Cultura Concello de Arzúa

Cultura Concello de Arzúa Departamento de Cultura do Concello de Arzúa.

🎨 Exposición de fin de curso da Aula Municipal de PinturaA Aula Municipal de Pintura, posta en marcha e xestionada polo ...
03/06/2026

🎨 Exposición de fin de curso da Aula Municipal de Pintura

A Aula Municipal de Pintura, posta en marcha e xestionada polo Departamento de Cultura, ofrece clases semanais os mércores de outubro a maio a un grupo infantil e a outro de persoas adultas con máis de 20 alumnos e alumnas que amosarán o seu traballo para despedir o presente curso.

📅 A mostra inaugurarase este venres, 5 de xuño, ás 18:00 h. e permanecerá aberta ata o día 20 de xuño en horario de 19:00 a 21:00 h. de martes a sábados.

Concello de Arzúa

📸 GALERÍA | PRESENTACIÓN DO LIBRO "NAILÍA" DE LOLI RODRÍGUEZO pasado venres pechabamos a programación "Primavera de cult...
01/06/2026

📸 GALERÍA | PRESENTACIÓN DO LIBRO "NAILÍA" DE LOLI RODRÍGUEZ

O pasado venres pechabamos a programación "Primavera de cultura" coa presentación do libro "Nailía" de Loli Rodríguez organizado a través do Club de lectura municipal Arzúa Le, sirvindo tamén como clausura do presente curso. Moitas grazas á autora, a José Manuel Pampín Villar e ao público asistente.

́a

Concello de Arzúa

📖 Presentación do libro "Nailía" de Loli Rodríguez Rodríguez📆 Venres, 29 de maio⏰ 20:00📍 Casa de Correosℹ Nailía é unha ...
26/05/2026

📖 Presentación do libro "Nailía" de Loli Rodríguez Rodríguez
📆 Venres, 29 de maio
⏰ 20:00
📍 Casa de Correos

ℹ Nailía é unha historia de historias. De amor, desamor e rancor; de superación, de esperanza e de perdón. Lía, a protagonista, nai e avoa, coidadora, vai guiándonos por un universo de mulleres diferentes, de personaxes vulnerables, entrañables, mentres loita por non perderse no camiño. Esta obra, merecedora do Premio Torrente Ballester 2024, será presentada nun acto aberto ao público organizado a través do Club de Lectura Municipal "Arzúa Le" e conducido polo seu coordinador, José Manuel Pampín.

́a

Concello de Arzúa
José Manuel Pampín Villar

📸 GALERÍA | "AS PARROQUIAS CONTAN" EN RENDALO pasado venres, 22 de maio, continuaba o programa "As parroquias contan" qu...
25/05/2026

📸 GALERÍA | "AS PARROQUIAS CONTAN" EN RENDAL

O pasado venres, 22 de maio, continuaba o programa "As parroquias contan" que, nesta ocasión, levouse a cabo en Rendal con contos a cargo de Avelino González e unha posterior chocolatada para todas as persoas asistentes.



Concello de Arzúa

🎙 𝐀𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐫𝐨𝐪𝐮𝐢𝐚𝐬 𝐜𝐨𝐧𝐭𝐚𝐧 en Rendal: Sesión de contos a cargo de Avelino González e, ao remate, chocolatada popular.📍 Venre...
20/05/2026

🎙 𝐀𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐫𝐨𝐪𝐮𝐢𝐚𝐬 𝐜𝐨𝐧𝐭𝐚𝐧 en Rendal: Sesión de contos a cargo de Avelino González e, ao remate, chocolatada popular.

📍 Venres 22 de maio no Local Social de Rendal ás 20:30 h.

🎟 Entrada libre e de balde ata completar a capacidade.

́a

Concello de Arzúa

🌺🎥 Proxección do documental "Basal"ℹ️ Basal é un documental que retrata a vida da cantautora Ugia Pedreira, coñecida com...
06/05/2026

🌺🎥 Proxección do documental "Basal"

ℹ️ Basal é un documental que retrata a vida da cantautora Ugia Pedreira, coñecida como A Pedreira, xunto á súa filla que ten parálise cerebral e unha relación “curiosa e espléndida” coa música. A narración conta coa presenza de Cristina Pato, quen reflexiona sobre o arte como un dereito destacando a necesidade de actividades culturais accesibles para todos os públicos, independentemente das súas capacidades. Esta proxección, que ten unha duración de 26 minutos, contará coa presenza de Ugía Pedreira, que levou a dirección e o guión.

