07/11/2025
👉Condenamos enerxicamente o asasinato de Moncho Reboiras a mans da policía franquista. Pero isto non vai dese feito senón de entender a democracia e como funciona un goberno tripartito.
👉Alternativa por Arzúa e o PSdeG estamos estupefactos ao enterarnos polas redes sociais de que o BNG decide instalar un monolito a cargo de orzamento municipal sen consultar co resto do goberno. Polo tanto, e dado que isto non se debateu en ningunha xuntanza, ambas forzas entendemos que dito monolito, en caso de instalarse, debe correr a cargo do partido político BNG, PREVIAMENTE TERÁ QUE PASAR POLO PLENO MUNICIPAL. As persoas represaliadas pola ditadura do noso concello están representadas na praza da vila polo busto de Juan Vidal, o alcalde arzuán da República asesinado polos falanxistas.
👉En canto ao PP de Arzúa, parécenos entrañable esta idea que din de Arzúa sen ideoloxías, vai gobernar o PP sen ideoloxía? A ideoloxía do PP podemos vela moi ben noutros concellos que gobernan, como Madrid ou as comunidades autónomas de Valencia ou Andalucía onde o seu goberno sen ideoloxías custou vidas humanas. Enlamar o debate inventando calificativos para Moncho Reboiras é trumpismo puro, ideoloxía ultra en vea