Concello de Bóveda

Concello de Bóveda Páxina oficial do Concello de Bóveda na que se da conta de toda a actualidade do noso municipio.

ℹ️ Inaugurada unha nova senda no viveiro forestal Os Trollos.🌳 O viveiro Os Trollos estrea unha senda que une arte, natu...
07/06/2026

ℹ️ Inaugurada unha nova senda no viveiro forestal Os Trollos.

🌳 O viveiro Os Trollos estrea unha senda que une arte, natureza e educación.

🗞️ El Progreso.

ℹ️ Bóveda Slam Poetry Encontro V.🎤 A Parrillada-Pensión Nosa Terra acolle hoxe, ás 19:30 horas, unha nova cita do Bóveda...
06/06/2026

ℹ️ Bóveda Slam Poetry Encontro V.

🎤 A Parrillada-Pensión Nosa Terra acolle hoxe, ás 19:30 horas, unha nova cita do Bóveda Slam Poetry - Kulturnavila.

📖 Nesta xornada decidirase quen consegue a última praza para participar na Gran Final do certame.

ℹ️ Inaugurada unha nova senda no viveiro forestal Os Trollos.🌳 Un camiño de animais de madeira para coñecer ás arbores d...
06/06/2026

ℹ️ Inaugurada unha nova senda no viveiro forestal Os Trollos.

🌳 Un camiño de animais de madeira para coñecer ás arbores dos Trollos. O viveiro forestal de Bóveda é un dos que se abrirán ao público en xeral, non só a estudantes como ata agora.

🗞️ La Voz de Galicia.

ℹ️ Bóveda Slam Poetry Encontro V.🎤 Este sábado, 6 de xuño, ás 19:30 horas, a Parrillada-Pensión Nosa Terra acollerá un n...
05/06/2026

ℹ️ Bóveda Slam Poetry Encontro V.

🎤 Este sábado, 6 de xuño, ás 19:30 horas, a Parrillada-Pensión Nosa Terra acollerá un novo encontro de Bóveda Slam Poetry, no que se decidirá quen será a última persoa poeta en clasificarse para a Gran Final.

Bóveda Slam Poetry - Kulturnavila

ℹ️ Inaugurada unha nova senda no viveiro forestal Os Trollos.🥾 A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañad...
05/06/2026

ℹ️ Inaugurada unha nova senda no viveiro forestal Os Trollos.

🥾 A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro, e o alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou na inauguración dunha nova senda interpretativa no viveiro Os Trollos para divulgar a cultura forestal no marco do Día Mundial do Medio Ambiente.

🚶‍♀️🚶 Tamén percorreron a nova ruta os alumnos e alumnas do CEIP Rosalía de Castro de Bóveda e os do Colexio Novo de Monforte.

➕ Máis info:
https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/025289/medio-rural-inaugura-viveiro-publico-dos-trollos-unha-senda-divulgativa-riqueza

ℹ️ Contacontos na Biblioteca de Bóveda.🗞 Os máis pequenos de Bóveda aprenden sobre corresponsabilidade na biblioteca.
05/06/2026

ℹ️ Contacontos na Biblioteca de Bóveda.

🗞 Os máis pequenos de Bóveda aprenden sobre corresponsabilidade na biblioteca.

A actividade, protagonizada polos Bolechas, foi organizada pola Asociación Galega de Familias de Acollida

ℹ Formación Profesional.
05/06/2026

ℹ Formación Profesional.

ℹ️ Semana do Medio Ambiente no CEIP Rosalía de Castro de Bóveda.🥾 A programación do CEIP Rosalía de Castro de Bóveda con...
04/06/2026

ℹ️ Semana do Medio Ambiente no CEIP Rosalía de Castro de Bóveda.

🥾 A programación do CEIP Rosalía de Castro de Bóveda con motivo do Día do Medio Ambiente incluíu a organización dun roteiro medioambiental con axentes forestais. O mal tempo impediu facelo na área recreativa do Mao, polo que se levou a cabo no centro.

👮‍♀️👮 Alumnos e alumnas convertéronse en axentes ambientais e tiveron que supervisar a diferentes persoas que cometían ilegalidades (pesca de exemplares que non cumprían medidas, talla de árbores ilegal, plantacións de lume e caza ilegal). Tiveron que solicitar permisos e decidir cando interpor denunciar.

🙏 Agradecemento a Mónica, técnica do distrito de Monforte, Pepe, técnico de Becerreá e outros axentes medioambientais que colaboraron.

04/06/2026

ℹ️ Tes dúbidas cos trámites dixitais? Aprende a resolvelas de balde en Bóveda.

📱💻 O Concello de Bóveda ofrece formación para que poidas realizar trámites electrónicos con máis facilidade, autonomía e confianza.

Durante os días 8, 9, 10 e 11 de xuño, abordaranse cuestións tan útiles como o DNI electrónico, o certificado dixital, o sistema Cl@ve, os trámites na sede electrónica, a obtención do informe de vida laboral ou as xestións relacionadas coa saúde, entre outras.

✅ Formación práctica e adaptada a todos os niveis.
✅ Gratuíta.
✅ Pensada para gañar autonomía e aforrar tempo nas túas xestións.

📝 As inscricións poderán realizarse mañá venres, 5 de xuño, durante todo o día no Concello de Bóveda.

📞 Para máis información ou para resolver calquera dúbida, está dispoñible o teléfono 982 42 60 06 (extensión 5).

ℹ️ Exposición fotográfica de Carlos Muiños.📸 O Centro Sociocultural de Bóveda acolle a exposición fotográfica 'Disparand...
04/06/2026

ℹ️ Exposición fotográfica de Carlos Muiños.

📸 O Centro Sociocultural de Bóveda acolle a exposición fotográfica 'Disparando cos meus ollos', de Carlos Muiños, que poderá visitarse ata o 5 de xullo.

🕙 Horario: de 10:00 a 17:00 horas.

🌐 Máis información en: https://www.carlosmuinos.com/

Dirección

Avenida De Alfonso XIII, Nº85
Bóveda
27340

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Bóveda publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría