Rede Municipal de Bibliotecas de Arteixo

Rede Municipal de Bibliotecas de Arteixo Páxina da Rede Municipal de Bibliotecas de Arteixo. Con información de eventos, actividades, novidades... Comparte coas túas amizades! :) Desde 1989.

Rede Municipal de Bibliotecas de Arteixo.

A Biblioteca Dora Vázquez, esta semana, preséntanos a unha escritora coruñesa: Maica Gorgal e a súa novela "Las tejedora...
10/08/2026

A Biblioteca Dora Vázquez, esta semana, preséntanos a unha escritora coruñesa: Maica Gorgal e a súa novela "Las tejedoras del mar".
Esta novela preséntanos unha historia de amor en tempos de guerra, conspiracións e moitas miseria. Da man de Catalina e Delaira, os lectores, imos coñecer como era Vigo a finais do século XIX e o seu despegamento. Nesa época, as mulleres, tiñan unha vida complicada, incómoda e moitos dos seus actos caían no esquecemento.
Tanto nesta novela, como nas nosas vidas, hai redes que nos sosteñen, pero tamén as hai que afogan.

03/08/2026
Esta semana, a Biblioteca Dora Vázquez, preséntavos as últimas novidades bibliográficas de Mari Jungstedt e Viveca Sten....
27/07/2026

Esta semana, a Biblioteca Dora Vázquez, preséntavos as últimas novidades bibliográficas de Mari Jungstedt e Viveca Sten.
Na terceira entrega da serie Málaga, "Cuando resplandece el cíelo" os lectores imos atopar cun caso aterrador na Costa do Sol. Nese mundo de encanto e ostentación existe unha oscuridade terrorífica.
A maiores, Héctor e Lisa ven que a súa relación pode irse ao traste porque fai acto de presenza o ex dela.
A segunda entrega dos Crimes de Are, "Oculto en las sombras", móstranos dúas historias: Joan Andersson é asasinado e Rebeca, vive nunha comunidade eclesial onde as mulleres están un chanzo máis abaixo.
Os investigadores, Hanna e Daniel, cargan coas súas propias vivencias. Esta circunstancia fai que para o lector sexan uns personaxes próximos e cribles.
Non te perdas estas lecturas. Se non estás enganchado a estas series aínda estas a tempo de coller o tren!

Ola! Somos Chorigato e o Doutor. Acabamos de chegar á Biblioteca Dora Vázquez para quedarnos en Arteixo.A modo de presen...
20/07/2026

Ola! Somos Chorigato e o Doutor. Acabamos de chegar á Biblioteca Dora Vázquez para quedarnos en Arteixo.
A modo de presentación tráivos as dúas primeiras aventuras.
Na primeira, "Gatástrofe en laboratorio del Doctor Croqueta" ides coñecer como foi o meu nacemento. Como ocorre ás, os héroes, nacemos por casualidade. Dun pequeno desastre nun laboratorio terminei nacendo eu. Un heroe inesperado que acaba atopando o seu lugar cando alguén me necesita.
Na segunda, ímonos a enfrentar a una ladróns.
Pequenos lectores, nestes libros non vai faltar aventuras, humor e un punto de caos creativo.

Esta semana desde a Biblioteca Dora Vázquez presentámosvos a Fernando Bonete coa súa primeira novela:"La hija del Fénix"...
13/07/2026

Esta semana desde a Biblioteca Dora Vázquez presentámosvos a Fernando Bonete coa súa primeira novela:"La hija del Fénix".
Esta novela achega ao lector un personaxe moi descoñecido, Marcela, filla ilexítima de Lope de Vega coa actriz Micaela de Luján.
Mergúllanos na relación entre pai e filla e percorre parte das súas vidas.
Nunha sociedade que limita o espazo público das mulleres, Marcela, atopa no convento un territorio de creación e pensamento.
Lector, dáte unha volta polo Século de Ouro español e empápate da súa vida e costumes!

Esta semana a Biblioteca Dora Vázquez preséntavos dúas autoras con dúas novelas totalmente diferentes.Evie Woods con "La...
06/07/2026

Esta semana a Biblioteca Dora Vázquez preséntavos dúas autoras con dúas novelas totalmente diferentes.
Evie Woods con "La misteriosa panadería de la Rue Paris" cóntanos a historia de Edith, unha muller que viaxa a Francia para empezar unha nova vida. En lugar do bulicio parisiense, o destino lévaa a unha enigmática panadería cun toque de maxia, cuxos pasteis parecen escorrentar as p***s e cumprir os desexos. É un canto ao autodescubrimento e á esperanza.
A Agatha Christie da campiña francesa, Sylvie Baron, tráenos unha "coizy noir" titulada "El círculo de los últimos libreros" que arrinca coa morte de tres libreiros que pertencen a unha asociación para defender a supervivencia das pequenas librerías fronte ás grandes plataformas e a era dixital.
Non te quedes sen lelas!

Agora que xa estades de vacacións, desde a Biblioteca Dora Vázquez, María Lozano Cano tráenos "Mágicas".Nesta serie imos...
29/06/2026

Agora que xa estades de vacacións, desde a Biblioteca Dora Vázquez, María Lozano Cano tráenos "Mágicas".
Nesta serie imos desfrutar coas aventuras de Alaska, Lena, Violeta e Amber. Se por separado xa son especiais e únicas, xuntas son o leite.
Elas coa axuda dos seus poderes, protexeran Naturia e ás súas criaturas.
Vir a buscalos á biblioteca. Van enganchar e ides esperar con impaciencia a que xa estea nas nosas bibliotecas a próxima aventura.

A reseña literaria desta semana, desde a Biblioteca Dora Vázquez, é a presentación de Martín Torres, un médico de urxenc...
22/06/2026

A reseña literaria desta semana, desde a Biblioteca Dora Vázquez, é a presentación de Martín Torres, un médico de urxencias.
Na súa primeira novela, "La enfermera" trasladou ao papel casos clínicos atendidos directamente ou indirectamente por él.
Os protagonistas, o doutor Viso e a enfermeira, Sophie, chegan por diferentes motivos ao Hospital Universitario Donostia.
Nese momento unha serie de accidentes e sucesos va a salpicar ao hospital.
Ambos traballando cóbado con cóbado, tratan de pescudar qué está a pasar e por que.
Van deixar de lado o pasado para intentar salvar o presente e que iso lles permita, se cadra, ter un futuro.

18/06/2026

📌 Aviso sobre horarios das bibliotecas

☀️ Desde hoxe entrou en vigor o horario de verán na Rede Municipal de Bibliotecas de Arteixo.

📚 As bibliotecas abrirán de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas.

👉 A excepción é a Biblioteca de O Froxel "Francisco A. Vidal", que continuará en horario de tarde (16:30 a 20:00 horas) ata a semana próxima incluída.

👉 A Biblioteca de Oseiro "Dora Vázquez" permanece pechada por necesidades do servizo e retomará a súa actividade o día 22 de xuño.

⚠️ Ademais, informamos de que a Biblioteca de Pastoriza "Miguel Sande" permanecerá pechada do 22 ao 26 de xuño por necesidades do servizo.

🙏 Desculpade as molestias e grazas pola vosa comprensión.

Esta semana, desde a Biblioteca Dora Vázquez, imos mergullar no Antigo Exipto e na corte de Alfonso X"El hijo de la pirá...
15/06/2026

Esta semana, desde a Biblioteca Dora Vázquez, imos mergullar no Antigo Exipto e na corte de Alfonso X
"El hijo de la pirámide" de Antonio Cabanas, trasládanos 2600 anos a.C. no Alto Exipto.
Cunha doble liña narrativa: construción e poder, Inkaf, un novo canteiro que traballa na construción da pirámide de Guiza e que chega a converterse no arquitecto. Ao mesmo tempo, vai conducir polos pasadizos ocultos da pirámide e os segredos, revelándonos como o home pode achegarse á divinidade ao construír algo eterno.
En "La duquesa bastarda" Andrea D. Morales mergúllanos en pleno século XIII, no reinado de Alfonso X.
Mathilda, filla bastarda dun conde francés contrae matrimonio con Don Pedro de Lara. O que debería ser un novo comezo convértese en algo máis inquietante.
Os lectores imos atopar cunha corte tan fascinante como desalmada, onde as alianzas políticas, as loitas de poder e as traizóns podían esnaquizar vidas, pero vai sobresaír a historia dunha muller que se ve obrigada a atopar o seu lugar nunha contorna que non llo poñía doado.
Calquera das dúas novelas vai enganchar, lector.

Dirección

Paseo Fluvial, S/n. Centro Cívico Cultural
Arteijo
15142

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 13:30
16:30 - 20:00
Martes 09:00 - 13:30
16:30 - 20:00
Miércoles 09:00 - 13:30
16:30 - 20:00
Jueves 09:00 - 13:30
16:30 - 20:00
Viernes 09:00 - 13:30
16:30 - 20:00
Sábado 10:30 - 13:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Rede Municipal de Bibliotecas de Arteixo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría