Concello de Arzúa

Concello de Arzúa Perfil oficial do Concello de Arzúa.

Arzúa foi esta fin de semana punto de encontro para o deporte galego coa celebración do I Campionato Galego de Combatlón...
15/06/2026

Arzúa foi esta fin de semana punto de encontro para o deporte galego coa celebración do I Campionato Galego de Combatlón.

A cita reuniu no noso concello deportistas, entidades e público nunha xornada marcada polo esforzo, o compañeirismo e o bo ambiente deportivo.

Parabéns a todas as persoas participantes e grazas á Escola Ayude e á Asociación Galega de Combatlón polo seu traballo para facer posible este evento.

Desde o Concello seguiremos apoiando iniciativas que impulsen o deporte, a convivencia e a participación no noso concello.



A Liga de Fútbol Sala de Arzúa pecha unha edición marcada pola alta participación e o espírito deportivo.Durante todas a...
14/06/2026

A Liga de Fútbol Sala de Arzúa pecha unha edición marcada pola alta participación e o espírito deportivo.

Durante todas as xornadas, o pavillón municipal de Santa María encheuse de compañeirismo, afección e fútbol sala, demostrando unha vez máis a forza deste deporte no noso concello.

Desde o Concello de Arzúa queremos dar os parabéns a todos os equipos participantes, aos árbitros e a todas as persoas que fixeron posible o bo desenvolvemento desta competición.

Queremos agradecer tamén o traballo da Comisión da , que durante todas as xornadas contribuíu á dinamización do evento.

**Clasificación da Liga**
1º Spartak de Minipí
2º Imprenta Ayude

**Clasificación da Copa**
1º Imprenta Ayude
2º Hunters Team
3º Spartak de Minipí
4º Domingueros

Unha liga que remata con moi boas sensacións e con ganas de seguir medrando nas vindeiras edicións.

Parabéns a todas e todos!



Inscricións completas para o I Campus Fútsal ArzúaAs 50 prazas dispoñíbeis para o I Campus Fútsal Arzúa xa están cuberta...
13/06/2026

Inscricións completas para o I Campus Fútsal Arzúa

As 50 prazas dispoñíbeis para o I Campus Fútsal Arzúa xa están cubertas.

Desde o Concello de Arzúa agradecemos a gran acollida desta primeira edición, pensada para fomentar o deporte base, a convivencia, o compañeirismo e os hábitos saudábeis entre a infancia.

Grazas a todas as familias polo interese e pola participación.

Vémonos no I Campus Fútsal Arzúa!



Apertura da piscina municipal exterior de ArzúaO Concello de Arzúa informa de que a piscina municipal exterior abrirá as...
12/06/2026

Apertura da piscina municipal exterior de Arzúa

O Concello de Arzúa informa de que a piscina municipal exterior abrirá as súas portas o vindeiro luns 22 de xuño.

A instalación permanecerá aberta todos os días, en horario de 12:00 a 20:00 horas, durante a tempada de verán.


O Concello de Arzúa colabora coa celebración do Día do Orgullo LGBT no IES de Arzúa, unha iniciativa impulsada polo Depa...
12/06/2026

O Concello de Arzúa colabora coa celebración do Día do Orgullo LGBT no IES de Arzúa, unha iniciativa impulsada polo Departamento de Igualdade e Diversidade do centro educativo.

A xornada terá lugar o xoves 18 de xuño, na entrada principal do instituto, e estará dirixida a todo o alumnado. O programa comezará ás 10:50 horas coa lectura dun manifesto a cargo de Xián Senín, exalumno do IES de Arzúa, e continuará ás 11:00 horas co concerto de MJ Pérez, recoñecida cantautora arzuá e tamén exalumna do centro.

Ao longo da mañá desenvolveranse tamén diferentes actividades arredor da igualdade e da diversidade sexual, así como un sorteo de materiais vinculados á celebración do Orgullo LGBT.

Desde a Concellería de Igualdade queremos agradecer ao profesorado do IES de Arzúa o impulso de iniciativas coma esta, que axudan a crear espazos máis seguros, respectuosos e libres de discriminación.

O Orgullo é celebración, pero tamén acompañamento, educación e defensa de dereitos.



Aviso por vaga de calor. Nivel de alerta: vermello.A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galiza inform...
12/06/2026

Aviso por vaga de calor.
Nivel de alerta: vermello.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galiza informa dun episodio de vaga de calor que comeza hoxe, venres 12 de xuño, cun incremento importante das temperaturas durante as xornadas do venres e do sábado.

Desde o Concello de Arzúa recomendamos extremar as precaucións: beber auga con frecuencia, evitar o sol nas horas centrais do día, empregar roupa lixeira e prestar especial atención a persoas maiores, crianzas e persoas vulnerábeis.

Máis información en MeteoGalicia. Ante calquera urxencia, chama ao 112 Galiza.



Aviso á veciñanzaCon motivo dunha rodaxe audiovisual en Casa Donicio, produciranse cortes puntuais de tráfico nas pistas...
11/06/2026

Aviso á veciñanza

Con motivo dunha rodaxe audiovisual en Casa Donicio, produciranse cortes puntuais de tráfico nas pistas da contorna de As Corredoiras, O Sixto e Salmonte nos seguintes horarios:

📍 Venres 12 de xuño: de 17:30 a 02:30 h.
📍 Martes 16 de xuño: de 12:45 a 21:45 h.

Recoméndase planificar os desprazamentos con antelación e seguir en todo momento a sinalización habilitada na zona.

Desculpade as molestias e grazas pola vosa colaboración.

Arzúa acollerá o vindeiro sábado 13 de xuño o I Campionato Galego de Combatlón, unha nova modalidade deportiva que combi...
10/06/2026

Arzúa acollerá o vindeiro sábado 13 de xuño o I Campionato Galego de Combatlón, unha nova modalidade deportiva que combina esgrima, loita e kickboxing.

A competición celebrarase de 10:00 a 14:00 horas no Polideportivo Municipal do Viso e supón a primeira actividade oficial desta disciplina na Galiza.

O evento está organizado pola Escuela Ayude de Arzúa e pola Asociación Galega de Combatlón, co apoio institucional da Federación Galega de Loita e do Concello de Arzúa.

Unha nova cita deportiva que reforza o papel de Arzúa como espazo de encontro para o deporte galego e como concello comprometido coa promoción da actividade física en todas as súas modalidades.

Estades todas e todos convidados!

📣🚌 ARRINCA O PROGRAMA DE EXCURSIÓNS "COÑECE O TEU PAÍS" 2026🔸 O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza un...
10/06/2026

📣🚌 ARRINCA O PROGRAMA DE EXCURSIÓNS "COÑECE O TEU PAÍS" 2026

🔸 O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza unha nova edición do programa de excursións "Coñece o teu país". A iniciativa regresa con catro novas visitas a diferentes lugares da xeografía galega ao longo dos meses estivais, de xuño a setembro, ofertando 440 prazas de maneira totalmente gratuíta.

📌 Viaxes programadas na edición 2026:
🔸 Sábado 27 de xuño: Tui (Pontevedra). O prazo para anotarse comeza o venres 19 de xuño.
🔸 Sábado 25 de xullo: Monforte de Lemos (Lugo). O prazo para anotarse comezará o día 21 de xullo.
🔸 Sábado 22 de agosto: San Andrés de Teixido (A Coruña). O prazo de inscricións ábrese o venres 14 de agosto.
🔸 Sábado 19 de setembro: Pobra de Trives . As inscricións comezan o día 15 de setembro.

❗️ Todas aquelas persoas que desexen apuntarse poden facelo completamente de balde a partir das datas indicadas entre as 8:30 e as 14:00 h. presencialmente na oficina de cultura e deportes. Pódese anotar como máximo a un acompañante.



Concello de Arzúa

Mañá, a partir das 20:30 horas, abrirá o prazo de inscrición para o I Campus Futsal Arzúa.Do 29 de xuño ao 3 de xullo, u...
09/06/2026

Mañá, a partir das 20:30 horas, abrirá o prazo de inscrición para o I Campus Futsal Arzúa.

Do 29 de xuño ao 3 de xullo, unha actividade gratuíta para nenas e nenos nados entre 2010 e 2021.

Podes inscribirte nesta ligazón: ⬇️

I CAMPUS FUTSAL ARZÚA 2026 Nenos/as participantes no I CAMPUS FUTSAL ARZÚA 2026 Semana do 29 de Xuño ao 03 de Xullo do 2026 Horario 10:00 a 14:00 Horas

Dirección

Rúa Santiago 2
Arzúa
15810

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Arzúa publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Arzúa:

Compartir

Categoría