🤝 Esta proposta chega ao noso concello en colaboración coa Área de Cultura da Deputación da Coruña para conmemorar o Día Internacional da Arte.

📍 Venres 8 de maio na Casa de Correos ás 20:00 h.

🎟 Entrada libre e de balde ata completar a capacidade.

́a

Concello de Arzúa

📸 GALERÍA | DÍA DA DANZAOnte conmemoramos o Día da Danza co espectáculo "Facermos do corpo un poema" que achegou a danza...
30/04/2026

📸 GALERÍA | DÍA DA DANZA

Onte conmemoramos o Día da Danza co espectáculo "Facermos do corpo un poema" que achegou a danza contemporánea ao alumnado que participou na actividade.

🤝 Moitas grazas ao IES de Arzúa e á EFA Piñeiral pola colaboración, e á área de Cultura da Deputación da Coruña por concedernos esta proposta.



Concello de Arzúa

🩰 DÍA DA DANZAO Departamento de Cultura conmemora mañá, mércores día 29, o Día da Danza cun espectáculo para público esc...
28/04/2026

🩰 DÍA DA DANZA

O Departamento de Cultura conmemora mañá, mércores día 29, o Día da Danza cun espectáculo para público escolar que terá lugar na Casa da Cultura ás 12:00 h.

A proposta leva por título "Facermos do corpo un poema", un programa no cal se reúnen dous espectáculos curtos de danza de compañías galegas, seguidas dun coloquio-debate conducido pola escritora María Lado.

A actividade preséntase como un proxecto de programación e mediación que pon en valor a diversidade e riqueza creativa das nosas artistas das artes do movemento e as diferentes maneiras de expresarnos a través da linguaxe da danza e a creación literaria.

🤝 Esta iniciativa chega ao noso concello grazas á área de Cultura da Deputación da Coruña.

27/04/2026

🎥 Hai momentos que quedan para a historia de Arzúa. O concerto de Unto Vello do pasado sábado, 25 de abril, na Casa da Cultura é un deles.

Ver o salón de actos ateigado de público é motivo de orgullo. Dende o Departamento de Cultura queriamos dar espazo e visibilidade a un proxecto tan bonito e importante como este e ofrecerlle a oportunidade de formar parte da nosa programación cultural. Quedou claro que mereceu a pena 🙂

👏👏 Moitas grazas a todo o público que se achegou, ao equipo técnico que o fixo posible e, como non, ao artístico, especialmente a Bieito Pereira polas facilidades e implicación en todo momento. Contar con Bieito no tecido cultural do noso municipio é unha fortuna que debemos valorar e apoiar entre todas e todos.

Unto Vello

📣📓 Xa están dispoñibles os libros recompilatorios do 15º Certame de Relato Curto de Esta Noche Te Cuento  co que colabor...
23/04/2026

📣📓 Xa están dispoñibles os libros recompilatorios do 15º Certame de Relato Curto de Esta Noche Te Cuento co que colabora o Departamento de Cultura do Concello de Arzúa. O certame está convocado polos establecementos turísticos Hotel A Curuxa de e Sendero del agua de San Vicente del Monte (Cantabria).

📚 Podes pasar a recoller un exemplar na oficina de cultura e deportes. Unidades limitadas.

🤝 O concelleiro de cultura, José Luís García, quere agradecer a Mari Camino de A Curuxa, a Juan Morán e a todas as persoas que fan posible esta iniciativa.

́a

Concello de Arzúa

Dirección

Rúa Padre Pardo, 33, 1º
Arzúa
15810

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 15:00
Martes 08:30 - 15:00
Miércoles 08:30 - 15:00
Jueves 08:30 - 15:00
Viernes 08:30 - 15:00

Teléfono

981500222

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Cultura Concello de Arzúa publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Cultura Concello de Arzúa:

Compartir