cada grupo de idade.

➡️ Os torneos e os obradoiros abrirán as súas inscricións para as persoas interesadas mañá, martes, 18 de xuño, de xeito telemático a través da páxina web institucional (www.concellodeares.gal) ou presencial na Casa da Xuventude de Ares, no seu horario de apertura cotián.



🔗 https://concellodeares.gal/o-concello-promove-torneos-e-obradoiros-de-competencias-dixitais-para-a-mocidade/

🖼️ 🎨 A exposición de pintura ‘Un paso adelante’ chega á Casa da Xuventude ➡️ A Concellaría de Cultura, xunto coa Asociac...
19/06/2024

🖼️ 🎨 A exposición de pintura ‘Un paso adelante’ chega á Casa da Xuventude

➡️ A Concellaría de Cultura, xunto coa Asociación de Migrantes de Galicia (AMIGA), organiza a partir de mañá, 20 de xuño, unha mostra pictórica no andar superior da Casa da Xuventude de Ares, desta volta coas pinturas de José Luis Serrano Volcán, artista venezolano radicado en Ourense, baixo o nome ‘Un paso adelante’.

➡️ Serrano Volcán caracterízase polo emprego das cores e o xogo pictórico, entendendo o arte como un impulso para camiñar cara o amor. É o contraste cromático un dos trazos fundamentais das súas abstraccións, con figuras simbólicas de cores profundas e intensas. E pode ser que entre os seus cadros a veciñanza tamén se atope un peixe: o símbolo que emprega José Luis Serrano Volcán para amosar a transformación vital, a figura que agroma nel cando se produce un cambio importante na súa vida e carreira artística.

➡️ A exposición estará dispoñible de luns a venres, en horario de mañá (10:00 a 14:00 horas) e incorporando os xoves e venres unha franxa de tarde (de 17:00 a 19:30 horas). Poderá visitarse até o 30 de xuño con entrada totalmente de balde.



🔗 https://concellodeares.gal/a-exposicion-de-pintura-un-paso-adelante-chega-a-casa-da-xuventude-aresa/

🌐 O tecido empresarial de Ares afonda na mellora do seu posicionamento dixital
26/04/2024

🌐 O tecido empresarial de Ares afonda na mellora do seu posicionamento dixital

🤝 Tecnoloxía e divulgación danse da man en Ares durante as próximas dúas semanas
26/04/2024

🤝 Tecnoloxía e divulgación danse da man en Ares durante as próximas dúas semanas

Dirección

Calle Real 24-26
Ares
15624

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 14:00
Martes 10:00 - 14:00
Miércoles 10:00 - 14:00
Jueves 10:00 - 14:00
Viernes 10:00 - 14:00
19:00 - 22:00
Sábado 19:00 - 23:00
Domingo 19:00 - 21:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Omix Casa da Xuventude de Ares publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Omix Casa da Xuventude de Ares:

Compartir